A USC, co apoio da Xunta de Galicia, está a deseñar a creación dunha Oficina de Software Libre na USC, que será operativa no presente curso académico.
Mes: Xaneiro 2008
Visto en Agnix:
“O proxecto de tradución de KDE ao galego, integrado no proxecto Trasno, tenta adaptar o contorno KDE á poboación galegofalante mediante a tradución da interface e da documentación. Na actualidade están traducidas máis do 83 % das cadeas contidas nas aplicacións do novo KDE 4.
Podes ollar o resultado do seu traballo aquí. “
Dende o Observatorio Tecnolóxico do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía están dispoñibles cursos e tutoriais completos: Moodle, Inkscape, Drupal, FreeNX, Iniciación ao sistema operativo GNU/Linux, distros GNU/Linux de Comunidades Autónomas, Utilización de GNU/Linux en contornos seguros (Live CD), Máquinas Virtuais VirtualBox, QEmu (e outras), Introdución a Ubuntu GNU/Linux , GRUB, Compilación do Kernel, Contornos de escritorio GNOME e KDE, estrutura do sistema de ficheiros de GNU/Linux, e moitos máis.
Un gran traballo dos autores, na súa maioría profesores de secundaria, e unha gran iniciativa que xa leva varios anos de andaina.
O Observatorio Tecnolóxico é un espazo de colaboración para o profesorado baseado na observación da tecnoloxía informática, tanto a nivel de hardware como de software, para, mediante a súa análise e estudo, aplicala nos niveis educativos non universitarios.
O grupo de destinatarios está formado por docentes, cun nivel de usuario avanzado e que teñen ou poden ter responsabilidades nos equipamentos dos seus centros, como administradores de aulas, coordinadores de actividades con soporte informático, … ou que simplemente aplican de xeito habitual as novas tecnoloxías nas súas clases e requiren algo máis das mesmas para seguir experimentando con elas.
Fonte: DiarioLinux
Estas son as principais novidades:
- Soporte para o xogo Lure of the Temptress
- Outros sete novos xogos soportados:I Have non Mouth, and I Must Scream, Elvira 1 e 2, Waxworks, e 3 xogos infantís de Sierra.
- Agora hai versións de ScummVM para iPhone e Maebo.
- Soporte da versión para MAC de The Legend of Kyrandia e a versión para Amiga de Nippon Safes.
- Mellor soporte para os xogos co motor AGI de Sierra.
- Mellorado o soporte para sistemas de 64 bits.
- Soporte para música en formato FLAC para Broken Sword 1.
- Mellor soporte para os xogos dispoñibles en idiomas diferentes do inglés.
- Compresión de son para os xogos co motor SAGA.
Fonte: Linuxjuegos.com
É o único proxecto estratéxico de carácter nacional para impulsar o coñecemento e uso do software de fontes abertas ou libre, estando aberto á participación administracións públicas, empresas, universidades, grupos de I+D+i, usuarios e desenvolvedores deste tipo de tecnoloxías.
O Executivo conta xa coa colaboración dos axentes sociais do Principado, os sindicatos UXT e CC OO e a Federación Asturiana de Empresarios, a través do Acordo para a Competitividade, o Emprego e o Benestar de Asturias. Ademais, entrou en contacto con organizacións como a asociación de usuarios asturianos do Software Libre AsturLinux e o Cluster TIC.
Fonte: OpenIdeas.info
Sun pagará aproximadamente 800 millóns de dólares en metálico polas valores de MySql e asumirá uns 200 millóns de dólares en opcións. Agardan que a transacción estea pechada no terceiro ou cuarto trimestre do ano fiscal 2008 de Sun.
Este anuncio reafirma a posición de Sun como provedor destacado de plataformas para a web e o seu rol como o maior contribuidor comercial do open source.
Logo de rematar a transacción, MySQL integrarase en Sun’s Software, Sales and Service e Marten Mickos, Ceo de MySQL pasará a formar parte do equipo executivo senior de Sun. Durante o proceso, formarase un equipo con representantes de ambas compañías para desenvolver os plans de integración.
Fonte: Sun
Máis información : MySql
Synovel Techologies vén de publicar a versión 0.4 de Spicebird, a primeira versión dispoñible para o público do seu xestor de información persoal baseado en Mozilla. Spicebird integra Thunderbird, Lightning e XMPP para proporcionar unha solución de correo electrónico, calendario, mensaxería instantánea e outras ferramentas de comunicación nun só produto. Spicebird simplifica a comunicación entre os usuarios ao proporcionar acceso ás diversas ferramentas de colaboración nunha única solución.
A última versión (0.4) engade algunhas características de integración sumadas aos compoñentes principais para converterse nunha ferramenta de comunicación máis eficiente.
Por exemplo, Home é unha vista ao estilo cadro de mandos que se pode personalizar para engadir calquera dos cinco miniprogramas (applets), dispoñibles:
- Correo, unha pequena vista preliminar de mensaxes no teu cartafol seleccionado.
- Canles web, unha lista de artigos de canles web (RSS) que mostra o artigo completo cando moves o cursor por riba.
- Axenda, unha vista de próximos eventos.
- Calendario, que mostra o mes actual resaltando os días con eventos.
- Data e Hora, que permite engadir todos os reloxos que queiras, cada un deles mostrando a hora nunha cidade diferente.

Pantallazo do Home de SpiceBird
Spicebird está dispoñible para descarga dende a seguinte ligazón:
Fonte: Mozilla Links
Os administradores de sistema poden utilizalo para verificar a presenza de posibles aplicacións non autorizadas executándose no servidor. Pódese usar entón para auditar a seguridade dunha rede, mediante a identificación de todo novo servidor que se conecte
Algunhas das súas características son
- Descubrimento de servidores
- Identifica portos abertos nun computador
- Determina que servizos está executando
- Determinar que sistema operativo e versión utiliza dita computador
- Obtén algunhas características do hardware
Descarga: Nmap
A Universidad de Zaragoza presenta oficialmente hoxe a súa recen creada Oficina do Software Libre.
A creación desta oficina responde á declaración institucional sobre o fomento e o desenvolvemento do Software Libre e de fontes abertas na comunidade universitaria, aprobada no Consello de Goberno da Universidade de Zaragoza o pasado Xuño. Nesa declaración afirmábase que o Software Libre “respondía a valores propios da institución, como son a investigación, a innovación e o traballo colaborativo”.
Esta oficina pretende cubrir a necesidade de coordinar os esforzos que a Universidade viña realizando en materia de Software Libre e estándares abertos nestes últimos anos. As principais apostas neste eido foron as distribucións GLUZ , a posta en marcha de Moodle, a creación de Unizar.es, o desenvolvemento de software para as probas de acceso, o correo electrónico institucional e “Hermes “.
Fonte: Universidade de Zaragoza
O novo GNOME Slackbuild (GSB), orixinalmente baseado no proxecto Freerock GNOME, ofrece o último escritorio GNOME 2.20.3 para a distribución Slackware. Acaban de lanzar a primeira versión candidata, así que non se trata dun versión estable. GSB tamén inclúe un sistema completo para construír GNOME dende as suas fontes. Ademais soporta e ofrece paquetes binarios para as versión de 64 bits de Slackware, como Slamd64.
A ferramenta de instalación de paquetes empregada por GSB é slapt-get, que intenta emular as funcionalidades do apt-get de Debian.
Os paquetes binarios están dispoñibles para Slackware 12.0 que ademais debe cumprir con estas dependencias:
- gnome-icon-theme: ( >= 2.20 for gnome-desktop 2.20)
- glib2: ( > 2.14 required by gtk+2 2.12)
- pango: ( > 1.18 required by gtk+2 2.12)
- gtk+2: ( >= 2.12 required for libgnomeui 2.20.0)
Fonte:http://vivalinux.com.ar/desktop/gnome-2.20.3-para-slackware.html
O paquete atópase nos repositorios de Ubuntu e para instalar basta con executar nun terminal:
sudo aptitude install gmountiso
Despois buscas a aplicación en Aplicacións >> Ferramentas do Sistema >> Gmount-Iso
Fonte: AGNIX
A Comunidade de KDE vén de anunciar a dispoñibilidade de KDE 4.0.0. Esta significativa versión marca tanto o final do longo e intensivo período de desenvolvemento que leva a KDE 4.0 como o principio dunha nova era.
As bibliotecas de KDE 4 foron obxecto de grandes melloras na maioría de áreas. O framework multimedia Phonon proporciona soporte multimedia independente da plataforma a todas as aplicacións KDE. O framework de integración de hardware Solid fai a interacción con dispositivos (extraíbles) máis fácil e proporciona ferramentas para unha mellor xestión da enerxía. O Escritorio KDE 4 obtivo algunhas novas funcionalidades principais.
O xestor de escritorio Plasma ofrece un novo interface de escritorio, incluíndo panel, menú e compoñentes no escritorio, así como unha función de cadro de mandos. KWin, o xestor de fiestras de KDE, agora permite avanzados efectos gráficos para facilitar a interacción coas fiestras. Moitas das Aplicacións KDE foron melloradas. Melloras visuais mediante o uso de gráficos vectoriais, cambios nas bibliotecas de niveis inferiores, melloras no interface de usuario, nova funcionalidade, ata novas aplicacións. Okular, o novo visor de documentos e Dolphin, o novo xestor de arquivos son só dúas aplicacións que mostran a nova tecnoloxía de KDE 4.0.

Efectos de escritorio en KDE 4
A Guía Visual de KDE 4.0 proporciona un breve resumo de varias das novas e melloradas tecnoloxías de KDE 4.0. Ilustrada con multitude de capturas de pantalla, lévache a través das distintas partes de KDE 4.0 e mostra algunhas das fascinantes novas tecnoloxías e melloras para o usuario. Comezas coas novas características do escritorio, sendo presentadas despois aplicacións como System Settings, o visor de documentos Okular e o xestor de arquivos Dolphin. Tamén se mostran aplicacións educativas, así como xogos.
Fonte: KDE
Ligazóns con máis información e referencias:
- Howto KDE 4 [Ousli]
- Como instalar KDE 4 en Kubuntu [Ubuntu tutorials]
Escrito en [[GTK]] e [[C#]], permítenos elixir o número de pezas no que queremos partir o ficheiro, o tamaño de devanditas pezas e o formato de saída destes. Manexa as seguintes extensións:
- Astrotite
- Axman 3
- Easy File Splitter
- File Splitter
- ….
- Genérico
- Hacha (1, 2 y Pro)
- KamaleoN (1 y 2)
- MaxSplitter
- SplitFile
- Zip
Atópase dispoñible en tres formatos para a súa instalación (bin, tar, deb), e pódese descargar desde Sourceforge. Dalle pódese instalar tanto en sistemas de 32 bits (x86), como nos de 64 (x86_64).
Descarga: Sourceforge.net
Fonte: Fentlinux.com
Engadidas novas tecnoloxías e novos contidos.
- Versións para Solaris e Mac OS X (ppc e intel).
- Nova implementación para o sistema de rede e o de render (para SDL).
- Agora pódese apuntar a obxectivos a diferentes alturas usando a tecla Shift.
- Sistema de correo electrónico
- Arranxáronse fallos.
Descarga: Sourceforge.net
Fontes: Linuxjuegos.com
Os proxectos certificados están escritos en [[C]], [[C++]], e [[Java]]. A lista dos 11 proxectos escollidos é:
Este tipo de certificación creouse para que as empresas poidan seleccionar aplicacións “Open Source” con gran confianza.
Fonte: Logadmin.net

