#Bases de datos #contabilidade #Correo #CRM #ERP #Finanzas #toma de decisións #xestión
CiviCRM é unha solución CRM (Xestor de Relacións co Cliente do inglés Customer Relationship Management). Principalmente esta solución está enfocada ao terceiro sector, pero ten a vantaxe de que é personalizable, expandible e tamén integrable con Drupal, WordPress e Joomla e pese a ter a orientación cara este sector, unha grande parte das funcionalidades que poden ser aproveitables en calquera tipo de negocio.
CiviCRM é software libre licenciado baixo GNU AGPL 3 que está dispoñible para instalar en infraestrutura propia ou tamén existen varios provedores de servizo na nube.
Entre os seus módulos principais atopamos:
- Xestión da base de datos de contactos
- Rexistro de contribucións e doazóns
- Histórico de actividade e comunicacións
- Envío masivo de correos electrónicos
- Campañas Peer-to-Peer
- Xestión de actividades e eventos
- Creación e xestión de campañas e comunicacións de marketing
- Informes para a axuda na toma de decisións
CRM para o terceiro sector
O principal atractivo de CiviCRM é que está totalmente pensado para organizacións do terceiro sector (Asociacións, Fundacións, ONGDs, etc) . A xestión de contactos, masa social, doazóns, etc…, características específicas que todas estas entidades teñen que xestionar, está integrada completamente.
#Autónomos #contabilidade #Finanzas #PEMES
GnuCash é un programa que forma parte do proxecto GNU o cal comezou como un sistema de finanzas persoal que viu a súa primeira versión no ano 1998. Máis adiante este software foi incorporando funcionalidades propias de sistemas de finanzas para pequenas empresas. Polo que hoxe en día se pode dicir que a aplicación GnuCash é unha aplicación válida para levar conta das finanzas de PEMEs e autónomos.
É un programa multiplataforma publicado baixo a licenza GPL e que ten como finalidade axudar nas tarefas financieiras persoais e de pequena empresa tendo como funcionalidades principais: Implementación de sistema de contabilidade partida dobre. Aparencia de libro de rexistro de operacións. Creación de transacións programadas. Realización de informes e gráficas. Categorización de transaccións. Xestión de clientes, fornecedores, facturas…
#contabilidade #Facturascripts #Finanzas #xestión
FacturaScripts é un software que xunta funcionalidades dos sistemas de xestión empresarial, tamén coñecido como ERP e dos sistemas xestores de relación cos clientes, ou CRM.
Trátase dunha aplicación web programada en PHP e liberada baixo a LGPL que serve para realizar xestión contable e facturación que destaca pola facilidade de uso e instalación, accesible dende calquera navegador e por ser un software modular que foi deseñado para poder ser ampliado mediante plugins de forma sinxela.
Provedores
Ítaca Software Libre
Ligazóns a casos de éxito
Páxina web de FacturaScripts