Red Hat únese a SCOPE Alliance

Red Hat únese a SCOPE Alliance

http://www.mancomun.org/images/stories/redhat.pngRed Hat anunciou a súa unión á SCOPE Alliance, unha compañía formada no 2006 por Alcatel, Ericsson, Motorola, NEC, Nokia e Siemens, para fomentar a adopción do software de código aberto e o hardware «commodity» en contornos de soporte como alternativa ás plataformas Unix privativas.

SCOPE traballa con provedores que son líderes de equipamento de rede (NEP) e soportes («carrier») de todo o mundo para definir os requirimentos de hardware e de software necesarios para as plataformas abertas en contornos de telecomunicacións de misión crítica. SCOPE está a desenvolver actualmente un perfil de requirimentos para varios compoñentes de hardware e de software.

Paul Cormier, vicepresidente executivo de enxeñaría de Red Hat explicou que están a traballar «para facer que Red Hat Enterprise Linux reflicta as necesidades dos clientes que demandan unha infraestrutura moi fiábel á vez que manteñen un enfoque nos estándares». «Estamos a fomentalo coa nosa tracción no mercado e estamos encantados de estar agora aínda máis aliñados coa comunidade de provedores de equipamento de redes, de hardware e de software de telecomunicacións para ofrecer plataformas completas integradas e solucións deseñadas especificamente para as telecomunicacións».

Red Hat contribuirá ao proceso de definición de requirimentos desenvolvido pola SCOPE Alliance e serve de punto de contacto coa comunidade de desenvolvemento de código aberto para estabelecer unha orde de prioridades das características de soporte, os «roadmaps» e os tempos de entrega. Red Hat tamén ofrece experiencia e liderado en todos os asuntos relacionados coa comercialización do software de código aberto.

Timo Jokiaho, co-presidente técnico e membro do consello de directores da SCOPE Alliance, explicou que o soporte para Linux dentro da comunidade de provedores de equipamento de rede e por parte da industria de telecomunicacións en xeral «creceu moito nos últimos anos» e salientou que, na actualidade, «non hai un acordo universal para o proceso de certificación para plataformas de soporte (carrier)».

Fonte: Laflecha

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal