Hai 3 versións diferentes de WOS, dúas delas GNU/GPL; WOS portable e WOS X e unha terceira comercial, WOS presenter.
WOS Portable, é a versión básica. Entre as súas características destaca:
- Ten licenza GNU/GPL.
- Vén cunha serie de software preinstalable para escoller: Apache2, Apache2_SE, ImageMagick, MySQL5, MySQL5_SE, PHP4, PHP4_SE, PHP5, PHP5_SE, Drupal, Joomla, MediaWiki, Moodle, OS_Commerce, PHPMyAdmin, PunBB, TYPO3, WordPress, knowledgeroot.
- Hai unha opción PREMIUM dende onde se pode acceder á descarga de moitos máis paquetes software (Coppermine, e107, eGroupware, eZPublish, GTD-PHP, Ilias, ImageMagick 6, OpenDB, phpwcms, Redaxo, TikiWiki), obtense soporte gratuíto e a posibilidade de avaliar as novas versións antes de que sexan liberadas. Para ser un usuario PREMIUM só esixen unha doazón mínima dun euro.
-
Descarga dos paquetes.
WOS X está deseñado para desenvolvedores e administradores.
- Proporciona unha ferramenta de control remoto vía web, asistentes para a configuración de PHP, MySQL e Apache, PHP Quickrun, visor integrado dos logs dos servidores, sistema de axuda integrado…
- Tamén ten licenza GNU/GPL. Precisa o paquete WOS Portable.
-
Descarga do paquete.
Acceso ao código fonte de ambos paquetes
WOS Presenter está deseñado para editores para que poidan distribuír software baseado en servidores web de xeito que sexa posible executar o servidor directamente dende calquera medio (mesmo un CD) sen ningún coñecemento. É un produto comercial.
