Un sitio web trata de unir desenvolvedores de código aberto europeos cos seus homólogos vietnamita

Esta iniciativa pretende crear unha colaboración entre os dous grupos de desenvolvedores dos distintos continentes.

No sitio web do «FOSS Bridge EU-Vietnam» abriuse a inscrición para os desenvolvedores europeos que estivesen agardando para se unir aos desenvolvedores vietnamitas na programación de aplicacións de código aberto.

As compañías vietnamitas de desenvolvemento de aplicacións de código aberto implicadas no proxecto agardan ser capaces de colaborar cos seus homólogos no eido dos sistemas de uso gobernamental. Tamén pretenden unirse ao colectivo de desenvolvemento de proxectos en J2EE, SOA e Business Intelligence…

Tres organizacións non gobernamentais, o «Inwent» xermano, o «Inria» francés e o «Ioit» vietnamita teñen a esperanza que ao incrementaren os contactos entre os desenvolvedores de código aberto vietnamitas e europeos estimulará no seu país o uso deste tipo de software, para o que se adaptarán as aplicacións ás necesidades vietnamitas e contribuirán con proxectos de código aberto a nivel internacional.

Segundo Corinna von Hartrott-Nöldeke do «Inwent» xermano: «Escolleuse Vietnam porque o pais decidira cambiarse a software libre» (…) «Ademais, en Vietnam, pódese atopar o nivel de capacidade necesario para acometer tales proxectos. Este non é o caso de Laos ou de Camboxa».

Ligazón a noticia orixinal:
http://ec.europa.eu/

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal