Unha empresa galega emprega o CMS libre Joomla! para crear unha web do Concello de San Sebastian

Altia Consultores, consultora TIC coruñesa, escolleu o xestor de contidos libres Joomla! para crear a web de Fomento de San Sebastián, un organismo de promoción económica e social da capital donostiarra. A empresa combina Joomla! cun entorno LAMP (Linux, Apache, Php e MySql) segundo informa no seu boletín Altia News porque permite a creación de sitios web de alta interactividade, profesionalidade e eficiencia, sendo altamente modulable.
 
Os xestores de contido libres son un alternativa realmente consolidada con produtos de probada calidade como Drupal, Joomla!, Typo ou OpenCms. Na web CMS Matrix pódese comparar as diferentes alternativas, tanto libres como propietarias, e as súas características.

Moitas das empresas rexistradas no noso directorio de empresas realizan implantacións de xestores de contidos aproveitándos das vantaxes do Software Libre e da comunidade desenvolvedora que hai detrás destes produtos. Altia é unha das empresas TIC galegas con maior facturación e número de empregados o cal amosa o grao de madurez de Joomla! e outros xestores de contidos libres.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal