Mancomún
Mércores, 15 Abril 2020

Samba

Enlace externo
#Compartir #Comunicacion #Equipos #Infraestructura #Sistemas #Utilidades #Xestion

Samba é un software libre baixo GPLv3 que implementa o protocolo CIFS (o protocolo de ficheiros e impresoras compartidos de Microsoft Windows). Este software está dispoñible para os sistemas operativos GNU/Linux, FreeBSD, ou calquera outro baseado en UNIX e serve tanto como aplicación cliente coma de servidor.

As características fundamentais de Samba son:

  • Acceso a cartafoles compartidos por outras máquinas e compartir cartafoles da propia máquina
  • Compartir impresoras a través da rede e acceder ás que estean compartidas
  • Inicio de sesión mediante Active Directory
  • Exercer o rol de controlador de dominio ou dun cliente máis en redes Windows
Mércores, 14 Novembro 2018

Cryptomator

Enlace externo

Criptomator é unha aplicación de cifrado transparente para os ficheiros na nube, a cal nos permite cifrar e descifrar calquera tipo de documentos de xeito fácil. Alén de cifrar o contido dos ficheiros, esta aplicación tamén nos permite cifrar o seu nome así como a estrutura de directorios existente no cofre de cifrado para unha maior privacidade. Cryptomator é unha aplicación multiplataforma dispoñible para Windows, Mac OS, GNU/Linux, Android e IOS. A aplicación está liberada baixo GPLv3 e as bibliotecas que emprega por debaixo baixo AGLPv3. A solución ofrecida é libre e de balde pero tamén ofrecen desenvolvementos personalizados e plans de soporte encamiñados a empresas.

Funcionalidades principais:

  • Compatible con calquera servizo de almacenamento na nube que permita a sincronización con directorios locais.
  • Cifrado AES mediante clave de 256 bits.
  • Cifrado de nome de ficheiros.
  • Ocultación da estrutura de directorios.
  • Funcionamento transparente comportándose o cofre de cifrado coma un dispositivo externo extraíble.
Mércores, 12 Setembro 2018

Bitwarden

Vídeo

Bitwarden é unha plataforma de xestión de contrasinais tanto para persoas individuais como para organizacións.

Bitwarden componse dunha parte servidor multiplataforma (GNU/Linux, macOS e Windows) e dunha parte cliente que conta con versións nativas para Windows, macOS X, GNU/Linux, Android e IOS. Ademais permite a execución vía consola de comandos, dándonos a capacidade de executar scripts. Tamén conta con extensións para os navegadores máis empregados, como Mozilla Firefox, Google Chrome, Safari, Microsoft Edge, Opera, Tor Browser, Brave ou Vivaldi.

Bitwarden permite tanto aloxar a plataforma en infraestrutura propia coma utilizar o servizo que o mesmo Bitwarden aloxa, que é gratuíto para os usuarios persoais e que conta con distintos plans en función de distintas necesidades.

As principais funcionalidades de Bitwarden son:

  • Sincronización multidispositivos
  • Control de acceso incluíndo grupos de usuarios
  • Compartición de ficheiros, certificados ou claves privadas
  • Integración con varios servizos de directorio
  • Autenticación multifactor
  • Cifrado e xeración de contrasinais

Pílula sobre Bitwarden

Outras pílulas sobre ferramentas para teletraballo

Ligazóns

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal