Mancomún
Openbravo, abre o código fonte do seu producto máis importante, facendo deste xeito, unha gran aportación na comunidade OpenSource. Esta solución empresarial está implantada en importantes empresas de diferentes sectores, sendo deste xeito, unha alternativa seria a solucións consolidadas como SAPE ou SAGE. 

O programa de Openbravo abrangue todas as áreas funcionais que necesita unha PEME: xestión de aprovisionamento, almacéns, servizos, produción, vendas e finanzas, así como niveis básicos de xestión de clientes (CRM) e Business Intelligence.

Esta publicación de Openbravo espertou un gran interese en todo o mundo. Openbravo está a recibires solicitudes de colaboración dende todos os continentes, o que demostra o gran potencial do Software Libre de calidade.

Está a disposición da comunidade esta aplicación en castelán e inglés, aínda que teñen voluntarios en labouras de tradución a outros idiomas, afirma a empresa.

O código de Openbravo publícase baixo MPL (Mozilla Public License) desde abril de 2006.

 Fonte: Openbravo

A compañía BitRock acaba de anunciar o lanzamento da súa distribución BitRock MonoStack. Esta distribución, de sinxela instalación, contén Apache, mod_mono e XSP, e aproveita as instalacións existentes de Mono para permitir aos usuarios executar un entorno .NET completo en Linux.

Monostack está dispoñible para descarga e uso, baixo os termos da Licenza Apache 2.0, na páxina web www.bitrock.com

drupal logo Acaban de saír as novas versións de Drupal. Drupal 4.6.8 e Drupal 4.7.2 están dispoñibles para descarga. Estas versións son de mantemento e solucionan varios problemas reportados mediante o sistema de xestión de bugs, ademais de 2 erros de seguridade. Actualización recomendada.

Asemade, dicir que tamén acaba de saír o Drupal E-Commerce 4.7, un proxecto de Drupal que contén sobre 30 módulos orientados ao comercio electrónico…

O Drupal é un xestor de contidos (CMS) do estilo do Joomla! (co que está realizado esta web), que tamén ten unha gran comunidade de usuarios detrás.

Máis información sobre este xestor na súa web http://drupal.org/

Máis información sobre CMS, comparativas e características nas seguintes ligazóns:

As Nacións Unidas elixiron finalmente Joomla! coma xestor de contidos para o seu portal de información rexional para Europa occidental (UNRIC), logo de avaliar varias opcións, entre elas software privativo. Ao final, Philippe Chabot (CTO da ONU nas oficinas de Europa e Nova Iorque) decidiu apostar por Jomla!.

É previsible que esta proposta se estenda ás oficinas do sur de Africa, o que é unha boa nova para a comunidade do Software Libre.

mailman Acabamos de poñer operativo o servidor de listas de distribución de correo, ao cal pódese acceder mediante a seguinte dirección web:

http://listas.mancomun.org

ou a través do menú “Colabora!”->”Espazo colaborativo” da nosa web.

Para solicitar unha nova lista de distribución non ten máis que poñerse en contacto connosco mediante o formulario de contacto da web indicándonos a finalidade da mesma.

Logo USC Seguindo coas xornadas de aplicacións Web de Software Libre para a PEME que organiza a Aula TIC-PEME da Universidade de Santiago de Compostela tócalle o turno ás plataformas para o traballo colaborativo. A inscrición é de balde e pódese facer a través da dirección web http://www.usc.es/atpemes. O relatorio será mañá día 9 de xuño na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo.

O traballo colaborativo pode ser unha tarefa complexa no que atinxe á súa planificación, execución e seguemento. Esta dificultade intensifícase nas situacións nas que non existe unha coincidencia espacial e/ou temporal entre as persoas involucradas.

Existen solucións libres e con requisitos ao alcance de calquer usuario, que abarcan un amplo abano de utilidades para facilitar estas tarefas.

gvPONTIS é un proxecto desenvolvido pola “Conselleria d’Infraestructures i Transport” da “Generalitat Valenciana” para a migración de aplicacións da contorna administrativa da consellería á software aberto. Entre os seus obxectivos atópanse o uso de Software Libre baseado en GNU/Linux en tódolos equipos, tanto clientes como servidores, e encontrar un sustituto para cada programa comercial.

A situación actual do proxecto é …

* 200 usuarios empregando Linux (SuSE, Xaloc) con escritorio [[KDE]].
* 700 usuarios con [[OpenOffice.org]].
* 200 usuarios con gvSIG, ferramenta libre GIS creada pola Generalitat Valenciana.
* [[Mozilla]] como navegador e como cliente de correo. 700 usuarios.
* Aplicacións novas en tecnoloxía multicapa.
* Bases de datos corporativas en [[PostgreSQL]] e [[MySQL]].
* Emulación con Win4Lin para executar aplicacións Windows antigas.

A “Consejería de Innovación, Ciencia y Empresa” Andaluza ven de publicar, baixo licenza [[Creative Commons]], un extenso libro no que se explica detalladamente, ao longo de 113 páxinas, como crear e manter unha distribución GNU/Linux, baseada en Debian, como a Guadalinex v3.0.

A guía foi redactada pola empresa Emergya para o curso celebrado hai pouco no Centro Informático Científico de Andalucía (CICA) e publícase agora baixo licenza libre para que este coñecemento poida aplicarse para outros proxectos similares ao desenvolto en Andalucía coa Guadalinex.

Lido en : Barrapunto  

Máis información: Guadalinex.org

 

Debian Logo

A distribución Debian 3.1 acaba de ser incluída entre as distribucións que cumpren as especificacións CGL (Carrier Grade LInux).

As especificacións CGL detallan os estándares de dispoñibilidade, escalabilidade, manexabilidade, fiabilidade e rendemento que debe cumprir unha distribución Linux para ser utilizada dentro da industria das telecomunicacións…

Ata o momento só 8 distribucións obtiveron estas certificacións por parte do  Open Source Development Lab (OSDL).

Unha lista completa das distribucións rexistradas atópase na páxina web:

 

 

Celebrarase entre o 17 e o 21 de outubro no “Puerto de la Cruz” en Venezuela o IV foro mundial sobre coñecemento libre. Aínda que xa foron invitados importantes relatores internacionais de áreas do Coñecemento Libre, Software Libre, Arte e Cultura Libre, os organizadores fan un chamamento para a recepción de colaboracións. O prazo está aberto ata o 31 de xullo.

Os temas sobre os que se poden enviar contribucións son principalmente Software Libre, Hardware Libre, Cultura Libre, Aspectos Económicos, Aspectos Legais, Modelos legais, Arte Libre e Migración.
 
Máis información na Web do congreso
Comeza en Extremadura un Programa de Actuación sobre Alfabetización Tecnolóxica e Discapacidade cunha actuación conxunta entre a Asociación Rexional de Universidades Populares de Extremadura (AUPEX) e o Comité de Entidades de Representantes de Minusválidos da Comunidade autónoma de Extremadura (CERMIEX).

Accesibilid@d pretende informar e fomentar o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e o Software Libre entre as persoas con discapacidade, como ferramenta para informar e facilitar a integración deste colectivo.

Esta iniciativa vaise levar a cabo nos Novos Centros do Coñecemento (NCC) da rexión, obradoiros de alfabetización tecnolóxica dirixidos aos membros desta organización.

Ata agora lévanse impartidos máis de 10 obradoiros presenciais en diferentes localidades de Extremadura, utilizando o sistema operativo libre gnuLinEx e a navegación en Internet como contido principal na formación.

Fonte:  Accesibilid@d

Segundo se pode ler en AGNIX, a conveniencia dun Pacto Social Pola I+D+i  (promovido polo grupo de traballo BRUX-GAL) ven de ser avalado polas declaracións da Comisaria Europea de Política Rexional. Danuta Hüber reiterou a necesidade de cambiar a actual estratexia inversora priorizando o gasto en formación, investigación, desenvolvemento e innovación, ademais de finalizar as infraestruturas pendentes.

Resulta moi interesante o apoio dende a comisaría a un proxecto tan ambicioso coma este, que, lembremos, ten un pilar básico na defensa e na difusión do software libre.

Fonte: Agnix.

Dende a CiberIrmandade seguen a traballar por facilitar o acceso á información de ámbito galego que hai en Internet. Neste sentido, veñen de publicar varios motores de procura instalables no navegador Firefox, que permitirán acceder de xeito máis doado á Web, Buscador de Empresas, Foros, Galería de Imaxes e un motor de procura para acceder á [[Galipedia]]. A instalación é moi doada. Tan só hai que acceder a esta páxina e logo premer enriba do nome do motor que se queira instalar.

Hai poucos días publicamos neste portal varias novas sobre webs adicadas á publicación de contidos web, imaxes e deseños web, pero cun matiz libre, baixo licenzas Creative Commons, Copyleft ou GNU/FDL.

Howard Pitler, fala do problema engadido ao traballar con contido baixado da web, denominándoo “remixing” (remezclar). El está a estudar estes interrogantes no entorno docente, dado que é un ámbito no que se utiliza a rede para obter información e para facer documentación (exames, apuntes, charlas, cursos, etc.)

Di que é aconsellable o uso de licenzas libres, como Creative Commons, que permiten a autores, artistas e músicos seleccionar dereitos específicos para protexer e explicitar que usos e modificacións permiten. As licenzas libres proven unha clara guía a estudantes e educadores de como poden desenvolverse no uso legal da propiedade intelectual de outros e como poden protexe-lo propio.
 
Fonte:  innovate

O pasado venres 2 de xuño de 2006, o Parlamento de Dinamarca aprobou por unanimidade unha resolución pola que ordena ao seu Goberno que, como moi tarde, o 1 de xaneiro de 2008 faga obrigatorio o uso de estándares abertos en informática na administración pública danesa.

Do contido da resolución pódense destacar os seguintes parágrafos: 

O Parlamento ordena ao Goberno asegurar que o uso da tecnoloxía da información, incluíndo o software, no eido das autoridades públicas baséese en estándares abertos.

O Goberno deberá garantir que toda a información e datos dixitais que as autoridades públicas intercambien cos cidadáns, corporacións e institucións estean dispoñibles en formatos baseados en estándares abertos.

Estándares abertos significa que o estándar está

– ben documentado coa súa especificación completa dispoñible publicamente.

– libremente implementable sen limitacións económicas, políticas ou legais na súa implementación e uso, e

– estandarizado e mantido por un foro aberto (unha das chamadas organizacións de estandarización) a través dun proceso aberto.

O Ministerio de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación dará o primeiro paso e todos os seus documentos estarán dispoñibles en estándares abertos (OpenDocument) a partir do primeiro de Setembro de 2006.

Fonte: www.estandaresabiertos.org 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal