Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
O proxecto, pioneiro no mundo, brinda as ferramentas que permitirán que cada universidade poida crear o seu propio campus virtual con Software Libre. Barcelona acollerá os vindeiros 3, 4 e 5 de outubro as Xornadas University Campus, organizadas pola Generalitat de Catalunya e a comunidade universitaria catalá, co obxectivo de dar a coñecer o Proxecto Campus e para debater en profundidade o futuro do e-learning e da tecnoloxía educativa.
O Proxecto Campus é unha iniciativa pioneira a nivel internacional promovida pola Secretaria de Telecomunicacións e Sociedade da Información da Generalitat de Catalunya na que participan as universidades catalás. O proxecto desenvolve un conxunto de ferramentas que permitirán ás universidades involucradas construír os seus campus virtuais en Software Libre, aplicando o deseño centrado no usuario, a usabilidade e a accesibilidade para todos os seus estudantes e profesores.
Trátase da primeira vez, tanto a nivel nacional como internacional, que diversas universidades se unen para crear unha contorna destas características. Para conseguilo, integráronse as dúas maiores plataformas de e-learning existentes en Software Libre, Moodle e Sakai. Así mesmo, o Massachussetts Institute of Technology (MIT) colaborou activamente para alcanzar os obxectivos tecnolóxicos desexados. Todo o proceso fíxose seguindo o estándar Open Knowledge Initiative (OKI) do (MIT), feito que garante a súa validez e utilidade máis aló das nosas fronteiras.
Fonte: Noticiasdot.com
