Xoves, 6 Maio 2021 | Ángel Sánchez

#54-Mancomún Podcast: Creación de novelas gráficas con software libre, Ángel Sánchez

Episodio 54

Hoxe falamos con Ángel Sánchez, conservador do Museo de Prehistoria de Valencia, que publicou a novela gráfica histórica « Balkar. A forxa do guerreiro». Novela gráfica creada con software libre:
– Blender empregouse na creación de referencias e fondos
– Inkscape no debuxo de cada unha das viñetas
– Gimp no retoque de imaxes, e para a maquetación e composición do libro, Scribus

Anxo é un apaixonado da Historia, da Arqueoloxía e do mundo do software libre, que tenta colaborar na difusión destes temas a través dos seus traballos.

Creación de novelas gráficas con software libre, Ángel Sánchez

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

Enlaces mencionados no programa

Blog de Ángel SteamPac 3d http://steampac3d.blogspot.com/ Blog de Ángel Mars Colonial http://marscolonial.blogspot.com/ Blog de Ángel No sin mi pixel http://nosinmipixel.blogspot.com/ Canle de YouTube https://www.youtube.com/channel/UCYpVOms4Bw_reBaVgDkqz8A Artigo sobre inventarios, catálogos e Dédalo http://mupreva.org/web_mupreva_dedalo/publicaciones/1034/va Enlaces para saber máis sobre Dédalo http://www.fmomo.org/dedalo/pg/about.php?lang=es FAQ's de Dédalo http://www.fmomo.org/dedalo/pg/faqs.php

As músicas usadas neste programa foron

Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ Efectos sonoros de Freesound https://freesound.org/
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal