Mancomún

EPSON volveu de cheo ao mundo dos computadores e faino da man do sistema operativo GNU/Linux, ofrecendo computadores portátiles e sobremesas con GNU/Linux xa preinstalado de serie, aínda que polo que informa o sitio oficial, non especifica cal das distribucións foi a elixida.

Deste xeito Epson é outro dos fabricantes tecnolóxicos xunto con Dell no mundo dos computadores, en ofrecer Linux instalado de serie.

Fonte: noticiasdot.com

A UNESCO posúe o seu propio portal dedicado ás novas tecnoloxías libres. Esta iniciativa, que levaron a cabo diferentes organismos ao longo de todo o mundo, estase a converter nun sitio cun uso cada vez máis xeneralizado.

Este portal serve como referencia para atopar recursos relativos ao Software Libre e mais ao movemento tecnolóxico de código aberto.

As categorías que ofrece son as seguintes: comunicacións, ferramentas de desenvolvemento, ferramentas para ensino, saúde, biblioteca dixital, sistemas operativos, ciencia e educación, ferramentas de produtividade e laboratorio virtual.

Recolle, en total, 610 aplicacións cuxo ámbito máis destacado é o de ferramentas de produción, ao contar con 239 aplicacións de software.

http://www.mancomun.org/images/stories/redhat.pngRed Hat anunciou a súa unión á SCOPE Alliance, unha compañía formada no 2006 por Alcatel, Ericsson, Motorola, NEC, Nokia e Siemens, para fomentar a adopción do software de código aberto e o hardware «commodity» en contornos de soporte como alternativa ás plataformas Unix privativas.

SCOPE traballa con provedores que son líderes de equipamento de rede (NEP) e soportes («carrier») de todo o mundo para definir os requirimentos de hardware e de software necesarios para as plataformas abertas en contornos de telecomunicacións de misión crítica. SCOPE está a desenvolver actualmente un perfil de requirimentos para varios compoñentes de hardware e de software.

Paul Cormier, vicepresidente executivo de enxeñaría de Red Hat explicou que están a traballar «para facer que Red Hat Enterprise Linux reflicta as necesidades dos clientes que demandan unha infraestrutura moi fiábel á vez que manteñen un enfoque nos estándares». «Estamos a fomentalo coa nosa tracción no mercado e estamos encantados de estar agora aínda máis aliñados coa comunidade de provedores de equipamento de redes, de hardware e de software de telecomunicacións para ofrecer plataformas completas integradas e solucións deseñadas especificamente para as telecomunicacións».

Red Hat contribuirá ao proceso de definición de requirimentos desenvolvido pola SCOPE Alliance e serve de punto de contacto coa comunidade de desenvolvemento de código aberto para estabelecer unha orde de prioridades das características de soporte, os «roadmaps» e os tempos de entrega. Red Hat tamén ofrece experiencia e liderado en todos os asuntos relacionados coa comercialización do software de código aberto.

Timo Jokiaho, co-presidente técnico e membro do consello de directores da SCOPE Alliance, explicou que o soporte para Linux dentro da comunidade de provedores de equipamento de rede e por parte da industria de telecomunicacións en xeral «creceu moito nos últimos anos» e salientou que, na actualidade, «non hai un acordo universal para o proceso de certificación para plataformas de soporte (carrier)».

Fonte: Laflecha
http://www.mancomun.org/images/stories/x_window.png» Xming é un servidor de X Window para MS Windows (XP/2003/Vista). Xming ten moitas funcionalidades, rápido, sinxelo de instalar e portable para Pocket PC. É totalmente seguro empregando SSH e opcionalmente inclúe un cliente especial de PuTTY SSH. Xming está construído para MS Windows (32-bit x86) dende os fontes de X.Org tendo en conta as últimas actualizacións e aplicando parches personalizados no código para as compilacións con MinGW e Pthreads-Win32. Xming está licenciado baixo GNU GPLv2.

Máis información do proxecto:
http://www.straightrunning.com/XmingNotes/
  

» XliveCD permite aos usuarios de MS Windows conectarse aos computadores remotos *NIX, executar aplicacións gráficas e dispoñer do contorno de escritorio remoto dende escritorio local. O software pode executarse dende o CD sen precisar instalación. XliveCD foi creado polos servizos de tecnoloxía da universidade de Indiana para facilitar aos usuarios de MS Windows a súa investigación.
Máis información do proxecto:
http://xlivecd.indiana.edu/

 

» Cygwin/X porta o sistema X Window para a plataforma MS Windows. Cygwin/X consiste dun servidor X, bibliotecas X e a maioría dos clientes X estándar, tales coma xterm, xhost, xdpyinfo, xclock e xeyes. Cygwin/X, tal e como o nome indica, emprega o proxecto Cygwin o cal proporciona o API estilo UNIX para Xlib e clientes X.
Máis información do proxecto:
http://x.cygwin.com/

http://www.mancomun.org/images/stories/apache_feather.png Recentemente liberouse Apache Maven 1.1. Maven é unha ferramenta de xestión de código aberto para desenvolvedores que empregan Java.

Nesta nova liberación resolvéronse algúns erros e fixéronse algunhas modificacións de seguridade. Esta versión 1.1 é, salvo en contadas ocasións, compatible con Maven 1.0.

Maven corre baixo sistemas operativos baseados en Unix, incluíndo Linux, Mac Os X, así como en Windows 2000/XP…

Os detalles completos desta versión pódense ler nas notas da liberación

Fonte:
http://www.linux.com

Hoxe saíu publicada no DOG a convocatoria conxunta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Innovación e Industria dos PREMIOS A RECURSOS EDUCATIVOS PARA A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN 2007.
 
As Direccións Xerais de Promoción Industrial e da Sociedade da Información e a de Ordenación e Innovación Educativa queren, con estes premios de importante dotación económica e divididos en varias modalidades, promover a creación e divulgación de contidos dixitais de calidade na rede, impulsar o coñecemento do Software Libre por parte da comunidade educativa e recoñecer e valorar o esforzo do profesorado na adopción das tecnoloxías de información e comunicación no seu traballo cotián.
 

As modalidades nas que se poderá participar son as seguintes:

A- Ferramentas de autor
B- Materiais curriculares web
C- Galerías de imaxes e vídeos didácticos
D- Aplicacións de Software Libre ( usando como plataforma de desenvolvemento A Forxa de Mancomun.org).

Destinaranse 52.000 euros aos premios, cuns primeiros premios de 6000 euros nas modalidades A,B,D e de 3000 euros na modalidade C. Poderá participar, a nivel individual ou en grupo, o profesorado de centros non universitarios sostidos con fondos públicos.

O prazo de participación comenzará mañá e rematará o 15 de setembro.

http://www.mancomun.org/components/com_extcalendar/upload/5e51_curso_paxinas_web.jpg
O concello de Mugardos e a Rede de Dinamización están facendo un gran traballo á hora de promover o Software Libre entre os seus habitantes. Así temos que no concello de Mugardos está organizando/organizou as seguintes actividades: 

 

 

  • Curso de construción de páxinas web:
    • O 25 de xuño abriuse o prazo de inscrición para o curso de construción de páxinas web no Concello de Mugardos.

      O Concello de Mugardos en colaboración coa Rede de Dinamización, abre a inscrición para o curso de construción de páxinas web, que conta cunha duración de 40 horas. As ferramentas que se utilizarán neste curso serán Software Libre.

      O prazo para dita inscrición será até o 29 de xuño, na Axencia de Desenvolvemento local do Concello de Mugardos, no 2º andar de dito concello.

      Para máis información chamar ao teléfono: 671693008.

 

Con esta actividade preténdese, por unha banda, diminuír a fenda dixital achegando a Sociedade da Información á cidadanía a través de ferramentas de Software Libre en galego.

Por outra banda, preténdese mellorar os parámetros produtivos e sociais das empresas galegas introducindo e afondando no uso das ferramentas de Software Libre máis implantadas e complementándose coa formación en áreas menos desenvolvidas, pero de interese estratéxico para a mellora da súa competitividade.

  • Cursos de formación específica:
    • Cursos de formación específica realizados pola Consellaría de Innovación e Industria,o CESGA e o Concello de Mugardos.

      Desde o 28 de maio até o 11 de xuño, pódense anotar a ditos cursos de formación específica. Unha vintena de cursos, de curta duración, onde se traballará con ferramentas libres así como co Software Libre en concreto.

  • Ubuntu na aula Francisco Vizoso:
    • O pasado día 23 de maio, na aula de formación Francisco Vizoso da parroquia de Franza no Concello de Mugardos, realizouse a partición do Linux/Windows. A distribución instalada foi Ubuntu.

      Con isto preténdese achegar o Software Libre á poboación, que coñezan o seu uso, as súas vantaxes e abrirse un novo campo no mundo nas novas tecnoloxías.

 
Engadido á “Axenda de eventos“. 
 
Máis información na páxina:
https://dinamiza.sociedadedainformacion.eu  

Desde o día 9 de xullo, a Rede de Dinamización da Sociedade da Información en colaboración co Concello de Verín están organizando un obradoiro de [[OpenOffice.org]] Verín.

O obradoiro ensinará ao alumnado o manexo básico do procesador de textos OpenOffice.org Writer, coma alternativa ao software propietario. 

O obradoiro terá unha duración de 25 horas e está programado para empezar o 9 de xullo en horario de 16:30 a 18:30, e desenvolverase na Aula Multimedia da Casa da Xuventude, impartido polo dinamizador da Rede do concello de Verín. O número de prazas é limitado polo que se cubrirán por orde de inscrición…

Evento engadido á “Axenda de Eventos “. 

Máis información na nova orixinal:
https://dinamiza.sociedadedainformacion.eu

SCOPE Alliance formouse en xaneiro de 2006 polas empresas Alcatel, Ericsson, Motorola, NEC, Nokia e Siemens para promover a adopción do software de código aberto, e o hardware commodity en entornos de grado carrier como alternativa as plataformas Unix propietarias.

Red Hat contribuirá ao proceso de definición de requirimentos desenvolvido por SCOPE Alliance ademais serve como punto de contacto coa comunidade de desenvolvemento de código aberto para establecer unha orde de prioridades das características de grao carrier, os roadmaps e os tempos de entrega.

No mundo das telecomunicacións o grao carrier Linux (CGL) enténdese como un conxunto de especificacións que detallan os estándares de dispoñibilidade, escalabilidade, manexabilidade e características de resposta do servizo para que se considere que Linux está listo para o uso dentro do mundo das telecomunicacións.

 

Fonte:

http://www.laflecha.net/canales/softlibre/noticias/red-hat-se-une-a-scope-alliance?from=rss

 

Acabamos de engadir outro evento á nosa “Axenda de eventos”. Desta vez trátase dun obradoiro de iniciación á ofimática en Software Libre que se celebrará entre o próximo 16 de xullo e o 3 de agosto.

O curso celebrarase no Centro Comarcal de Terras de Trives, e usarase como ferramenta ofimática o OpenOffice.org.

Os contidos do curso incluirán:

  • O espazo de traballo desta suite ofimática
  • O procesador de textos “Write”
  • A folla de cálculo “Calc”
  • Presentación multimedia con “Impress”

O prazo de inscrición estará aberto até o día 10 de xullo e o obradoiro ten establecido un límite de prazas de 15… 

Máis información no evento completo da axenda:
Axenda de eventos
 
Podes atopar máis información sobre estas actividades da Rede de dinamización na súa web:
https://dinamiza.sociedadedainformacion.eu

PandoraPandora FMS son un conxunto de programas libres con licenza GPL que permiten analizar de xeito visual o estado e a actuación de varios parámetros de diferentes sistemas operativos, servidores, aplicacións e sistemas de hardware coma firewalls, proxies, bases de datos, servidores webs ou routers. E todo integrado nunha arquitectura aberta e distribuída.
 
Nesta nova versión inclúe o novo servidor Pandora FMS Recon Server. 

Algunhas das características son:

  • Recepción de traps SNMP con consola en tempo real.
  • Sistema integrado de alertas: envío de correos, execución de scripts de usuario, envío de SMS, ou simplemente escribir nun syslog son algúns exemplos.
  • Sistema integrado de informes gráficos para calquera tipo numérico de dato.
  • Granularidade de acceso e perfilado de usuarios para cada grupo e usuario.
  • Auditoría interna integrada para calquera operación.
  • Filtrado e refinado de alertas para evitar falsos positivos.
  • Sistema de eventos con revisión manual deseñada para traballar en equipos de operación.
  • Sistema integrado de incidencias con fluxos e diferentes perfís para traballo en diferentes equipos.
  • E moitas máis…

Vemos anunciadas na páxina de OUSLI as “II Xornadas de Software Libre en Monforte de Lemos“:

“Durante os días 29 e 30 de xuño, terán lugar en Monforte de Lemos as II Xornadas de Software Libre.

Nas Xornadas participará OUSLI dando dúas charlas, polo que agradecemos á organización que pensaran en OUSLI para participar no evento.

Animamos a toda a xente que poida a participar sobre todo á xente de Ourense que lle queda relativamente preto Monforte. É outra posibilidade máis de achegarse ao software libre. “

As xornadas están organizadas polas dinamizadoras tecnolóxicas da Sociedade da Información do concello de Monforte de Lemos.

Podes ver a axenda completa do curso premendo en “Ler máis”. 

A axenda completa da xornada é a seguinte:

  • Venres 29 de Xuño:
    • 17:45: Presentación das xornadas.
    • 18:00: Aproximación ao Software Libre.
    • 19:30: Pausa-café.
    • 20:00: As posibilidades do Software Libre.
  • Sabado 30 de Xuño:
    • 10:00: Directrices migratorias.
    • 11:00: O que fago en Windows, o fago en GNU/Linux
    • 11:45: Pausa-café.
    • 12:15: O camiño para os novos modelos de negocio con Software Libre.
    • 13:00: Mesa-debate.
    • 14:00: Pausa-comida.
    • 17:00: Filosofía do proxecto Trisquel.
    • 18:00: Taller con LIVE-CD.
    • 18:30: TPV para empresarios baixo Sofware Libre.
    • 19:15: Pausa-café.
    • 19:45: Presentación da mascota “DIPBOT”.
    • 20:15: OpenOffice.org; a liberdade na túa oficina.

Evento engadido á “Axenda de eventos” de mancomun.org. 

Podes ver toda a información e o tríptico das xornadas na súa fonte orixinal
http://ousli.org/

http://www.mancomun.org/images/stories/chumby.gifChumby é un dispositivo wifi compacto e totalmente personalizable, do tamaño dun despertador, que visualiza información da internet: novas, fotos, música, o tempo, blogs,…
Chumby conta con complementos (widgets) que poden ser engadidos ao dispositivo proporcionando novas funcionalidades. No wiki do produto explícase como personalizar calquera das características de Chumby tanto a nivel de hardware como software. 

Chumby é un dispositivo baseado en GNU/Linux que funciona cun procesador ARM a 350 MHz, inclúe 32 Mb de SDRAM, 64 Mb de Nand Flash ROM, ten unha pantalla táctil LCD de 3,5 polgadas cunha resolución de 320 x 240 píxeles, 2 altofalantes, saída de son, micrófono e conectividade Wi-Fi.

 

Fonte: Código Cero

DokuWikiO DokuWiki dispón dunha nova versión e conta coa súa correspondente versión en galego. A tradución galega do dokuWiki, está dispoñible na ferramenta de tradución da Ciberimandade da Fala TraduCIF actualizada á versión rc2007-05-24. DokuWiki é un wiki sinxelo, de código libre baixo licenza GPL, pensado para grupos de traballo en xeral, de doado uso e sintaxe sinxela, e non require bases de datos.

{mosimage}

Segundo a información do proxecto Debian, por fin a UDC é espello oficial da distribución de GNU/Linux Debian e como tal xa aparece nas listaxes de espellos oficiais de descarga.

Debian GNU/Linux é unha das distribucións máis usadas, xa sexa a través doutras distribucións derivadas, como Ubuntu, ou ben a propia Debian…
O enderezo do espello é o seguinte:

ftp://ftp.udc.es/debian  

O espello de Debian ocupa aproximadamente 200 gigas sen contar as imaxes de CD; normalmente a distribución non se grava completa a CD se non que se realiza unha instalación por rede mediante o uso da ferramenta apt, que permite descargar os paquetes necesarios desde o espello elixido.

Desde a OSL (Oficina de Software Libre) recoméndase que se descargue e use de espello o protocolo [[ftp]].

Fonte: Oficina de Software Libre

http://www.mancomun.org/images/stories/rightwebpage.jpgRightWebPage é un software para verificar e corrixir moitos aspectos de conformidade de sitios web co Estándar Internacional ISO/IEC 23026:2006 – Software Engineering (un conxunto de prácticas recomendadas para sitios de internet, enxeñería, xestión e ciclo de vida dos sitios web que se basean nas do [[W3C]] e nas dos principais desenvolvedores da industria).

As principais características do software son:

  • Verificación dunha páxina simple ou de todo un sitio.
  • Validación HTML contra os DTD do W3C e dos esquemas previos do WHATWG (X)HTML5.
  • Comprobación automática e corrección de moitos aspectos de conformidade das mellores prácticas internacionais.
  • Visualización dunha instantánea coa codificación dada (elección do axente de usuario para ver como quedaría a páxina nese navegador).
  • Verificación completa das ligazóns. Incluso os cambios de dirección ocasionados por malas redireccións son detectados empregando un especial.
  • Corrección automática das dimensións, largura e alto, das imaxes para que os navegadores teñan unha mellor resposta.
  • Corrección automática das etiquetas meta coma o idioma por defecto e meta datos.

O software está dispoñible para GNU/Linux, MacOS e MS Windows.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal