Publicadas as conclusións dun informe sobre a adopción do Software Libre

A consultora IDC publicou recentemente (14 de agosto deste ano) as conclusións dun informe sobre a adopción do Software Libre. O estudo baséase nas enquisas feitas a máis de 5.000 desenvolvedores de software en 116 países diferentes. Os resultados indican que o 71% dos desenvolvedores usan Software Libre e un 54% téñeno en produción en sistemas nas súas organizacións…

O estudo afirma que o Software Libre representa a tendencia a longo prazo máis significativa que a industria de software viu desde os inicios dos oitenta. IDC cre que o Software Libre xogará un papel fundamental no ciclo de vida de cada categoría de software e cambiará a proposición de valor de software empaquetado para os clientes.

Pero este non é o único informe de consultoras favorable ao Software Libre que viu a luz nos últimos meses. A finais do 2005 Gartner, a empresa de consultoría de análise de mercados en tecnoloxías da información, publicou as predicións da industria no próximos anos. Entre estas predicións destaca o cambio que se producirá no xeito en que as organizacións adquiren software, causado pola tendencia á diversificación en provedores e o Software Libre. Prevese que no ano 2008 o Software Libre xa competirá en tódolos mercados de infraestrutura de software. Polo ano 2010 o Software Libre será considerado no 80% de casos de software de infraestructura e polo menos nun 25% do resto de software. Predicións que se teñen que entender como tales pero que están aliñadas coa opinión xeneralizada da industria que apuntan a que o Software Libre continuará crecente en número de solucións e implantacións.

 
Fonte: Blog personal de Jordi Mas

Nota de prensa da consultora IDC  
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal