BigBlueButton, é un sistema de conferencias web que proporciona unha solución de conferencias, está especialmente deseñada para o mundo da aprendizaxe en liña, pero serve para calquera tipo de conferencia.
A aplicación está liberada baixo os termos da LGPL-3.0 e está desenvolvida principalmente con JavaScript, Java e Scala cumprindo cos estándares HTML5 e WebRTC. A solución é unha aplicación web que se pode instalar en infraestrutura propia ou tamén se pode utilizar un servizo ofrecido por terceiros. Por parte do usuario, o único necesario para empregar a aplicación é ter un navegador moderno e conectarse ao enderezo onde se atope aloxada a aplicación.
A solución vai máis alén dunha simple conferencia e ten unha serie de ferramentas que amplían as funcionalidades da mesma. Algunhas destas características adicionais son:
Ferramenta de enquisas para realizar votacións durante conferencias.
Chat para a comunicación por escrito aos integrantes dunha conferencia, a comunicación pode ser tanto de forma grupal e pública como de xeito privado.
Compartir imaxes, diapositivas, vídeos…
Sobre as presentacións e imaxes pódese sinalar, pintar, escribir e destacar partes, accións que tamén se poden utilizar a modo de encerado virtual.
Gravar da conferencia para a súa posterior publicación.
Integracións varias con solucións como Moodle, Sakai, Drupal, Chamilo, Redmine, WordPress…
Rocket.chat é unha solución de comunicación co foco posto en equipos de traballo de desenvolvemento, aínda que é totalmente válido para a comunicación de calquera equipo de traballo ou departamento. A solución é unha aplicación web multiplataforma altamente configurable mediante bots cos que se poden automatizar tarefas e estender funcionalidades e que alén das típicas características das aplicacións de mensaxería instantánea tamén permite realizar videoconferencias, compartir ficheiros e a pantalla entre os usuarios. Sendo así dunha alternativa libre a outras solucións como Slack.
O proxecto naceu sendo unha extensión de chat para un CRM, está desenvolvida fundamentalmente en JavaScript e liberada maioritariamente baixo licenza MIT. Rocket.chat tamén é a empresa que lidera o desenvolvemento da solución e que ofrece servizos baseados na solución, como o uso da aplicación en infraestrutura externa, características e desenvolvementos máis avanzados seguindo o modelo de negocio “open core”.
Mediante o uso de Rocket.chat pódese ter unha ferramenta para a comunicación apropiada tanto para o tempo real como para casos máis asíncronos, integrando así nunha mesma ferramenta características propias do correo electrónico e da mensaxería instantánea agregando ademais outras funcionalidades máis avanzadas ou incluso a opción de desenvolver integracións con outros sistemas que poden ampliar as posibilidades da solución, xa que Rocket.chat conta con unha API pública, algún exemplo das posibilidades son a autenticación externa, compartir ficheiros, conferencias de son ou vídeo…
Kopano é unha solución de colaboración mediante a cal se pode ter unha maior soberanía dos datos involucrados en todo o proceso de comunicación dunha empresa ou de calquera tipo de organización. É unha plataforma liberada baixo AGPLv3 que está integrada por varias ferramentas que inclúen, entre outras as seguintes características:
Servizo de correo electrónico
Chat de equipo
Videoconferencias en grupo
Calendario, notas e tarefas
Axenda de contactos
Edición simultánea e compartida de documentos
Integración con outras aplicacións e ferramentas
Extensión mediante plugins
Trátase en definitiva dunha alternativa libre a solucións privativas como Google Apps, Microsoft 365…
Samba é un software libre baixo GPLv3 que implementa o protocolo CIFS (o protocolo de ficheiros e impresoras compartidos de Microsoft Windows). Este software está dispoñible para os sistemas operativos GNU/Linux, FreeBSD, ou calquera outro baseado en UNIX e serve tanto como aplicación cliente coma de servidor.
As características fundamentais de Samba son:
Acceso a cartafoles compartidos por outras máquinas e compartir cartafoles da propia máquina
Compartir impresoras a través da rede e acceder ás que estean compartidas
Inicio de sesión mediante Active Directory
Exercer o rol de controlador de dominio ou dun cliente máis en redes Windows
Samba es un software libre bajo GPLv3 que implementa el protocolo CIFS (el protocolo de ficheros e impresoras compartidos de Microsoft Windows). Este software está disponible para los sistemas operativos GNU/Linux, FreeBSD, o cualquier otro basado en UNIX y sirve tanto como aplicación cliente como de servidor.
Las características fundamentales de Samba son:
Acceso a carpetas compartidos por otras máquinas y compartir carpetas de la propia máquina
Compartir impresoras a través de la red y acceder a las que estén compartidas
Inicio de sesión mediante Active Directory
Ejercer el rol de controlador de dominio o de un cliente más en redes Windows
Matrix é un proxecto libre e de código aberto que especifica o estándar aberto Matrix o cal proporciona un protocolo de comunicación en tempo real segura, descentralizado e interoperable. A especificación deste estándar está mantida pola organización sen ánimo de lucro Matrix.org Foundation e dende xuño de 2019 é considerado como un protocolo estable, consolidado e válido para entornos de producción. Entre as características máis destacables están:
Sistema federado e interoperable.
Permite a comunicación mediante mensaxes tanto directos coma a unha sala de chat.
Soporte de cifrado punto a punto.
Soporte de comunicación vía VoIP a través de WebRTC.
Pontes oficiais a outros sistemas como Slack, IRC, XMPP…
Pontes fornecidos pola comunidade a Telegram, Discord, WhatsApp, Facebook, Signal…
Aínda que Matrix é só o nome do protocolo, mediante este nome tamén se frecuenta facer referencia a todo o ecosistema existente arredor desta tecnoloxía como poden ser todas a implementacións que hai, dentro das que se atopan Synapse e Riot.im, que son as aplicacións de referencia de servidor e de cliente respectivamente.
FreePBX é unha interface gráfica web modular e de software libre para xestionar unha central privada de telefonía que use o software libre Asterisk. Alén da interface gráfica, tamén existe unha distribución homónima, a cal está baseada en CentOS e ten preinstaladas certas ferramentas útiles para o caso da telefonía, como o FreePBX e Asterisk.
Mediante esta ferramenta pódese instalar e configurar unha central privada de telefonía, tamén coñecidas como PBX do inglés “Private Branch Exchange” dun xeito sinxelo e mediante un navegador.
O proxecto FreePBX está xestionando pola empresa Sangoma, fabricante de teléfonos IP, servidores PBX… esta ofrece ademais unha versión de pago de FreePBX que conta con soporte técnico, formación e con engadidos comerciais.
Sogo es una solución de colaboración y productividad que cuenta con aplicaciones para
Correo electrónico
Calendario
Agenda
Contactos
Servicio de directorio
Se trata de una solución liberada bajo GPLv2 y desarrollada principalmente en el lenguaje Objective-C que soporta diversos estándares como son CalDAV, CardDAV, iCalendar y puede se integra perfectamente con cualquier plataformas que soporten OpenLDAP, Active Directory, IMAP y SMTP.
Algunas de las características a destacar de Sogo son:
Soporte para la localización y traducción
Alarmas y eventos
Reserva de recursos
Períodos de tiempo libre y ocupado
Filtros de correo
Firma digital y cifrado de mensajes de correo electrónico
Sogo é unha solución de colaboración e produtividade que conta con aplicacións para
Correo electrónico
Calendario
Axenda
Contactos
Servizo de directorio
Trátase dunha solución liberada baixo GPLv2 e desenvolvida principalmente na linguaxe Objective-C que soporta diversos estándares como son CalDAV, CardDAV, iCalendar e pode intégrase perfectamente con calquera plataformas que soporten OpenLDAP, Active Directory, IMAP e SMTP.
Algunhas das características a destacar de Sogo son:
Soporte para a localización e tradución
Alarmas e eventos
Reserva de recursos
Períodos de tempo libre e ocupado
Filtros de correo
Sinatura dixital e cifrado de mensaxes de correo electrónico
Zulip é unha solución de comunicación de equipo desenvolvida en Python comezada por unha empresa homónima adquirida por Dropbox no ano 2014 e grazas ao cal foi liberada baixo Apache 2.0. Esta ferramenta permite a comunicación tanto instantánea, a modo de chat, como asíncrona tendo así en conta as distintas dispoñibilidades dos membros dos equipos de traballo e mantendo a persistencia de todas as mensaxes incluídas as recibidas mentres non se está conectado. Tamén permite visualizar as mesmas dun xeito cómodo e organizado en fíos. Esta solución tamén conta coa posibilidade de personalización debido ás súas APIs, de feito, grazas ás mesmas existen numerosas integracións con outras plataformas como poden ser GitHub ou LDAP.
Zulip conta con unha parte servidor e varios clientes. Estes clientes están dispoñibles para diversas plataformas, tanto móbiles como de escritorio ou mesmo existe unha versión para navegador, sen necesidade de instalación. Os usuarios poden instalar o software de servidor na súa propia infraestrutura pero tamén poden usar servizos de terceiros, ou o servizo en Zulipchat.com onde se pode utilizar a subscrición de balde ou un plan de pago con máis espazo e soporte incluído.
Algunhas das características máis destacables de Zulip son:
Notificacións configurables.
Notificacións integrables con Trac, Nagios, GitHub, Jenkins…
API REST para a integración con outras plataformas.
Chamadas de vídeo a un click empregando Zoom, Jitsi ou Hangouts.
Integración con IRC, Matrix e Slack.
Mensaxes e borradores persistidos.
Usuarios convidados con acceso a grupos determinados.
Mattermost é un conxunto de ferramentas de colaboración que ten como epicentro un servizo de mensaxería instantánea, dende o cal se pode acceder ao resto de funcionalidades. Mattermost posúe unha API mediante a cal se poden desenvolver integracións con outros sistemas ou servizos como poden ser IRC, WordPress, Jenkins, Nagios, Git…
Mattermost tamén se acostuma presentar como a alternativa libre a Slack e de feito supera a esta en varios aspectos como pode ser no relativo á seguridade e privacidade, pois Slack só é un servizo mentres que Mattermost, aínda que tamén se pode empregar como servizo na nube, permíteche instalar o software en infraestrutura propia.
Jitsi é unha ferramenta multiplataforma que proporciona unha solución de videoconferencia, VoIP e mensaxería instantánea enfocada na seguridade e na privacidade das comunicacións.
A mínima solución completa está composta por Jitsi Videobridge e Jitsi Meet. O Jitsi Meet é a parte cliente (aplicación web multiplataforma ou aplicación móbil para Android ou iOS), mentres que o Videobridge é un servidor XMPP con soporte para comunicacións por vídeo e compatibles con WebRTC.
As principais características de Jitsi son:
Conferencias voz e vídeo coa posibilidade de activar e desactivar cada unha das funcións
Mensaxería instantánea ou chat
Compartición de escritorio
Petición de chamada de atención durante a conferencia
Posibilidade de manter a integración de conferencias co sistema de telefonía clásico
Pidgin es multiplataforma y funciona en sistemas Windows, GNU/Linux, Mac Los X, SkyOS y el sistema de Trolltech para PDA, Qtopia.
Una de las características más salientábeis del Pidgin es que permite iniciar sesión simultáneamente con múltiples cuentas de mensajería y así poder establecer comunicación con contactos de la red de MSN, de Yahoo o mismo con canales IRC al mismo tiempo.
Pidgin é multiplataforma e funciona en sistemas Windows, GNU/Linux, Mac OS X, SkyOS e o sistema de Trolltech para PDA, Qtopia.
Unha das características máis salientábeis do Pidgin é que permite iniciar sesión simultaneamente con múltiples contas de mensaxería e así poder establecer comunicación con contactos da rede de MSN, de Yahoo ou mesmo con canais IRC ao mesmo tempo.
Mozilla Thunderbird es un cliente de correo electrónico gratuito desarrollado dentro del proyecto Mozilla.org. Es un cliente de correo electrónico de software libre y multiplataforma. Completo y extensible a través de complementos, cubre todas las necesidades básicas de gestión de correo electrónico, contactos y calendario. Thunderbird ofrece posibilidades de integración con Microsoft Exchange, por lo que puede ser utilizado como una alternativa para la migración de equipos a software libre, dentro de las organizaciones que utilizan este tipo de servidores privados de correo.
O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. É un cliente de correo electrónico de software libre e multiplataforma. Completo e extensible por medio de complementos, cubre todas as necesidades básicas de xestión do correo electrónico, contactos e axenda. Thunderbird ofrece posibilidades de integración con Microsoft Exchange, polo que se pode empregar como alternativa para a migración de equipos a software libre, dentro de organizacións que empreguen este tipo de servidores de correo privativos
Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible.A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
Cookies estrictamente necesarias
As cookies estrictamente necesarias deben estar activadas en todo momento para que poidamos gardar as súas preferencias para a configuración de cookies.
If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.
Cookies de terceiros
Este sitio web usa Google Analytics para recoller información anónima como o número de visitantes do sitio e as páxinas máis populares.
Please enable Strictly Necessary Cookies first so that we can save your preferences!