No Centro de Difusión da UCMTA en Madrid estanse a impartir unhas Xornadas Tecnolóxicas de Software Libre para PEME organizadas pola cooperativa XSTO.INFO. No evento intercambiaranse experiencias sobre o uso do Software Libre no eido das PEME e o fomento do seu uso. Antes do peche haberá un debate no que se tratarán os temas da xornada.
Outros temas presentes nas xornadas son …
- As iniciativas dos centros de difusión tecnolóxica e promoción do Software Libre na PEME.
- O Software Libre como apoio ás PEME. Experiencia de Estremadura con Vivernet.
- Análise e experiencias das PEME con Software Libre. Abanq e Openbravo.