Mancomún

O Software Libre é seguro, achega calidade, baséase en estándares abertos, ten liberdade para utilizarse en calquera sitio, favorece a cultura da colaboración, aumenta a capacidade tecnolóxica, proporciona aforro de gastos en informática, reduce a dependencia de provedores e fomenta o desenvolvemento da empresa local.

Estes son algúns dos argumentos que se expuxeron na xornada Sourcepyme, un encontro tecnolóxico organizado polo “Instituto Tecnológico Metalmecánico (AIMME)”, o “Instituto Tecnológico del Plástico (AIMPLAS)” e o “Instituto Tecnológico de Informática (ITI)”, no que se deron cita máis de 200 expertos para reflexionar sobre as numerosas vantaxes que o Software Libre pode achegar ás empresas da Comunidade Valenciana…

A xornada tamén serviu para demostrar, baseándose nos resultados dunha enquisa realizada por Sourcepyme, que a maioría das PEME valencianas fan uso do Software Libre na súa empresa atendendo a criterios de fiabilidade e seguridade e valorando, sobre todo, o seu menor custo e o feito de non estar ligados a un único provedor. Con todo, os enquisados tamén revelan que a dispoñibilidade do sistema, o descoñecemento das capacidades das aplicacións, o temor a un cambio e a dúbida por un escaso soporte ou mantemento son, para eles, algúns dos hándicaps deste software, tal e como explicou Eduardo Requena, responsable do departamento TIC de AIMPLAS.

O Software Libre é, sen dúbida, unha oportunidade nova para as empresas da Comunidade Valenciá. Ante esta circunstancia, segundo o director de AIMME, Salvador Bresó, o papel dos institutos tecnolóxicos é o de actuar de elemento de difusión de todas aquelas vantaxes que as novas tecnoloxías poden ofrecer ás empresas, pois, na súa opinión, “os centros tecnolóxicos teñen que aproximar a ciencia e os avances tecnolóxicos ás empresas”.

 
Fonte da noticia: www.laflecha.net  

Dende hai cuatro anos o Sindicato de Traballadores do Ensino do País Valenciano (STEPV-IV) está a facer unha migración dende entornos privativos ao Software Libre.

Na actualidade dispoñen de dous servidores de aplicacións con GNU/Linux nos que corren servizos de terminal para ser executados en ordenadores reciclados vellos. Queren chegar a ter unha distribución contida nun pendrive, facilitando ao usuario o uso do ordenador.

As bases de datos tamén foron migradas a MySQL e deste xeito poden desenvolver aplicacións web que antes non podían por culpa da privacidade das licenzas de software.

O maior problema co que se atopan é que as administracións públicas coas que traballan, envianlles información en formatos propietarios (mdb, xls, doc) e teñen que facer estas conversión aos formatos baseados en estándares abertos respaldados pola propia Comisión Europea.

A “Consejería de Educación, Cultura y Deportes” do goberno de Canarias presenta hoxe (23 de novembro) en LANZÁOS 2006, o proxecto mEDUXa. mEDUXa é unha distribución libre de GNU/Linux baseada en Kubuntu e orientada á educación que será implantada nos centros educativos de Canarias.
Incorporarase a un total de 35.000 equipos distribuídos en 1100 centros educativos, o que representa aproximadamente 325.000 posibles usuarias e usuarios (25.000 docentes e 300.000 alumnos).Todo o proxecto desenvólvese utilizando, sempre que é posible, licenzas libres segundo queda definido nas Directrices de Software Libre de Debian…

Segundo o goberno canario, analizouse coidadosamente a inclusión de calquera material sometido a licenzas distintas da GPL, BSD e Artistic License. Neste sentido preocupou moi especialmente a adecuación das licenzas á lexislación europea (en particular á española), e a posibilidade de futuros desenvolvementos e melloras por parte de calquera administración educativa, así como a xeración de sinerxias (reutilización por outras administracións educativas, españolas ou estranxeiras), no respecto da autoría e demais dereitos morais dos autores desta distribución. A versión estable da distribución será liberada cun informe sobre licenzas.
 
Fonte orixinal da noticia: www.barrapunto.com  
 
http://www.mancomun.org/images/stories/zybacafe.png ZybaCafe (antes coñecido coma DireqCafe) é unha suite baseada en Software Libre para xestión de cibercafés.
 
ZybaCafe inclúe unha completa suite administrativa para o servidor, así como os clientes para xestionar o control do tempo sobre os clientes. Tamén inclúe unha potente arquitectura baseada en “plugins” que permite estender facilmente as funcionalidades da aplicación, así como a integración con outros tipo de aplicacións (CRM, contabilidade, etc.)…

A versión estándar usa como xestor de base de datos [[PostgreSQL]], pero segundo os propios desenvolvedores da aplicación, “portala a outros xestores non debería ser difícil”.

A última versión é a 4.0.3 na que se melloraron moitos aspectos na interface de administración e do cliente, no soporte de impresión e tamén se amañaron algúns erros detectados na versión anterior.

 

Máis información:

A páxina web do autor da aplicación ZybaCafe 

Páxina da aplicación en GnomeFiles  

O Observatorio galego de Software Libre de Mancomun.org acaba de publicar o resumo sobre a situación da tecnoloxía do Software Libre, correspondente ao período agosto-outubro, feito pola Universidade de Santiago. Este informe é froito do traballo desenvolvido dentro do convenio asinado co CESGA para a realización de accións encamiñadas a impulsar o Software Libre na nosa comunidade, e complementa aos informes sobre a situación da tecnoloxía do Software Libre publicados en maio e agosto.
 

O documento, que está baixo licenza Creative Commons, resume a situación do Software Libre no ámbito da observación tecnolóxica nos últimos tres meses, tanto a nivel estatal como internacional. O Observatorio publicará os seguintes resumos trimestralmente.
A Asociación de Jóvenes Empresarios de Marineda, agrupación de empresarios da área da Coruña, organiza unha xornada sobre Software Libre orientada a introducir aos asistentes no mundo do código aberto. A xornada celebrarase o lúns 27 de novembro de 10 a 14 horas nas instalacións do ITE de Caixa Galicia .
 

Intervirán David Pardo Villaverde, Socio Director de Producción de CORUNET, Antonio Pérez Casas, asesor da Consellería de Industria en sociedade da información e Jesús Arribi, coordinador de Mancomun.org.

Red Hat Despois de establecer un acordo con Novell para facer compatibles os sistemas operativos Windows e Linux, Microsoft agora propón establecer acordos semellantes con outras empresas.

Red Hat aclarou que non acepta a posibilidade dunha alianza con Microsoft, afirmando que non hai ningunha necesidade de ter unha relación do tipo Microsoft-Novell…

Fonte: http://tek.sapo.pt/4L0/706774.html

cdlibre.org Desde o luns 20 de novembro están dispoñibles en CDlibre tres novos DVDs e nove novos CDs con recompilacións de software libre/gratuíto para Windows, que conteñen 700 programas diferentes.

Engadíronse 31 novos programas, entre outros, o analizador de redes WireShark, as utilidades SIW ou PeaZip e varios xogos como Future Pinball, ColorJunction ou Gravytris.

CDlibre.org está adicado á difusión do software libre/gratuÍto para Windows. Pódese consultar o catálogo de software para descargar os programas individualmente e tamén pódense descargar imaxes ISO en CDs con tódolos programas incluídos.

Fonte: laflecha 

O proxecto “POS_6, Promoviendo Open Software”, quere dar a coñecer os proxectos multimedia e obras de artistas que traballan con novas ferramentas e conceptos na distribución de contidos culturais. Unha reflexión sobre modelos alternativos de xestionar e distribuír estas manifestacións artísticas, favorecendo novas formas de relación entre autor e usuario.
 
POS_6 reunirá a diferentes colectivos, artistas e axentes culturais de diversas disciplinas que traballan con software de código aberto e/ou distribúen  as súas obras por medio de novos mecanismos de intercambio…

POS_6 introducirá aos asistentes ao uso destas tecnoloxías e a experimentar de forma audiovisual o uso das mesmas.

Este ano o evento celebrarase na galería de media-art NIU, dentro do marco ideal que brinda o “Encuentro Nacional de Netlables” que se desenvolverá de forma conxunta a POS6 durante o 1-2-3 de decembro 2006. Durante toda a xornada os asistentes poderán asistir a charlas e presentacións gratuítas de 16 a 20hs. O evento será retransmitido en directo en streaming pola Rede.
Fiadeiro Party é unha reunión anual na que a xente moza de Allariz amante das novas tecnoloxías realizan dende o ano 2001 que se celebrou a I Edición. Como cada vez é máis habitual neste tipo de eventos a party contará cun taller e unha charla sobre Software Libre que acercará aos alaricanos o mundo do GNU/Linux.
 

A Fiadeiro Party terá lugar do día 7 ao 10 de decembro. A inscrición custa 10  euros.
A Fundación Cenatic nace coa intención de impulsar o software baseado en código aberto, libre de patentes comerciais, entre as administracións e as empresas. A Fundación, apoiada polo Ministerio de Industria e a Junta de Extremadura, investirá 2,29 millóns de euros nos próximos tres anos en proxectos de calidade e desenvolvemento de programas de código aberto…
 

A Fundación Centro Nacional de Aplicación das Tecnoloxías da Información e Comunicación (Cenatic) acaba de celebrar a súa primeira reunión da man de Francisco Ros Perán, o secretario de Estado de Telecomunicaciones, que asumiu o cargo de presidente.

Cenatic nace co obxectivo de promover o uso tanto nas administracións como entre as empresas do software de código aberto. A Fundación ten a súa sé en Almendralejo (Badajoz) e constituíuse cun capital inicial de 180.000 euros.

O goberno quere que España sexa unha referencia en todo o mundo na aplicación e desenvolvemento do ‘Software Libre’, e ademais pretende que se cre todo un tecido industrial en torno ás novas tecnoloxías. Os seus plans contemplan un investimento de 2,29 millóns de euros nos próximos tres anos para impulsar a calidade e a creación de software de fontes abertas.
 
Os seus primeiros traballos vanse a centrar en labores de divulgación, o que inclúe a creación dun observatorio especializado e dun banco de coñecemento para seguir a situación dos proxectos relacionados co software de código aberto.
 
No período 2008-2009, Cenatic abrirá un centro de formación e certificación de recursos humanos especializados, que tamén realizará traballos de consultoría técnica e legal para administracións e empresas; e ao mesmo tempo contará cun laboratorio de certificación de produtos, e de compatibilidade con sistemas baseados en fontes abertas.
 
Podes ler a nova completa na súa fonte orixinal: www.elpais.es  

Acaba de saír á luz unha actualización do Adobe Flash Player 9 para GNU/Linux. Esta versión que tamén segue sendo Beta corrixe moitos erros detectados na primeira versión e que foron reportados polos usuarios.

Moitos dos problemas que tiña a primeira Beta estaban relacionados co son, problemas que tentaron resolver nesta nova versión…

A versión de Flash Player dispoñible para Windows e Mac é a 9.0.28.0, mentres que a de GNU/Linux xa é a 9.0.21.78, máis preto ca nunca das versións para as plataformas privativas.

Para descargar esta nova actualización debes visitar a páxina de descargas de Adobe:

Flash Player Download Center

As notas e características desta versión pódelas atopar na seguinte ligazón: 

Notas da versión  

http://www.mancomun.org/images/joomla_logo_black.jpgAs Ciberirmandades da Fala puxeron recentemente no seu TraduCIF, ferramenta de tradución colaborativa baseada no Entrans, a versión 1.5 beta do xestor de contidos Joomla!. A proposta de colaboración chega dende Dimensiona Consultoría Tecnolóxica e Reverso Servizos Lingüísticos, quenes xa achegan o 40% das cadeas traducidas. Dimensiona e Reverso darán soporte a esta tradución dende o punto de vista técnico e de revisión lingüística.
 

Joomla! foi recentemente elixido mellor CMS en  Software Libre do ano 2006. Animámosvos a que participedes nesta iniciativa.

O Software Libre terá un papel destacado na I Mostra da Innovación de Lugo, evento de promoción das  tecnoloxías da información e da comunicación que terá lugar o día 25 de novembro no Pazo de Feiras e de Congresos da capital lucense.

A empresa SCA Informática no seu relatorio “¿É doada a migración empresarial ao Software Libre?” falará sobre as vantaxes e dificultades de pasarse ao código aberto. Pola súa banda Ilumax ofrecerá un seminario titulado OPENBRAVO, opening ERP´S Future sobre este popular ERP libre.

Ademais Lucux, asociación de Software Libre de Lugo, participará nunha mesa redonda sobre o estado das TIC en Lugo.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal