SQLDesigner é unha ferramenta que nos permite crear facilmente o modelo de datos e as relacións entre as táboas da nosa base de datos. E non só iso, senón que podemos importar e exportar o modelo a un ficheiro [[XML]] e xerar os scripts SQL correspondentes ao modelo para diferentes bases de datos como [[Oracle]], [[MySQL]], [[Postgres]], MSSQL, etc. A súa licenza é GPL Versión 2.
Pódese descargar desde a súa páxina oficial, para iso é preciso montar un servidor que soporte [[Php]], outra opción é executalo en liña. O seu uso non é moi complexo, vanse creando as táboas e sobre cada táboa engadindo os campos da mesma. Cando haxa que facer unha relación entre 2 táboas (chave foránea) simplemente hai que arrastrar o campo dunha delas cara á outra (mediante Arrastrar e Soltar). Para eliminar relacións, hai que escoller o campo correspondente e pulsar sobre “Borrar campo”.
Páxina do proxecto: SQLDesignger
Demostración en liña: Demo
Fonte: http://ubuntulife.net