Acaba de saír OpenToro v4.0 Final Release, unha ferramenta creada por uns programadores españois e que nos permite o desenvolvemento áxil e automatizado de aplicacións que acceden a bases de datos. As bases de datos soportadas son MySql, Oracle, Access, SQL-Server, ANSI SQL/92.
OpenToro permítenos realizar as operacións básicas para a publicación de información na web tomando a información desde unha base de datos:
- Xestión de listados.
- Visualización de rexistros.
- Creación de formularios.
- Xestión de táboas da base de datos.
A nova versión destaca sobre todo pola funcionalidade [[AJAX]] implementada.
As novas características:
- AJAX: Recarga de combos, dependencias n-combos, campos estilo suggest (como en Google suggest), carga embebida de formularios, listados e rexistros.
- Arquitectura MVC simplificada e multilinguaxe (español e inglés).
- Desenvolvemento dunha TagLib para facilitar o desenvolvemento de novas páxinas.
- Un novo motor de SQL para HSQLDB
- Novo titorial e vídeo-titorial (dividido en capítulos).
- Inclúe unha base de datos embebida e configurada para evaluar o OpenToro sen necesidade de configurar absolutamente nada.
