VDrift, simulador de condución de coches 3D

VDrift, simulador de condución de coches 3D

VDriftVDrift un xogo de simulación de coches en 3D, dispoñible para diferentes plataformas ( GNU/Linux, Windows, MacOS X, FreeBSD) baixo a licenza GPL. A última versión (2007-03-23) trae moitos cambios importantes que achegan ao xogo un pouco máis ao nivel dos xogos de condución comerciais, pero aínda lle queda un longo camiño.

Esta versión inclúe as seguintes novidades:

  • Modo carreira dun só xogador, con opoñentes seleccionables e dirixidos por Intelixencia Artificial, con opción para correr ao circuíto invertido e con resultados ao final da carreira.
  • Novas opcións de pantalla configurables: filtro anisotrópico, antialiasing da escena completa, reflexos dinámicos e iluminación mediante cube-mapping.
  • Nova información en pantalla sobre a carreira: mapa do circuíto, posición, número de volta e tempo do opoñente.
  • Novidades no sistema de control: soporte experimental en force feedback para Linux, sistemas ABS e TCS, melloras nos controis analóxicos, etc.
  • Agora hai 5 circuítos e 6 coches novos.
  • O menú do xogo é agora máis simple.
  • Arranxáronse moitos erros e engadíronse outras pequenas melloras.
Creáronse paquetes mediante autopackage para a distribución dos binarios en GNU/Linux, hai dúas versións: a completa e a mínima con menos coches e circuítos. Podedes consultar o resto de detalles e ligazóns para descargar o xogo dende a súa web oficial.

Web Oficial: VDrift
Consultas no foro: Foro de VDrift

Fonte da nova: http://www.linuxjuegos.com 
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal