No premio están buscando iniciativas que:
- melloran o acceso, o coñecemento ou a usabilidade do Software Libre
- están orientadas ao usuario
- están debidamente documentadas, de modo que outras persoas poidan aprender dese modelo e replicalo
- se pode demostrar o seu impacto pois xeraron un incremento no número de persoas que utilizan Software Libre nas súas actividades diarias
O premio está aberto para:
Os proxectos que apoian ou promoven un Software Libre orientado ao usuario. Pode presentarse calquera organización, grupo ou individuo de calquera parte do mundo. O formulario de aplicación debe enviarse en inglés ou en español, pero iso non implica ningunha restrición en canto á lingua orixinal do proxecto.
É necesario cumprimentar o formulario en liña para presentar candidaturas ao Premio Chris Nicol de Software Libre de APC 2007.
O prazo para presentar iniciativas vence o 30 de marzo de 2007.
Fonte: http://www.apc.org
