Mancomún

Tiny ERP e Axelor veñen de anunciar o novo cliente web para Tiny ERP baseado en tecnoloxía Ajax. Ademais, a compañía Tiny liberou unha nova versión, a 4.2.1, con moitas novas melloras e revisións nos seus módulos.

O novo cliente web permitirá aos usuarios conectarse, dun xeito sinxelo con calquera navegador e sen precisar instalar ningún tipo de software adicional, ao servidor de Tiny ERP.

“Tiny ERP é un completo sistema ERP e CRM. Ten compoñentes separados en cliente e servidor que se interconectan mediante interfaces XML-RPC e SOAP. Entre as suas características están a contabilidade analítica, contabilidade financeira, xestión de almacéns/inventario, xestión de vendas e compras, automatización de tarefas, campañas de mercadotecnia, axuda técnica e punto de venda.” [Wikipedia]

Tiny ERP pódese integrar con outros software existentes coma: Joomla, ezPublish, OSCommerce, LDAP, OpenOffice, …

Os módulos, os clientes (web e GTK) e o servidor están dispoñibles e poden ser descargados.

O Concello de Barcelona, co fin de axudar e promocionar o software libre, elaborou uns folletos publicitarios en liña que falan sobre a filosofía do código aberto e do máis interesante que ten. Tamén hai un espazo para comentar as diferentes aplicacións, como poden ser OpenOffice, Firefox, Gaim, Gimp, GNU/Linux… e nel se ensina a instalar o Ubuntu.

Estes folletos de software libre, que teñen unha licenza Creative Comons, están en catalán e pódense descargar desde a ligazón

.

Fonte:

http://www.dosbit.com/2007/06/13/el-ayuntamiento-de-barcelona-promociona-el-software-libre/

Linspire acaba de sacar un novo xestor de paquetes chamado Opium, (Optimal Package Install/Uninstall Manager) que ten como obxectivo solventar todas as dificultades á hora de instalar un paquete, como por exemplo dependencias sen resolver, ademais de buscar a mellor solución para o usuario como por exemplo, descargar o ficheiro menos voluminoso desde Internet.

O equipo de desenvolvemento de Opium afirma ter feito unha proba de rendemento comparativo co apt-get de Debian cun total de 600 descargas de paquetes e, de media, Opium obtivo un mellor rendemento.

Seguindo coa exposición dun dos principais técnicos implicados no proxecto, segundo os responsables de Opium, apt-get sofre dun problema que fai que ás veces non proporcione ao usuario unha solución de instalación dun determinado paquete polo fallo na resolución de dependencias. En Opium buscouse que se existe unha solución instalable, o software a atope.

Opium foi presentado na pasada ICSE’07, a Conferencia Internacional de Enxeñaría do Software, e naceu coma unha iniciativa no marco de Linspire para estender o seu sistema de instalación de software CNR a outras distribucións.

 Fonte: Noticiasdot.com

http://www.mancomun.org/images/stories/eyeos.png Segundo a noticia aparecida no blogue http://wwwhatsnew.com, o software MyBooo presuntamente copiou o código do software EyeOS v0.9 (GPL), modificouno, borrou copyrights e non  distribúe o código fonte, nin o modificado nin o orixinal, rompendo así a licenza GPL.

No citado blogue, aparece un extracto do correo dun desenvolvedor de EyeOS explicando e demostrando con capturas de pantalla como o software MyBooo está baseado no EyeOS…

Recordamos que EyeOS é unha contorna de escritorio web baseado en Software Libre, tamén coñecido como sistema operativo web ou oficina virtual. Con  eyeOS podes organizarte, traballar e divertirte en calquera parte, usando o teu escritorio web totalmente personalizado.

Tres xoves cataláns son os creadores deste proxecto, eyeOS, que permite escribir documentos ou escoitar cancións sen un editor de textos ou un reprodutor de música no ordenador.

 

Pode ver a noticia completa, con máis información, comentarios por parte do desenvolvedor de EyeOS, na súa fonte orixinal en:
http://wwwhatsnew.com 

Visto tamén en:
http://meneame.net/story/mybooo-copia-rompe-licencia-eyeos

Ciberirmandade da FalaA Ciberirmandade da Fala despois de meses de traballo anuncia o lanzamento da versión oficial dos foros phpBB3 en galego. A tradución de máis de 4.500 liñas foi realizada por voluntarios. A isto hai que engadirlle o traballo feito con outros moitos textos fóra do código, a dispoñibilidade de imaxes traducidas, e todo o labor de comunicación realizado entre os programadores do proxecto e a CiberIrmandade.
 

O traballo da Ciberimandade na promoción da lingua galega inclúe unha importante actividade na tradución de Software Libre.
O 22 e 23 de xuño celebraranse, no centro IES Lois Peña Novo, unhas xornadas de Software Libre destinadas a usuarios domésticos e PEME.

A entrada é libre, pero convén inscribirse con tempo para facer previsión dos materiais a entregar nas xornadas.

http://www.mancomun.org/images/stories/cartel_vilalba.jpg
Evento engadido á axenda de eventos  

openXpertyaSegundo cinco estudos independentes, realizados por diversos organismos locais dependentes de varios gobernos autonómicos locais españois e diversas universidades de España, Arxentina e México, openXpertya é un ERP de Software Libre en castelán coa maior rede de soporte profesional e está situada no grupo de cabeza dos de maior madurez. Esto último non é raro ao estar ademais entre os ERP de Software Libre en castelán máis veteranos.

Fonte: openXpertya

Despois do lanzamento da versión 2.0 estable, o proxecto openXpertya está a traballar na estrutura colaborativa e de soporte, así como no seu catálogo de opcións formativas. Na páxina web do proxecto pódese atopar información detallada dos cambios que se están levando a cabo.

Wengophone é un cliente VoIP SIP para a comunicación de son e de vídeo directamente entre dous PC que tamén ofrece chamadas a teléfonos fixos ou móbiles e o envío de mensaxes curtas a cambio duns créditos previamente mercados. A súa licenza é GNU GPL2. Ten unha interface moi amigábel e bastante parecida á de Skype.

Soporta os protocolos de mensaxaría instantánea Jabber, AIM/ICQ, Yahoo, MSN e GTalk. Ten soporte tanto para GNU/Linux como para Windows ou MacOS.

Ligazón: http://openwengo.com

O Consello de Goberno da Universidade de Zaragoza aprobou unha declaración institucional sobre “Software Libre e de fontes abertas” na cal defende que o uso do Software Libre achega “independencia e interoperabilidade” para o funcionamento dos sistemas de información.

A devandita universidade aposta por “fomentar e desenvolver” o Software Libre como filosofía na comunidade universitaria, xa que “responde a valores propios da institución, como son a investigación, a innovación e o traballo en colaboración”. A institución académica destaca que o seu uso lle garante á Universidade “a independencia tecnolóxica fronte a terceiros”, así como amplas posibilidades de colaboración e de desenvolvemento con outros axentes…

Alén diso, a entidade académica aragonesa poderá empregar “un programa específico xa desenvolvido por outras persoas ao dipor do código fonte e ao ter a capacidade para o analizar, modificalo, redistribuilo e executalo, en cantos ordenadores desexar”. Ademais, a universidade aragonesa formula a creación dunha oficina técnica de software libre como punto de referencia, de información e de coordinación, e a posta en marcha dun servidor de aplicacións baseado en programas de fonte aberta.

Ligazón:
http://www.canalsur.es/

Linus Torvalds non está realmente convencido de que a terceira versión da Licenza Pública Xeral (GPLv3) sexa unha boa nova mais, desta vez, cando menos, vea cunha opinión algo máis favorable. “Sigo pensando que a 2.ª versión da LPX (GPLv2) é, simplemente, a mellor licenza” asegurou Torvalds nunha mensaxe a unha listaxe de correo a desenvolvedores do núcleo. O núcleo (ou “kernel”) é a base do sistema operativo, o que permite que este funcione, porén non o é todo; estímase que o 80% dos proxectos de Software Libre están baixo a LPX…

 
Os desacordos de Torvalds coa 3.ª versión da LPX foron mInguando estes últimos meses coas sucesivas revisións, mais agora que nos atopamos fronte a última, segue a ter a súas reservas: “Impresionoume o feito de que o último borrador non é mellor que os desastrosos borradores anteriores” comentou.

Linus tamén descartou a hipótese de que o núcleo usase unha licenza dual e permitirlles aos usuarios e aos distribuidores escoller entre a 2.ª e a 3.º versión da LPX, ao describilo como “indesexáble e tecnicamente complicado” mais, cando menos, posíble “en teoría”.

De momento ningún dos principais distribuidores se apoiou a 3.ª versión da LPX, aínda que non saíu de forma oficial. Sun, unha das que máis apoio deu, deixou entrever que poderían escoller esta licenza para o seu próximo sistema operativo Solaris.

Ao lle preguntar pola posibilidade de que Solaris tivese a 3.ª versión de LPX, Torvalds comentou que non cría que esta versión fose tan boa como a segunda mais, por outro lado, se fose posíble ter dous núcleos con dúas licenzas diferentes sen ningún tipo de fricción entre elas, a elección da terceira versión sería lóxica. “En todo o caso, non vexo motivo para a adoptar”, salientou. A 3.ª versión da LPX está xa na súa fase final e está previsto que a versión se publique a finais deste mes.
 
Ligazón á nova orixinal:
http://es.theinquirer.net/2007/06/12/a_torvalds_sigue_sin_convencer.html
A comunidade investigadora sobre Software Libre do [[MIT]] (Massachusets Institute of Technology) pon a disposición pública numerosos artigos sobre o impacto do Free Software na industria. Os contidos das publicacións van dende os tipos de licenzas a modelos de negocio pasando por casos de implantación.
 
O espírito da iniciativa é invitar a calquera investigador que queira a publicar os seus traballos sobre Software Libre a través do seu portal.
 
Páxina web do proxecto do MIT: http://opensource.mit.edu/home.html  

Glom é un software de deseño e creación de bases de datos, incluíndo a propia base de datos así coma a interface de usuario.

Con Glom podes definir as táboas, as relacións entre as mesmas, ten unha interface moi parecida ao software FileMaker, pero coa diferencia de que o servidor de base de datos non vai incluído co software. Relativo ao servidor, dicir que traballa con servidores PostgreSQL, coa limitación de non poder modificar as bases de datos que se crearon con Glom…

Características de Glom:

  • Glom ten características de alto nivel como relacións, consultas, campos relacionados, rexistros relacionados, campos propios, buscas, informes, usuarios e grupos.
  • Permite campos numéricos, de texto, data, booleano e campos de imaxe.
  • Non require de case ningún programa, pero podes usar Python para campos persoais ou botóns.
  • Glom pode ser traducido a múltiples linguas e países.

Máis información na páxina oficial do proxecto:
http://www.glom.org/

UDCA Universidade da Coruña instalará OpenOffice.org nos computadores do seu personal de administración e servizos (PAS). Para unha mellor adaptación a esta aplicación a universidade ofrece un curso sobre este conxunto de aplicacións ofimáticas a todos os seus PAS que terá lugar do día 18 ao 29 deste mes. A UDC na súa anterior convocatoria de emprego público esixía coñecementos de OpenOffice.org polo que Mancomun.org proporcionoulle máis de 500 CD á UDC para que os repartise entre os opositores.

Esta iniciativa vai ligada ao compromiso e interese da UDC no Software Libre. Actualmente participa na iniciativa Mancomun.org xestionando A Forxa. Ademais conta tamén cunha Oficina de Software Libre .
http://www.mancomun.org/images/stories/ubuntu.png Felipe Gil, coordinador oficial da tradución de Ubuntu ao galego, comenta na lista de “Ferramentas e estratexias de tradución ao galego” en mancomun, que xa se pode comezar a tradución da próxima versión de Ubuntu, que se chamará “Ubuntu 7.10 (Gutsy Gibbon).”
 
A páxina para traducir esta versión está na seguinte ligazón:
https://translations.launchpad.net/ubuntu/gutsy/+lang/gl
 
No anuncio de Felipe Gil tamén se comenta que vai existir de novo o “Daily language pack”, que é un repositorio de onde se podan descargar os paquetes de idioma actualizados ao día (coas traducións que estean na interface web). Deste xeito os tradutores poden ver como queda o seu traballo na aplicación final.

Innotek GmbH anunciou a versión 1.4.0 do software de virtualización que liberou o pasado mes de xaneiro. Esta nova versión agrega soporte para Red Hat Enterprise Linux 5 (RHEL5) e Xandros Desktop 4.1.

Outras características desta nova versión son: 

  • Sincronización do portapapeis.

  • Un novo contorno gráfico.

  • Soporte para 12 idiomas.

  • Soporte nativo de imaxes de VMWare (VMDK)

  • Mellora o desempeño de instancias de FreeBSD e OpenBSD virtualizadas.
  • Soporte para a arquitectura de 64 bits no anfitrión.

VirtualBox está dispoñible para a súa execución en sistemas Windows e Linux de 32-bits (aínda que tamén hai unha versión beta para MacOS X) e é capaz de virtualizar Windows, Linux (versión do núcleo 2.x), OS/2 Warp, OpenBSD e FreeBSD.

VirtualBox soporta virtualización VT-x para o hardware de Intel, e, de xeito experimental, virtualización AMD-V para o hardware de AMD.

Podes descargar VirtualBox para as distintas distribucións de GNU/Linux dende as ligazóns:

Fonte: http://www.virtualbox.org/wiki/News

GNUCashO equipo de desenvolvemento GnuCash anunciou fai uns días unha nova versión que vén coa novidade de ter portado por completo o software para a plataforma MS Windows. GnuCash xa estaba dispoñible para GNU/Linux, *BSD, Solaris e Mac OSX. Esta versión está destinada a desenvolvedores e beta-testers que queiran axudar na corrección de erros.

Nesta versión redeseñouse o planificador de transaccións, mellorouse a impresión para os novos formatos e outras características.

GnuCash 2.1.x pódese descargar dende gnucash.org, tamén en sourceforge, xunto co código fonte. Para o sistema operativo MS Windows conta cun programa instalador (self-installing) que inclúe todas as bibliotecas necesarias.

Descargar GnuCash dende:
http://www.gnucash.org/pub/gnucash/sources/unstable/2.1.x/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal