Audacity é unha solución multiplataforma para a edición de son que está licenciada baixo os termos da licenza GPL versión 2 e programada fundamentalmente con C e C++, conta con versións para GNU/Linux, Windows e MacOS.
Trátase dunha aplicación de escritorio moi consolidada e fácil de usar que está desenvolvida por un grupo de voluntarios e xestionada de forma comunitaria.
As características máis destacables de Audacity son:
Realización de gravacións mediante micrófono, mesturador ou calquera outra fonte de son virtual ou física.
Importación e exportación en múltiples tipos de ficheiros.
Alta calidade do son soportando 16, 24 e 32 bits de profundidade.
Edición de son de forma sinxela con operacións como cortar, copiar, pegar, borrar… que se poden desfacer e refacer sen límite.
Biblioteca de efectos con previsualización en tempo real.
Análise do son mediante espectrograma con detalle da análise de frecuencias do son.
Características ampliables mediante o uso ou o desenvolvemento de plugins.
Soporte para escribir scripts con varias linguaxes entre as que se atopan Python ou Perl.
CryptPad é unha solución que proporciona unha suite de colaboración composta por varias ferramentas que permiten a edición colaborativa en tempo real. Estas ferramentas son aplicacións web que se poden usar con calquera navegador moderno e están liberadas baixo os termos da licenza AGPL versión 3.
O desenvolvemento destas solución está liderado pola empresa francesa XWiki. Empresa que tamén aloxa o servizo público e oficial de CryptPad. A través deste servizo pódese probar a solución de xeito anónimo e de balde, tendo un límite de almacenamento e persistencia dos datos que se pode ampliar contratando unha subscrición de pago. Tamén é posible aloxar unha instancia en infraestrutura propia ou empregar outros fornecedores.
Unha das características principais desta solución é que se centran na privacidade, cifrando todos os documentos de tal xeito que non poden ser vistos por quen aloxa o servizo. A solución está composta polas seguintes aplicacións:
OBS Studio, ou Open Broadcaster Software Studio, é unha aplicación libre e multiplataforma que permite a captura ou gravación de vídeo e a súa retransmisión. Trátase dunha aplicación con características profesionais e doada de utilizar.
A aplicación está desenvolvida en C/C++ empregando a biblioteca gráfica QT e conta con versións para GNU/Linux, Mac OS e Windows. Dispoñible en 55 idiomas, entres os que se atopan o galego e o castelán, está liberado baixo os termos da licenza GPLv2 ou superior. Comezou sendo un proxecto persoal, pero hoxe en día é un referente no sector que conta con máis de 300 contribuidores e que se financia a través de doazóns e patrocinios.
A características de OBS son as que se poden precisar en calquera situación nas que sexa necesario gravar, capturar un vídeo ou retransmitilo tendo como destacadas as seguintes:
Captura e mestura de vídeo e son en tempo real.
Permite a inclusión de múltiples fontes: xanelas, imaxes, texto, webcams, navegadores, tarxetas capturadoras…
Configuración de esceas ilimitadas podendo facer cambios con transicións.
Utilidade para a mestura de son con filtros.
Soporte de múltiples formatos tanto de vídeo como de son.
Soporte para a retransmisión de vídeo ás plataformas de vídeo máis populares ou mediante calquera formato estándar de retransmisión a través da rede.
Ampliación do seu funcionamento mediante extras e engadidos, tanto cos xa existentes como desenvolvendo novos.
Etherpad é unha solución para a edición de documentos de texto colaborativa e en tempo real. Permite a edición dun mesmo documento por parte de múltiples usuarios de forma simultánea. É unha aplicación web multiplataforma liberada baixo a Apache License 2.0 que se pode empregar dende o navegador, a parte servidor pode instalarse en infraestrutura propia ou usar un servizo de terceiros.
Funcionalidades máis destacadas de Etherpad:
Creación e edición de documentos de texto
Compartición de documentos con unha simple ligazón escollida polo usuario ou aleatoria
Resaltado do texto con código de cores para identificar que é o que escribe cada usuario
Chat con todos os usuarios involucrados nun documento
Formato básico de texto
Importación e exportación de documentos en varios formatos
Uso de autenticación ou acceso público e universal
Draw.io é unha ferramenta de creación e edición de diagramas libre que permite a integración con diversas plataformas. O software consiste nunha aplicación web realizada maioritariamente en JavaScript e licenciada con Apache v2, a cal funciona nunha ampla gama de navegadores e permite a creación de diagramas, contando con modelos para diversos tipos como poden ser diagramas UML, esquemas de rede, fluxogramas, diagramas de enxeñaría e electrónica, mapas conceptuais, diagramas de Venn… Tamén permite crear coleccións de diagramas e imaxes personalizados para utilizar nos diagrama.
Trátase dunha aplicación sinxela de usar mediante a cal se poden debuxar diagramas profesionais e que cumpre coa maior parte das necesidades que pode ter calquera empresa, profesional ou administración á hora de deseñar diagramas de calquera tipo. Esta ferramenta está dispoñible para traballar en liña podendo gardar os diagramas en Google Drive, OneDrive ou en local. Adicionalmente, a aplicación web tamén está dispoñible para o traballo sen conexión mediante a descarga previa da mesma para o seu uso en diversas plataformas como Chrome OS, GNU/Linux, Mac OS e Windows.
Mapbox poderíase definir como unha plataforma de ferramentas de software libre que permiten incorporar as tecnoloxías de información xeográfica a calquera outra aplicación, tanto en Web como en dispositivos móbiles. Aínda que tamén permite a creación de mapas en liña para usuarios finais, con información base de OpenStreetMap e a posibilidade de incorporar información propia en múltiples formatos.
Entre as ferramentas ou bloques, como eles os chaman, listos para incorporar a calquera aplicación destacan o de mapas, que permite engadir calquera tipo de mapa con calquera tipo de información; o de búsqueda, que permite atopar lugares nun mapa a través dunha dirección, dunhas coordenadas ou dun topónimo e o de navegación que permite integrar o enrutado para seguir indicacións de como chegar a un sitio concreto ou mesmo incorporar a información do tráfico en tempo real.
Drupal é un xestor de contidos, de software libre baixo licenza GPL, modular e moi configurable, que permite despregar, configurar e publicar unha páxina web ou portal, así como agregar, eliminar ou editar os contidos do sitio web dende unha interface web fácil de utilizar, admitindo contidos en múltiples formatos como texto, imaxes, vídeos e demais ficheiros.
Drupal está liberado baixo os termos da licenza GPLv2 e programado nas linguaxes de programación PHP e JavaScript. Destaca pola calidade do seu código e das páxinas xeradas, o respecto aos estándares web, as súas posibilidades de extensión, a dispoñibilidade de 100 idiomas entre os que se atopan o galego e o castelán, así como por ter unha comunidade de desenvolvemento moi activa. Entre os seus principais usos destacan:
WordPress é un sistema de xestión de contidos ou CMS (siglas en Inglés de Content Management System) enfocado para a creación de sitios web na Internet. Aínda que principalmente se coñece pola súa utilización para a creación de blogs, hoxe en día permite a creación de calquera tipo de sitio web e mesmo portais complexos. Segundo diversos análises está presente en algo máis do 25% dos sitios web na Internet, é dicir, unha de cada catro páxinas que hai na Internet está feita con WordPress. É unha solución de software libre liberada baixo a licenza GPL.
Unha das principais características é a modularidade e capacidade de personalización, grazas á cantidade de plugins e temas dispoñibles, tanto oficiais como desenvoltos pola grande comunidade de deseñadores e desenvolvedores ao seu redor.
Outras das súas potencialidades son o alto grado de actualizacións, vital en termos de seguridade, e a facilidade de uso, contando cun backend moi intuitivo a través do cal se pode manter actualizado o sitio web, personalizalo e engadir novo contido.
WooCommerce: Converte o teu WordPress nunha tenda en liña
Se queres converter a túa páxina web con WordPress nunha tenda en liña, ou queres engadir esta funcionalidade á túa web, o plugin WooCommerce é o teu aliado. Como é de esperar ten unha perfecta integración con WordPress e ofrece todas as funcionalidades necesarias dunha tenda en liña, incluíndo as opcións máis habituais de medios de pago.
Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible.A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
Cookies estrictamente necesarias
As cookies estrictamente necesarias deben estar activadas en todo momento para que poidamos gardar as súas preferencias para a configuración de cookies.
If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.
Cookies de terceiros
Este sitio web usa Google Analytics para recoller información anónima como o número de visitantes do sitio e as páxinas máis populares.
Please enable Strictly Necessary Cookies first so that we can save your preferences!