Mancomún

O sábado 29 de outubro terá lugar a “Xornada software e cultura libre 2022” en Mugardos, organizada pola Asociación Comunidade O Zulo.

Na edición de 2022 pretenden dar un novo pulo ó evento abrindo o proceso de envío de propostas para os relatorios. O prazo de envío de propostas está aberto ata o 8 de outubro.

logo

Podes enviar a túa proposta a través desta ligazón.

Temática

A temáticas das xornadas é moi variada. En liñas xerais agardamos propostas relativas a definición de software libre de FSF ou á definición de OSI de Open Source, ademais de presentación de proxectos e colectivos vencellados á cultura libre e en Galego. A nosa proposta acerca de temática para a edición deste ano é:

– Hardware e cacharreo.
– Linux e distribucións.
– Multimedia, vídeo, podcast ou radio.
– Patrimonio cultural.
– Presentación de proxecto, asociación, colectivo ou evento.
– Seguridade, redes ou hacking.
– Tradución e localización.
– Web / tecnoloxías web.
– Xeolocalización / mapas.
– Software libre. Difusión e /ou casos de uso.

img
Young beautiful girl holding a green bubble for text, isolated on a white background

Pretendemos manter as xornadas e actividades da asociación como un foro neutro en relación a intereses comerciais. Como normal xeral, non aceptaremos propostas que promocionen especificamente unha oferta ou relación comercial.

Formatos

Desde a asociación propoñemos dous formatos:

– Microrelatorio: Entre 10 e 15 minutos para comentar de xeito áxil calquera tema dentro da temática das xornadas.
– Relatorio: 30 minutos para explicar, comentar, amosar ou presentar a o teu proxecto, tecnoloxía ou calquera tema de interese no mundo do software e cultura libre.

Libre non é gratis

Na asociación temos moi claro que a diferencia entre libre e gratis. Tamén que Mugardos non é o centro do Universo por iso, se o teu relatorio resulta finalmente elixido recibirás unha achega económica para financiar a túa viaxe e comida na xornada.

Esta xornada forma parte das actividades que Asociación Comunidade O Zulo realiza no marco do convenio asinado co Concello de Mugardos para o ano 2022.

Máis información

Xoves, 1 Xullo 2021 | Bárbara Román, Marelisa Blanco, Cristina Pampín, Aida Vidal Balea

I Faladoiro Mancomún

Episodio 58

Estreamos novo formato, os “Faladoiros de Mancomún”. Charlas en formato vídeopodcast onde tanto as condutoras destas conversas, como as participantes, son mulleres relevantes no mundo tecnolóxico, e especialmente, mulleres en contacto con temas relacionados co software libre e a cultura libre.

Un espazo onde visibilizar mulleres no sector tecnolóxico e onde poidan expresarse libremente, nun ambiente seguro e distendido.

Neste primeiro faladoiro contamos coa participación de:
– Bárbara Román
– Marelisa Blanco
– Cristina Pampín
– Aida Vidal Balea

Vídeo – Primeira parte

Vídeo – Segunda parte

Podcast

Se prefires o formato podcast (soamente o son), aquí tes o arquivo:

Esperamos que vos guste este novo formato!

Mércores, 7 Abril 2021

CryptPad

Enlace externo

CryptPad é unha solución que proporciona unha suite de colaboración composta por varias ferramentas que permiten a edición colaborativa en tempo real. Estas ferramentas son aplicacións web que se poden usar con calquera navegador moderno e están liberadas baixo os termos da licenza AGPL versión 3.

O desenvolvemento destas solución está liderado pola empresa francesa XWiki. Empresa que tamén aloxa o servizo público e oficial de CryptPad. A través deste servizo pódese probar a solución de xeito anónimo e de balde, tendo un límite de almacenamento e persistencia dos datos que se pode ampliar contratando unha subscrición de pago. Tamén é posible aloxar unha instancia en infraestrutura propia ou empregar outros fornecedores.

Unha das características principais desta solución é que se centran na privacidade, cifrando todos os documentos de tal xeito que non poden ser vistos por quen aloxa o servizo. A solución está composta polas seguintes aplicacións:

  • Procesador de textos
  • Folla de cálculos
  • Editor de presentacións
  • Encerado
  • Taboleiro Kanban
  • Enquisas
  • Almacén de ficheiros
Venres, 6 Novembro 2020

Loomio

Enlace externo

Loomio é unha solución libre para a toma de decisións deseñada para asistir a grupos que teñan que tomar decisións de forma colectiva. O desenvolvemento da aplicación comezou no ano 2012 por parte dun grupo de desenvolvedores de Wellington en Nova Celandia e non foi ata o ano 2014 cando Loomio tivo a primeira versión estable 1.0 logo de recibir financiamento colaborativo mediante un proceso de “crowdfounding”.

A aplicación está escrita principalmente nas linguaxes Ruby e JavaScript e utiliza a biblioteca Vue para a interface, así mesmo está liberada con unha licenza AGPL versión 3 e o seu desenvolvemento está xestionado por unha empresa de nome homónima. Empresa que tamén ofrece a solución como un servizo na nube, aínda que o código está dispoñible para que calquera poida despregar a solución en infraestrutura propia ou ofrecer servizos utilizándoa.

Algunha das características máis destacadas de Loomio son:

  • Interface multiplataforma, accesible e sinxela de utilizar.
  • Xestión de grupos de usuarios, tanto públicos como privados.
  • Inicio, verificación e visualización de resultados dos procesos de toma de decisións, que poden ser:
    • Consultas
    • Debates
    • Enquisas
    • Votacións

Ligazóns

Páxina web de Loomio

Próbao na web do proxecto

Martes, 8 Setembro 2020

Decidim

Enlace externo

Decidim é un framework web desenvolvido en Ruby on Rails e liberado baixo AGPLv3 que permite configurar, adaptar e desenvolver un portal web de participación cidadá, democracia cidadá e de transparencia para diversos ámbitos.

O enfoque do desenvolvemento está posto en dotar a calquera tipo de entidade, como poden ser un concello, unha asociación, unha ONG, un sindicato, un partido político ou unha universidade dun mecanismo para poder crear procesos masivos de planificación participativa.

Mediante o uso de Decidim destácase a posibilidade de xestionar:

  • Orzamentos participativos
  • Deseño e redacción de documentos como regulamentos, normas ou estatutos de forma participativa.
  • Organización de asembleas
  • Votacións, referendos e consultas a socios ou á cidadanía
  • Resultados finais de proxectos e propostas
  • Sorteos
  • Notificacións
  • Boletíns
Domingo, 14 Outubro 2018

Gitlab

Enlace externo

GitLab é unha solución web de software libre de forxa, control de versións e integración continua que axuda ao desenvolvemento de software colaborativo baseada en Git e que ademais tamén ten algunhas funcionalidades de xestión de proxectos integrada.

Ademais, Gitlab tamén é unha empresa que desenvolve e ofrece o software GitLab como servizo na nube. GitLab foi creada no 2011 polos Ucraínos Dmitriy Zaporozhets, Sid Sijbrandij e Valery Sizov baixo a licenza MIT e programado en Ruby, aínda que posteriormente algunhas partes reescribíronse en Go para mellorar en eficiencia. Dende 2014 Gitlab adoptou o modelo de negocio coñecido como “open core” e ten 2 versións distintas, Enterprise Edition e Community Edition, a Enterprise Edition é de pago e ten algunhas funcionalidades máis que a Community Edition, aínda que está baseada na versión libre, contén algunhas partes que non son software libre.

As principais ferramentas e características de Gitlab son:

  • Control de versións con Git
  • Seguimento de incidencias
  • Revisión de código
  • Integración continua
  • Integración con múltiplas ferramentas como AD/LDAP, CI/CD…

Na páxina do proxecto hai un apartado con todas as características que hai nas distintas versión de GitLab.

Mércores, 10 Outubro 2018

Docker

Enlace externo

Docker é unha tecnoloxía de software libre, cunha ampla comunidade ao seu redor, que permite crear, executar, probar e implementar aplicacións que se distribúen dentro de contedores de software.

Permite empaquetar de forma rápida e sinxela para calquera entorno unha aplicación dentro dunha unidade que contén todo o necesario: código, ferramentas, bibliotecas do sistemas, etc..

Entre os seus casos de uso podemos destacar a integración continua e entrega de aplicacións, a creación de paquete de datos portátiles para o seu procesamento, a creación de contedores de aplicacións para o seu despregue como servizos manténdoos separados para maior seguridade…

Martes, 18 Setembro 2018

Moodle

Enlace externo

Moodle é unha ferramenta que permite crear plataformas virtuais de formación de sofware libre baixo licenza GPLv3, que permite a xestión de cursos en liña tanto para aprendizaxe virtual como para complementar cursos presenciais.

Está pensado de xeito social, creando un ambiente de colaboración, actividades, reflexión e crítica, con ferramentas deseñadas para o aprendizaxe virtual e tendo en conta principios pedagóxicos. O proxecto é liderado pola comunidade e conta con máis de 100.000 sitios rexistrador por todo o mundo, dos que máis de 8.000 son de España, conta en maior ou menor medida con traducións en máis de 80 idiomas, ao 87% en español internacional e ao 81% en galego.

As principais funcionalidades da lista completa son:

  • Ferramentas colaborativas como wiki, foro, glosarios…
  • Calendario integrado
  • Xestión de ficheiros
  • Editor de textos intuitivo
  • Notificacións e alertas
  • Informes de seguimento e progreso do alumnado
  • Interface con soporte multilingüe e personalización
  • Soporte de estándares abertos como IMS-LTI ou SCORM
  • Extensión mediante plugins
  • Xestión de competencias, cualificacións e rúbricas
Venres, 3 Agosto 2018

Tuleap

Enlace externo
#Comunidade #Desenvolvemento #Xestion #XestionProxectos

Tuleap é unha plataforma de xestión de proxectos enfocada en metodoloxías áxiles. Está deseñada e enfocada para a xestión de proxectos software, podendo ser unha alternativa a forxas como GitHub ou GitLab. Conta con unha comunidade moi activa dentro da cal están os cerca de 100 contribuidores. Na páxina web do proxecto teñen moito material de demostracións e titoriais para comezar a coñecer a ferramenta, que está dispoñible para instalar en infraestrutura propia ou para comezar a usar a versión enterprise, da cal se pode solicitar unha proba de 15 días gratis e consta de soporte profesional e algunhas características adicionais seguindo así o modelo de negocio open core.

Tuleap non só ten funcionalidades de xestión de proxectos, tamén conta con características como:

  • Xestión de tíckets
  • Desenvolvemento continuo e revisión de código
  • Integración con repositorios con Git ou Subversion
  • Integración de repositorios con Gerrit ou Jenkins
  • Xestión de testes ou probas
  • Xestión documental mediante MediaWiki
  • Ferramentas de comunicación en tempo real con un conector con Mattermost co soporte de bots.

Ligazóns

Martes, 29 Novembro 2016

MapaTIC.gal

Enlace externo

O Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia, MapaTIC.gal, nace co obxectivo de constituír unha pasarela web que sirva de punto de encontro entre provedores e demandantes de produtos e servizos tecnolóxicos en Galicia. É unha plataforma web que sirve de punto de encontro virtual entre os diferentes actores que participan na Oferta-Demanda Tecnolóxica de Galicia.

 

Luns, 28 Novembro 2016

XEA-CeMIT

Enlace externo

XEA-CeMIT, aplicación de xestión da rede CeMIT, facilita a xestión de todos os recursos da rede, adaptándose ás necesidades de axentes TIC e usuarios. Por unha banda, a aplicación permite aos usuarios a consulta sobre todas as actividades de formación que se ofertan nos distintos centros da rede, a inscrición nas mesmas, o apoio para a súa realización e a obtención de certificados de aproveitamento dos mesmos. Por outra, facilita aos axentes TIC, responsables dos centros e das actividades a organización da súa actividade diaria.

XEA é unha adaptación, desenvolvida por Fundetec para a Amtega, da aplicación ISIS que Fundetec desenvolvera previamente para a xestión do programa CyLDigital da Junta de Castilla y León.

Co obxectivo de facer extensible os beneficios desta reutilización de software a toda a comunidade, a Amtega iniciou a colaboración con Fundetec a fin de publicar a aplicación XEA-Cemit no Repositorio de Software Libre da Xunta de Galicia.

A rede CeMIT é unha iniciativa posta en marcha pola Amtega que integra un total de 98 aulas, repartidas por toda a xeografía galega, e que ten por obxectivo a redución da fenda dixital, impulsando, ofreciendo formación pública e gratuíta en novas tecnoloxías a cidadáns e empresas. A rede CeMIT ten rexistrados máis de 40.000 usuarios e leva impartidas máis de 144.000 horas de formación.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal