Xoves, 11 Agosto 2022 | Marelisa Blanco e Ana Jiménez

Mancomún Podcast: 87 – Faladoiros Mancomún 2022, con Ana Jiménez

Episodio 87

Voltamos cos “Faladoiros de Mancomún”. Charlas onde tanto as condutoras destas conversas, como as participantes, son mulleres relevantes no mundo tecnolóxico, e especialmente, mulleres en contacto con temas relacionados co software libre e a cultura libre.

Un espazo onde visibilizar mulleres no sector tecnolóxico e onde poidan expresarse libremente, nun ambiente seguro e distendido.

Neste segundo faladoiro de 2022, contamos coa participación de:
– Marelisa Blanco, como presentadora deste faladoiro. Marelisa é avogada e debuxante en Nolegaltech.
– Ana Jiménez, como invitada. Desenvolvedora e defensora do código aberto, Data Scientist e Software Marketer. Traballa como Xerente do Programa TODO Group OSPO na Fundación Linux (con sede en Europa), avogando pola adopción e a educación da Oficina de Programas de Código Aberto en organizacións de todo o mundo.

Enlaces mencionados no programa

Twitter de Marelisa https://twitter.com/MarelisaBlanco Linkedin de Ana https://www.linkedin.com/in/ana-jim%C3%A9nez-santamar%C3%ADa/

As músicas usadas neste programa foron

Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY http://freemusicarchive.org/music/Timecrawler_82/Osaka_Lights/Street_Dancing Efectos sonoros de Freesound https://freesound.org/
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal