Os dinamizadores tecnolóxicos da Sociedade da Información lucenses comprácense en convidalos á xornada de SOFTWARE LIBRE, a solución para a túa empresa que se celebrará o vindeiro martes, 15 de maio na Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial situada na Ronda da Muralla 52, xunto a Porta da Estación, organizada pola Asociación de Empresarios de O Ceao, a Asociación Provincial Empresarios Hostaleiros de Lugo e a Fundación Cel.
É unha oportunidade excepcional para ter contacto de primeira man con programas desenvolvidos en software libre. O software libre son programas que unha vez obtidos poden ser usados, copiados, estudiados, modificados e redistribuidos libremente e de forma gratuita. Cada día é maior a implantación do software libre nas empresas españolas e europeas polos beneficios que este aporta á pequena e mediana empresa.
Díptico das xornadas
Programa:
- 17.45 Presentación Ramón Jesús Cortés Yañez – Delegado Provincial en Lugo dá Consellería de Innovación e Industria
- 18.00 Relatorio: Softwae libre, un reto para a PEME Alejandro Campo Saavedra – Xerente de SCA Informática SL
- 18.45 Demo: OpenOffice vs Microsoft Office, máis parecidos que diferentes Víctor González Castro – Dinamizador Tecnolóxico dá Sociedade dá Información
- 19.15 Pausa
- 19.30 Demo: TPV integrada baixo Software Libre Juan Anxo Ferreiro Lage – Imagos Solucións Tecnolóxicas
- 20:00 Demo: Sistema Operativo Trisquel Empresas, un GNU/Linux pensado para a túa empresaRubén Rodríguez Pérez – Director Proxecto Trisquel
- 20.30 Relatorio: Directrices migratorias de Microsoft a GNU/Linux Roberto Brenlla – C.T.I. Tegnix SL
- 21.30 Fin dá xornada
Ao longo de toda a xornada haberá ordenadores con Software Libre a disposición dos asistentes. Haberá en todo momento persoal técnico a disposición dos asistentes para amosar o funcionamento e vantaxes que a implantación de software libre supón. Repartiremos de forma gratuíta cds co Sistema Operativo Linux e o programa ofimático OpenOffice. A inscrición á xornada é gratuíta. Non é obrigatoria a inscrición, pero si que é recomendable para ter unha previsión dos asistentes.