Unha institución educativa británica recomenda a adopción do estándar aberto nas escolas

O Becta (British Educational and Technological Agency), organismo do gobierno británico vén de interpoñer unha queixa contra Microsoft na OFT (Office of Fair Trading, Oficina de Comercio Xusto) por presuntas prácticas monopolísticas da empresa de Redmon no mercado de software para as escolas pola interoperabilidade dos documentos.

Becta amósase en desacordo coa adquisición de licenzas de Microsoft Office 2007 e recomenda o emprego do estándar aberto ODF. A recomendación de BECTA é non adquirir novas licenzas nin renovar as existentes.

Fonte: Kriptópolis

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal