QEMU é un programa, baixo as licenzas LGPL e GPL de GNU, que executa máquinas virtuais dentro dun sistema operativo, (GNU/Linux, MS Windows, …)
O obxectivo principal é emular un sistema operativo dentro doutro sen ter que facer reparticionamento do disco duro, empregando para o súa ubicación calquera directorio dentro deste.
Esta máquina virtual pode executarse en calquera tipo de Microprocesador ou arquitectura (x86, x86-64, PowerPC, MIPS, SPARC, etc.) facendo de QEMU unha ferramenta óptima para a testase de aplicacións en plataformas diferentes.
O programa non dispón de GUI, pero existe outros programas que fan de frontais para facilitar o funcionamento de QEMU.
A continuación recóllense algúns deles:
- QEMU manager é un programa escrito para MS Windows que fai as veces de interface gráfica para o emulador de máquinas virtuales QEMU.
- QEMU Launcher é un frontal GTK para QEMU baixo GNU/Linux.
- QEMoon é un frontal gráfico para QEMU que traballa en GNU/Linux e MS Windows en Java empregando o framework Eclipse.
- Qemudo é unha interface para QEMU que ofrece acceso a máquinas virtuais por medio dunha web aos usuarios.
- QtEmu é unha interface gráfica de usuario para QEMU escrito en Qt4 para GNU/Linux e MS Windows.
Páxina principal do proxecto:
http://fabrice.bellard.free.fr/qemu/