A páxina recolle todos os datos da Enquisa sobre Infraestrutura e Equipamentos Locais (EIEL), elaborada segundo metodoloxía común polas deputacións provinciais, coa colaboración técnica do Ministerio de Administracións Públicas (MAP). Constitúe o instrumento obxectivo de análise e valoración das necesidades de dotacións locais a efectos da cooperación económica local do Estado.
A súa finalidade é coñecer a situación das infraestruturas e equipamentos de competencia municipal, formando un inventario de ámbito estatal, de carácter censal e con información sistematizada dos concellos con poboación inferior aos 50.000 habitantes.