Mancomún

Prism leva as aplicacións web ao escritorio

Prism leva as aplicacións web ao escritorio

http://www.mancomun.org/images/stories/prism-logo.png A nova estratexia da Fundación Mozilla, Prism, é converter un Servizo Web nunha aplicación local no teu computador. Deste xeito será posible traballar en liña coma sempre ou facelo en modo desconectado cando non se dispoña de conexión a rede. Dende o blogue da Mozilla Foundation describen a Prism como “unha aplicación que permite aos usuarios extraer os servizos dos seus navegadores e empregalos directamente nos seus escritorios”.

Esta idea xa está a ser potenciada por varias empresas como Google co seu proxecto Google Gears, Adobe con Adobe Air, Microsoft con MS SiverLight e MoonLight, alternativa para GNU/Linux a SilverLight. Por contra a Adobe e Microsoft, Mozilla non pretende construír unha plataforma propietaria para substituír a web, o seu obxectivo é identificar e facilitar o desenvolvemento das melloras que aportan as vantaxes das aplicacións de escritorio á plataforma web.

Xa existe unha versión lista para descarga de Prism que unha vez instalada permite introducir unha URL co servizo desexado para convertela nunha aplicación de escritorio.

Para facer experimentos dende plataformas GNU/Linux ou MacOS está dispoñible WebRunner, proxecto no que está baseado Prism e que está en fase experimental.

Fonte: Mozilla Labs

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal