Mancomún
O CESGA e os Grupos Galegos de Usuarios de GNU/Linux (GUGL) veñen de firmar un convenio de colaboración co fin de acadar unha maior implantación do software libre en Galiza.
O acto da firma tivo lugar ás 12:00 nas dependencias da Xunta de Galicia, onde estiveron presentes a directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Elena Veiguela, o director xerente do CESGA,  Javier García Tobío, e os representantes dos diferentes grupos.

Os grupos asinantes son:
  • Asociación de Usuarios de Linux da Universidade de Santiago de Compostela (AULUSC)
  • Asociación de Usuarios GNIX (AGNIX)
  • Asociación Grupo de Usuarios de Linux de Ourense (GULO)
  • Asociación Universitaria Grupo de Programadores y Usuarios de Linux (GPUL)
  • Asociación Cultural Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (GALPON)
  • Asociación Grupo de Usuarios de Linux de Galicia (GLUG).

O obxectivo principal é incentivar a realización de seminarios e congresos, a organización de actividades de difusión de diversa índole, así como tamén a elaboración de contidos de interese (CDs, publicacións…) no marco da Iniciativa Galega polo Software Libre – mancomun.org.

As diferentes propostas dos grupos plasmaranse nun plan de actuacións que deberá ser presentado nun prazo de 60 días e que, tras ser consensuado co CESGA, deberá materializarse no período que abrangue até decembro de 2007.

Fonte: Cesga  

Miguel Marín, conselleiro de Administracións Públicas de Melilla, vén de informar do lanzamento da nova versión de Melinux, baseada en OpenSuse GNU/Linux, tanto en versión live, coma versión instalable.

O desenvolvemento e edición desta distribución, ven enmarcado dentro do programa SOLIME que a consellería puxo en funcionamento con moi bos resultados.

Alén disto, tamén se puxo a disposición dos cidadáns un servizo de asistencia técnica e resolución de dúbidas. 

Fonte: melinux

Segundo se comenta nas listas de Trasno, xa temos a versión de OO en galego que dende hai algúns meses, está á disposición de todos os cidadáns en mancomun.org, empaquetada para Ubuntu, grazas ao traballo de Hector Rivas.

O repositorio non oficial no que se encontran os paquetes é o seguinte: (incluíres no arquivo /etc/apt/sources.list)

deb http://www.lfcia.org/keymon/debian/ alfa/

Nexuiz 2.0 acaba de saír. Nexuiz é un xogo 3D de combate, tipo “deathmatch”, creado en internet por un grupo de desenvolvedores chamado Alientrap. Está dispoñible para descarga para Windows, Mac e Linux (o mesmo ficheiro para todas as plataformas)…

Esta nova versión é unha actualización inmensa do xogo e aporta novas características ao xogo,  tales como unha campaña para un só xogador cunha completa e nova avanzada intelixencia artificial,  cinco novos mapas para xogar, novo sistema de efecto de partículas, de cambio de armas e novas características gráficas. Tamén reduciron drasticamente o uso de recursos do xogo.

Podes descargarte esta nova versión dende esta ligazón.

Podes ver vídeos da versión 2.0 en Youtube, ou descargar un vídeo en alta resolución dende a web do proxecto.

 

logo gnome Seguindo coa participación de [[GNOME]] no “Google’s Summer of Code“, o proxecto [[GNOME]] decidiu apoiar tres proxectos de maneira similar ao “Summer of Code”, pero para mulleres, exclusivamente. O proxecto en cuestión chámase “Women’s Summer Outreach Program“…

[[GNOME]] considera que o número de mulleres na súa comunidade é moi pequeno e por eso anima ás mesmas a que se unan ao seu equipo de desenvolvemento…

Este verán, [[GNOME]] apoiará economicamente a tres mulleres estudantes para traballar en proxectos relacionados con [[GNOME]] dende o confort da súa casa. Cada proxecto durará 2 meses, e cada participante recibirá 3.000 dólares polos 2 meses.

Podes enviar os teus propios proxectos de como mellorar [[GNOME]], ou elixir entre a lista de posibles proxectos.

Segundo contan na páxina do proxecto, non é necesario ser a mellor programadora do mundo para participar, posto que se lles asignarán ás participantes varios tutores para axudalas. Relacionado con isto, tamén teñen unha dirección de correo electrónico para que as interesadas pregunten calquera cuestión relacionada co proxecto.

Xa están aceptando as inscricións dende hoxe mesmo ata o 1 de xuño de 2006. Os proxectos levaranse a cabo dende o 1 de xuño ata o 1 de setembro.

Máis información na páxina do proxecto: Women’s Summer Outreach Program

Do 5 ao 7 de marzo do 2007, celebraranse en Girona as I Xornadas sobre Sistemas de Información Xeográfica libres . O prazo para enviar contribucións estará aberto ata o 30 de setembro de 2006. As xornadas queren ser un punto de encontro para a comunidade de usuarios de SIX, no cal poder compartir e intercambiar experiencias e coñecementos, así como establecer un espazo de debate activo poñendo de manifesto a saúde e o vigor do software SIX Libre.

Hewlett-Packard deu un paso máis no seu compromiso co sistema operativo de código libre GNU/Linux. O fabricante de ordenadores anunciará en poucos días que ofrecerá aos seus clientes europeos a opción de elixir unha versión de GNU/Linux personalizada para os seus portátiles…
 

O xigante informático está traballando para iso con [[Ubuntu]], unha distribución de GNU/Linux baseada en [[Debian]] -a versión de este sistema operativo máis libre-. ‘Asegurámonos que todos os compoñentes de hardware preinstalados nalgúns dos nosos portátiles (sistemas sen fíos, infravermellos, control de baterías, etc…), funcionan correctamente con esta versión de GNU/Linux’, explican fontes internas de HP.
 
Os portátiles elixidos para ser 100% compatibles con Ubuntu son o nc6120, nc6220, nc6000 y nc6230. ‘A iniciativa supón un paso máis para que os portátiles funcionen correctamente con GNU/Linux, algo que non sempre ocorre’, engaden.

A versión deste GNU/Linux non irá precargada nos ordenadores de HP, aclararon as mesmas fontes, pero de ser solicitado polo cliente, a firma estadounidense facilitaralle un CD-ROM con dito sistema operativo. O CD incluirá a descrición do soporte técnico, que consta dun soporte gratuíto online, así como outro de pago que ofrecerá Canonical, a empresa creadora de [[Ubuntu]].

Segundo HP, o proxecto está limitado por agora a Europa, Oriente Medio e África, rexións onde parece haber actualmente unha maior receptividade cara o entorno GNU/Linux. O xigante informático non vende actualmente PC con GNU/Linux en ningunha parte do mundo, aínda que en EE.UU. si o fai ‘sempre baixo pedido do cliente mediante a web’.

A acción de HP con [[Ubuntu]] en Europa, que podería interpretarse como un paso previo ao lanzamento de PC con GNU/Linux precargado, podería beneficiar á firma informática ante futuros contratos coa “Junta de Andalucía”, que acaba de anunciar que as súas futuras versións de Guadalinex se apoiarán en [[Ubuntu]].

 
Visto en: www.cincodias.com  
gulo A asociación [[GULO]] organiza as II Xornadas técnicas de Software Libre Gulo – “A Internet estándar” que terá lugar no Edificio Politécnico do Campus Universitario de Ourense do 26 ao 30 de Xuño.
Trataranse contidos moi diversos á vez que importantes e interesantes como: AJAX, routing con Iptables, e-learning, multimedia, alternativas con ferramentas libres fronte ás propietarias, sistemas WiFi e moitos outros contidos.

 
PRAZAS LIMITADAS

Tecnoloxías:

  •    GNU/Linux
  •    Apache, PHP, MySql
  •    HTML, Ajax, Ruby
  •    Netfilter/Iptables
  •    LDAP, thin client, PXE
  •    WiFi, 802.11 b/g WEP, WPA, WiMAX
  •    OpenWengo, Ekiga, VoIP, H323
  •    Dokeos, Moodle, Claroline
  •    Dookbook, latex, doxygen
  •    …

 

Fonte: web do curso  

Segundo un traballo realizado por Gunther Eysenbach e titulado Citation Advantage of Open Access Articles (na PLoS Biology) ten máis impacto publicar en revistas abertas que noutras con restriccións de copyright. Os resultados son abafadores…

Pasados entre 4-10 meses da publicación, os artigos publicados nunha revista aberta ([[copyleft]]) son citados o dobre de veces, máis ou menos, que os outros (publicados en revistas pechadas que manteñen as restriccións do copyright).

Pasados entre 10-16 meses da publicación, os artigos publicados nunha revista aberta (copyleft) son citados tres veces máis, máis ou menos, que os outros (publicados en revistas pechadas que manteñen as restriccións do copyright).

Fonte.- Blog de Adolfo Estalella  

e-verano.org Acabamos de engadir un novo evento na “Axenda de eventos“.

En concreto, son as “3ª jornadas tecnológicas andaluzas de Software Libre [3JTASL]” que se celebrarán entre os días 23 e 27 de agosto de 2006 nas instalacións do CEULAJ, no centro xeográfico de Andalucía e que se enmarcan dentro do proxecto “e-Verano.org: una mirada a la Sociedad Libre“…

Tras o éxito da pasada edición (2JTASL), con máis de 300 participantes, 9 días de conferencias e talleres e cun programa de relatorios de enorme calidade (con relatores de renome como Richard M. Stallman, Juantomas García, Jorge Cortell, JJ Merelo, Antonio Larrosa ou David Santos) comézase xa a traballar nesta nova edición.

Nesta ocasión, as xornadas estarán máis abertas que nunca e xa se está realizando a convocatoria para presentar relatorios e propostas (Call for Papers) co obxectivo de mellorar e ampliar os seus contidos. O prazo para presentar propostas estará aberto ata o 30 de xuño.

As xornadas compartirán espazo e data con outras sete propostas formativas-divulgativas, conformando todas elas o proxecto denominado e-Verano.org: una mirada a la Sociedad Libre esperando unha asistencia de máis de 1.000 persoas.

Ademais, como nas anteriores actividades organizadas pola Iniciativa Focus e Hispalinux, é un evento aberto á comunidade dende o cal se anima a participar a todos, e para iso, abriron tamén un formulario de colaboradores e interesados.

Está dispoñible para os usuarios de GNU/Linux unha páxina web de moita utilidade que evitará máis dunha dor de cachola.
Todas as dúbidas xurdidas a partires da compatibilidade do hardware, están solucionadas nesta web, recollendo deste xeito, preto dun total de 20.000 informes correspondentes aos dispositivos físicos e os seus drivers.

Un dos obxectivos desta web é facilitar as compras de hardware aos usuarios, con criterio e garantía de calidade e funcionamento, independentemente de se xa elixiron traballar con tecnoloxía Linux ou pensan facelo no futuro…
Fonte:  compatiblelinux

A Unión Europea está realizando un estudo sobre o Software Libre no sector público. Xa existen varios traballos demostrando vantaxes e desafíos aínda existentes para a utilización de tecnoloxías libres na administración pública. Este novo estudo estará accesible a través do portal “Public sector & Open Source ” e os resultados serán presentados en novembro deste ano nun seminario en Bruxelas.

Máis información: http://www.publicsectoross.info/  

GTSolutions ven de anunciar na súa páxina web, unha nova actualización do seu produto estrela EuroGes v8.0 baixo [[GPL]].
EuroGest v8.0 é unha solución de xestión empresarial que é o resultado da fusión do anterior EuroGes v7.0 con EuroRest (programa para restaurantes con control de pantalla táctil).

Este Software, é multiplataforma ao funcionar exclusivamente con JAVA, abrindo así a posibilidade de podelo usar indistintamente en Windows e Linux.
Da mesma forma, pódese instalar con calquera base de datos existente no mercado, que cumpra coas normas SQL-92, entre elas Access, SQL Server, MySql e Oracle, o que permite cambiar de base de datos, sen ter que cambiar a estrutura desta.

Fonte: gtsiberica

Está dispoñible na sección de descargas a tradución do libro que leva por título “Ao principio… foi a Liña de Comandos“, de Neal Stephenson. O traballo de tradución foi feito por Compostela Wireless.

Este divertido ensaio fala sobre o pasado e o futuro dos ordenadores a partir dun percorrido persoal do autor. Non é un libro que trate de avaliar ou comparar tecnicamente as prestacións dos distintos sistemas operativos. Stephenson lévanos da man para amosarnos un punto de vista novo sobre estes sistemas. Moi recomendable.

Ligazón para a descarga do libro en PDF:  Ao principio… foi a Liña de Comandos

Logo GPL3Os próximos 22 e 23 de xuño celebrarase no Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona a terceira Conferencia Internacional sobre a nova licenza pública xeral: GPLv3. 

Entre os relatores estarán Richard Stallman, Eben Moglen, e Georg Greve. Trataranse temas relacionados coas patentes de software, DRM (Digital Rigths Management) e internacionalización de licenzas. O programa provisional pode descargarse da Web do congreso.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal