Xornadas de OpenStreeMap en Zaragoza

Xornadas de OpenStreeMap en Zaragoza

http://www.mancomun.org/images/stories/openstreetmap.pngOpenStreetMap, abreviado moitas veces polas súas siglas (OSM) é un proxecto dirixido expresamente a crear e ofrecer datos xeográficos libres, tales como rueiros, a calquera que os desexe. O proxecto comezou debido a que moitos mapas que se cree que son libres, teñen en realidade restricións legais ou técnicas para o seu uso.

En Zaragoza, durante os días 22, 23 e 24 de febreiro reunirase xente de toda España para celebrar o primeiro aniversario de OpenStreetMap en España, e aproveitarán para completar os ocos existentes no mapa da cidade. Desa maneira e de forma colectiva tentarase cartografar o resto da cidade. Unha sesión de “mapping” consiste en recorrer (a pé, en bicicleta, ou en coche, …) unha zona previamente acordada da cidade con axuda de dispositivos GPS. Posteriormente reúnese a xente e edita os datos recollidos para crear un mapa libre da cidade…

 

Ademais, aproveitarase o evento para realizar actos complementarios como talleres de iniciación e unha mesa redonda.

O material que se necesita para este evento é:

  • GPS: recomendado, pero non esencial, seguro que hai xente disposta a prestarche algún, ou sempre se pode acompañar a alguén que si dispoña dun.
  • Cámara/Móbil/PDA/Grabadora de son/Libreta e lapis: útil para tomar notas.
  • Portátil: útil para cartografar. Sen embargo, haberá PC nas salas de reunión.
Hai máis información sobre o evento na súa páxina oficial, ademais dun calendario e horario de actividades:
http://pulsar.unizar.es/osm/?q=node/2
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal