Mancomún

Unha operadora de telefonía móbil crea unha web para desenvolvedores de código aberto

A través do sitio web open.movilforum.com poderanse testar novas interfaces de servizos móbiles con desenvolvedores externos antes de que se produza o seu lanzamento comercial.

Con esta iniciativa, preténdese facilitar o desenvolvemento de aplicacións de software aberto achegando APIs sinxelas, ferramentas e información detallada sobre o funcionamento dos móbiles. Ademais simplificarase significativamente o proceso en provisión e probas tanto para programas dentro dos dispositivos como para os que utilizan os servizos de Telefonica en rede.

Open movilforum nace da cooperación do fabricante Nokia e o seu proxecto ForumNokia, complementando así a oferta ao desenvolvedor cun gran número de interfaces e ferramentas xa existentes, centradas nos dispositivos S60 .

Movistar elixiu a Campus Party (Valencia, 23-29 de xullo) para a presentación de Open movilforum. Precisamente no ámbito da Campus, movistar convoca o concurso Open movilforum de software libre polo que se premia a mellor aplicación para o Mobile 2.0 cun terminal Nokia N800 con Linux e Wifi.

Fonte: Laflecha

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal