#CMS #Php #XestionContidos
Joomla! é un sistema de xestión de contidos, tamén coñecidos como CMS do inglés Content Management System, que che permiten configurar, adaptar e dotar de contidos un portal web dende o navegador dunha forma sinxela, sen ter que programar código.
Joomla! naceu no 2005 froito dun fork do proxecto Mambo. Está programado en PHP, licenciado con GPL versión 2 e é un dos CMS máis empregados para o desenvolvemento de portais web.
Joomla! ten unha serie de funcionalidades no seu núcleo, entre as que destacamos:
- Soporte de múltiplos idiomas
- SEO e SEF integrado
- Xestión de menús e usuarios
- Sistema de cache
- Extensión mediante engadidos (máis de 8000 dispoñibles)
#CMS #Educacion #Formacion #Xestion
Chamilo é unha plataforma web de tele-ensino, é dicir, un xestor de contidos web deseñado especialmente para crear plataformas de formación a distancia. Ademais da solución software tamén existe a asociación Chamilo mediante a cal se coordina o desenvolvemento da solución, esta asociación tamén se encarga de xestionar a certificación dos fornecedores da solución.
Chamilo está implementado fundamentalmente en PHP e JavaScript e está liberado baixo GPL e destaca pola sinxeleza de uso. As funcionalidades máis destacadas son:
- Catalogo de cursos
- Exames con control de tempo
- Xestión de competencias e seguimento do progreso de estudantes
- Xeración de certificados automáticos
- Soporte de SCORM e LTI
- Soporte de múltiplas institucións
Ligazóns a casos de éxito
#CMS #Edicion #XestionContidos
Drupal é un xestor de contidos, de software libre baixo licenza GPL, modular e moi configurable, que permite despregar, configurar e publicar unha páxina web ou portal, así como agregar, eliminar ou editar os contidos do sitio web dende unha interface web fácil de utilizar, admitindo contidos en múltiples formatos como texto, imaxes, vídeos e demais ficheiros.
Drupal está liberado baixo os termos da licenza GPLv2 e programado nas linguaxes de programación PHP e JavaScript. Destaca pola calidade do seu código e das páxinas xeradas, o respecto aos estándares web, as súas posibilidades de extensión, a dispoñibilidade de 100 idiomas entre os que se atopan o galego e o castelán, así como por ter unha comunidade de desenvolvemento moi activa. Entre os seus principais usos destacan:
- Portais comunitarios
- Foros de discusión
- Sitios web corporativos
- Aplicacións de Intranet
- Directorios de recursos
- Bibliotecas e ficheiros
- Sitios de redes sociais
- Aplicacións de comercio electrónico
Ligazóns a casos de éxito
#CMS #Edicion #Php #WordPress #XestionContidos
WordPress é un sistema de xestión de contidos ou CMS (siglas en Inglés de Content Management System) enfocado para a creación de sitios web na Internet. Aínda que principalmente se coñece pola súa utilización para a creación de blogs, hoxe en día permite a creación de calquera tipo de sitio web e mesmo portais complexos. Segundo diversos análises está presente en algo máis do 25% dos sitios web na Internet, é dicir, unha de cada catro páxinas que hai na Internet está feita con WordPress. É unha solución de software libre liberada baixo a licenza GPL.
Unha das principais características é a modularidade e capacidade de personalización, grazas á cantidade de plugins e temas dispoñibles, tanto oficiais como desenvoltos pola grande comunidade de deseñadores e desenvolvedores ao seu redor.
Outras das súas potencialidades son o alto grado de actualizacións, vital en termos de seguridade, e a facilidade de uso, contando cun backend moi intuitivo a través do cal se pode manter actualizado o sitio web, personalizalo e engadir novo contido.
WooCommerce: Converte o teu WordPress nunha tenda en liña
Se queres converter a túa páxina web con WordPress nunha tenda en liña, ou queres engadir esta funcionalidade á túa web, o plugin WooCommerce é o teu aliado. Como é de esperar ten unha perfecta integración con WordPress e ofrece todas as funcionalidades necesarias dunha tenda en liña, incluíndo as opcións máis habituais de medios de pago.
Prestashop é o xestor de tenda en liña con maior implantación e aceptación no mercado. Trátase dunha ferramenta empresarial cun fucionamento sinxelo e intuitivo para a creación dun negocio en liña.
Entre as funcionalidades de PrestaShop destacan:
- Amplia variedade de atractivas plantillas de e-Commerce.
- Un CMS e-Commerce para a publicación, edición e modificación de contidos.
- Permite a venda en liña de maneira confidencial e conta con potentes ferramentas de pago e envío.
- Permite conectarse desde calquera lado mediante o m-commerce.
- Conta con ferramentas de marketing en liña para dirixir o tráfico, aumentar as vendas e fidelizar os clientes.
- Poderás abrir o teu negocio a consumidores de todo o mundo.
- Inclúe máis de 310 funcionalidades integradas para facer a túa tenda nun sitio único.
- …
PrestaShop é software libre, dispón de aplicacións cliente multiplataforma (GNU/Linux, Mac OsX, Windows) así como clientes para dispositivos Android o iOS.
Provedores