Software de visualización para matemáticos e bioquímicos

Bioclipse e K3DSurf son dous programas de visualización de datos orientados ás matemáticas e á bioquímica, respectivamente.

Bioclipse é unha suite de traballo para bioquímicos con grandes capacidades de edición e visualización de moléculas, secuencias, proteínas, …

K3DSurf é un programa para visualizar e manipular modelos matemáticos en tres, catro, cinco ou seis dimensións. Estos obxectos matemáticos poden ser superficies ou curvas…

Bioclipse funciona en GNU/Linux e en Windows e algunhas das súas características son as seguintes:

  • Importar e exportar en varios formatos de ficheiro
  • Edición visual de estruturas de moléculas 2D
  • Visualización 3D de moléculas e proteínas
  • Edición e visualización de secuencias (ADN, ARN, proteínas, etc)
  • Obtención de recursos (secuencias, proteínas, etc) desde repositorios públicos

Bioclipse pode executarse en local, no teu computador pero tamén ten a posibilidade de funcionar con servidores para a obtención de datos e servizos computacionais. A arquitectura do programa está baseada en Eclipse e a interface resulta ser moi intuitiva para o usuario, ao mesmo tempo que é fácil de ampliar e personalizar.

 

K3DSurf funciona en GNU/Linux, Windows e MacOS e pode ser usado por calquera persoa interesada na representación gráfica en 3D de funcións matemáticas e non require que o usuario sexa un experto coñecedor das mesmas. A maioría do traballo nesta aplicación fíxose para crear unha aplicación o máis simple posible pero cun alto grao de eficiencia:

  1. K3DSurf foi desenvolto para ser usado por usuarios inexpertos con un baixo grao de  coñecemento matemático, para os cales o programa prové máis de 50 exemplos de tests (visualizados con Povray).
    Engadir e eliminar funcións de ecuacións e visualizar os resultados é a mellor maneira de entender o comportamento en 3D das funcións matemáticas
  2. Para os deseñadores 2D e 3D: Os ficheiros xerados por K3DSurf (Pov e outros formatos) tamén se poden integrar en complicadas escenas. Por exemplo, engadir texturas con Pov aos obxectos creados con K3DSurf é unha cousa moi sinxela.
 
Para máis información sobre estes programas visitar as páxinas oficiais dos mesmos:
 
Bioclipse
K3DSurf
 
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal