TBB ferramenta para desenvolvemento sobre procesadores multinúcleo

Intel anuncia a versión de código aberto, baixo licenza GNU/GPLv2, de Intel Threading Building Blocks (TBB), unha biblioteca en C++ que permite o paralelismo en procesadores multinúcleo. A compañía xa lanzara Threading Building Blocks en agosto, unha plantilla C++ deseñada para simplificar a tarefa de desenvolver aplicacións que se aproveiten dos procesadores con varios núcleos ou unidades de proceso.

Intel decidíu lanzar a biblioteca baixo licenza GNU/GPLv2 coa excepción do runtime, grazas á cal todo software comercial pode incrustar este runtime en produtos de código pechado.

Fonte: news.com

Threading Building Blocks funciona en MS Windows, Mac OS X e nas distribucións de GNU/Linux máis populares sobre chips x86. Tamén hai dispoñibles versións da ferramenta para procesadores tipo Alpha en Solaris 10, FreeBSD e MacOS en chips G5.

TBB fornecerá aos desenvolvedores con algoritmos paralelos, contedores concurrentes, planificadores de tarefas e localizadores de memoria escalables. Estes bloques poden ser empregados individualmente ou todos xuntos para ter multifío (multithreading) e obter un maior rendemento. Con TBB, as aplicacións poderán ser escaladas automaticamente para futuros procesadores multinúcleo (multi-core).

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal