Trisquel PeME 1.0 Beta

Acaba de saír a primeira versión beta de Trisquel PeME , unha distribución  pensada  para  pequenas e medianas empresas. É o resultado do proxecto de investigación e desenvolvemento “Trisquel PeME”, que está a ser desenvolvido por Imagos Solucións Tecnolóxicas, e foi cofinanciado pola Unión Europea a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información.

A distribución está baseada en Trisguel e emprega un contorno Gnome,  software de xestión coma Facturalux e Gesticam, bases de datos PostgreSQL e ferramentas de desenvolvemento coma Anjuta ou Glade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal