Mancomún
Martes, 20 Setembro 2022

Pílula sobre Zabbix, solución de monitorización de redes

Vídeo

Zabbix é unha ferramenta de software libre para monitorización de redes. A xestión dunha rede de ordenadores dentro dunha empresa é un dos aspectos principais a ter en conta. A conectividade e o acceso á información, son aspectos clave na organización das empresas modernas en calquera ámbito de actividade.

Zabbix permite monitorizar e rexistrar o estado de varios servizos nunha rede de ordenadores, servidores ou hardware da propia rede interna dunha organización.

Entre as súas características destacan:
– Colección intelixente e altamente automatizada de métricas
– Descubrimento automático
– Detección avanzada de problemas
– Verificación da dispoñibilidade e nivel de resposta de varios servizos como por exemplo servizos web ou de correo.
– Estatísticas como carga da CPU, uso de disco, ancho de banda da rede…
– Permite monitorizar servizos a través de diferentes protocolos.
– Zabbix está dispoñible baixo a licenza de software Libre GPL.
– Predición de tendencias

Podemos descargalo libremente desde a web oficial, e instalalo no servidor da nosa empresa. Tamén podemos probar Zabbix a través do CDTIC Virtual, sen necesidade de instalar nada.

Martes, 20 Setembro 2022

Pílula sobre Facturascripts

Vídeo

FacturaScripts, é un programa sinxelo de utilizar, e ao mesmo tempo, accesible e potente, que permite levar a contabilidade da túa empresa sen esforzo. Pensado especialmente para PEMES, autónomos e asociacións.

Tamén é un excelente programa para facer orzamentos e permite, cun par de clics, convertelos en pedidos, albarás ou facturas, co que aforra tempo de xestión. Conta tamén coa posibilidade da xestión do catálogo de produtos e a xeración automática de asentos contables, ademais dun extenso catálogo de plugins e actualizacións periódicas froito da activa comunidade arredor do proxecto.

Debido a que é accesible mediante unha web, os usuarios terán acceso aos datos, así como plena capacidade de xestión dende calquera dispositivo con acceso a Internet e un navegador web.

Martes, 20 Setembro 2022

Pílula sobre Woocommerce, comercio electrónico

Vídeo

Se necesitas construír un sitio web de comercio electrónico, Woocommerce é unha das plataforma máis populares do mundo, personalizable e de software libre, construída sobre WordPress.

Engadindo o plugin Woocommerce a calquera sitio de WordPress, poderemos crear unha nova tenda en poucos minutos de forma gratuíta e ter estatísticas en tempo real das ventas. Woocommerce é totalmente personalizable, co cal poderás vender desde clases de ximnasia ata coches de luxo.

Poderás engadir características e funcionalidades coas extensións oficiais de Woocommerce desde o seu Marketplace. E tamén poderás dirixir a túa tenda desde calquera lugar do planeta, coa aplicación Woocommerce Mobile para dispositivos móbiles (Android e iOS).

Con Woocomerce poderemos:
– Crea escaparates bonitos e atractivos.
– Personaliza páxinas en cuestión de minutos.
– Xestionar de maneira eficiente as túas operacións comerciais.
– Simplificar o tema dos impostos das vendas.
– Ter métricas de rendemento e un escritorio central potente.
– Dispor dunha comunidade grande e apaixonada.

En resumo, poderemos deseñar un sitio de venda en liña atractivo, profesional e que responda ás necesidades dos nosos clientes, optimizado para dispositivos móbiles e crear o escaparate perfecto para a túa marca sen necesidade de coñecementos informáticos.

Martes, 20 Setembro 2022

Pílula sobre Rocket.chat, centro de comunicacións

Vídeo

Con Rocket.chat poderemos controlar as nosas comunicacións, xestionar os nosos datos e ter a nosa propia plataforma de colaboración para mellorar a produtividade do noso equipo. Rocket.Chat é escalable, gratuíto e software libre, que pode substituír o correo electrónico e mellorar os nosos fluxos de traballo dixital.

Con Rocket.chat poderemos comunicarnos e colaborar nos equipos, compartir arquivos, chatear en tempo real ou cambiar a videoconferencia ou audioconferencia rápidamente. Mellorar a produtividade discutindo e compartindo ideas, proxectos e arquivos co chat en equipo en tempo real ou asincrónico.

Algunhas das súas características son:
– Procuras, posibilidade de audio e videoconferencia, acceso para convidados, compartir pantalla, compartir arquivos, LiveChat, LDAP Group Sync, autenticación de dous factores (2 FA), encriptación E2E, SSO, e ducias de provedores de Oauth.
– Utiliza un sistema de aprendizaxe automática para a tradución automática de mensaxes en tempo real entre os usuarios.
– A interface de usuario foi traducida a máis de 50 idiomas.
– Podemos empregar Rocket.chat directamente desde un navegador, dispón de aplicación de escritorio e tamén de aplicación para móbiles.
– Construído para empresas con altos estándares de seguridade, Rocket.Chat axústase aos estándares das empresas con información ultra sensible co que poderemos ter conversacións seguras.

Martes, 20 Setembro 2022

Pílula sobre PrestaShop, o teu negocio en liña

Vídeo

PrestaShop é unha plataforma de comercio electrónico completa, de software libre, innovadora e eficaz que che permitirá crear a túa tenda en liña e ter o teu negocio na internet.

Con PrestaShop poderemos:
– Elixir un deseño e logo personalizado para a nosa tenda en liña.
– Engadir produtos ao catálogo. PrestaShop ten todo o que necesitas para organizar o teu inventario de produtos e servizos.
– Configurar as formas de pago: Visa, Mastercard, PayPal…, e deixar que os teus usuarios elixan a forma de pago que máis lle conveña.
– Xestionar os pedidos en tempo real, acceder aos datos de envío, editar a factura automaticamente e elixir a empresa coa que se farán os envíos: Correos, Seur, DHL…
– Integrar a tenda no teu propio dominio.
– Disporemos de ferramentas de márketing para aumentar as vendas. Módulos que che permitirán crear códigos promocionais, ofertas de produtos, blogue e todo o necesario para que a túa tenda sexa todo un éxito.
– Configurar a tenda en varios idiomas e moedas dunha forma sinxela.
– Aumentar as vendas engadindo funcionalidades con máis de 3.000 módulos. Poderemos personalizar a tenda en liña, incrementar o tráfico, mellorar as conversións e fidelizar aos clientes.
– Analizar os resultados.

Martes, 20 Setembro 2022

Pílula sobre CiviCRM, xestión das relacións entre contactos do Terceiro Sector

Vídeo

CiviCRM é un software pensado para o manexo das relacións entre contactos (CRM), de software libre e gratuíto, centrado nas necesidades das organizacións sen fins de lucro e do terceiro sector.

Permite a unha organización rexistrar e administrar a información acerca das diversas persoas e organizacións coas que interactúa.

CiviCRM está deseñado especialmente para:
– ONG
– Asociacións
– Fundacións
– Partidos políticos
– Organismos con socios e contribuidores
– Entidades sen ánimo de lucro
– Campañas benéficas
– Captación de socios e de fondos

Contactos

Permite crear e xestionar todos os contactos da organización, rexistrando todas as actividades relacionadas cos mesmos:
– Poderemos rexistrar a información básica de contacto como nome, dirección, correo electrónico e número de teléfono.
– Definir as relacións entre os nosos contactos.
– Poderemos rexistrar todas as comunicacións entre a organización e a nosa base social.
– Realizar envíos masivos de correos electrónicos a toda a base de contactos.
– Incluír / excluír grupos de contactos nos envíos.
– Xestionar as contribucións, donativos, cotas de socio, entradas a eventos.
– CiviCRM integra por defecto varias pasarelas de pago que permiten realizar o cobro online das contribucións, e xestionar outro tipo de membresías.

Eventos

Co módulo de xestión de eventos poderemos:
– Organizar un evento e crear unha páxina de inscrición online
– Xestionar a voluntarios e outros recursos
– Informes a medida

Martes, 20 Setembro 2022

Pílula sobre Mumble

Vídeo

Chat de voz

Mumble é unha aplicación de chat de voz de baixa latencia e alta calidade, gratuíta e de código aberto.

Usado tanto como chat de voz, como para gravar podcast coa gravadora de son multicanle que ten incorporada, como por xogadores que buscan realismo grazas as súas características de son posicional nos xogos. Nas empresas pódese empregar como ferramenta de comunicación interna por parte dos empregados, podendo separar os diferentes departamentos, proxectos e reunións en tantas salas independentes como necesitemos, así coma ter tamén algunha sala global para comunicados xerais ou reunións de todo o persoal.

Se aloxamos Mumble no servidor propio da empresa, teremos o control das nosas comunicacións e non dependeremos dun terceiro. Aos administradores gústalles Mumble por ser capaz de aloxarse nos seus servidores e ter así o control sobre a seguridade e privacidade dos datos.

Características principais

– Lista de servidores públicos aos que poder conectarse, sen necesidade de instalar un servidor propio.
– Baixa latencia, ideal para falar e xogar.
– Comunicación cifrada.
– Autenticación de clave pública/privada por defecto.
– Son posicional.
– Asistentes para a configuración.
– Software libre.
– Amplo sistema de permisos de usuario (ACL).
– Software de servidor moi estable e baixo consumo de recursos no aloxamento en servidores.
– Usa o códec de son Opus.
– Incorpora a eliminación de eco, o que permite o uso de altofalantes así como de auriculares.

Martes, 20 Setembro 2022

Pílula sobre BigBlueButton

Vídeo

Sistema de conferencias web

BigBlueButton é un sistema de conferencias web deseñado como unha solución de aprendizaxe en liña.

Con el teremos unha solución profesional para poder ensinar a estudantes a distancia.

BigBlueButton permite compartir en tempo real son, diapositivas, chat, vídeo e escritorio cos estudantes:
– As enquisas incorporadas facilitan a participación dos estudantes.
– Permite a gravación das clases, podendo colgalas para o seu visionado posterior.
– As anotacións móstranse automaticamente aos estudantes en tempo real.
– Os presentadores teñen a capacidade de facer zoom, resaltar, debuxar e escribir nas presentacións, facendo que os seus puntos sexan máis claros para os estudantes.
– Todo o mundo pode compartir unha cámara web.
– Pódense enviar mensaxes públicas e privadas.
– E tamén permite agrupar aos usuarios en salas de descanso para a colaboración en equipo.

BigBlueButton é unha solución de código aberto, apoiado por unha comunidade mundial de desenvolvedores (e empresas comerciais) que se preocupan por melloralo.

Martes, 20 Setembro 2022

Pílula sobre Nextcloud con aplicacións

Vídeo

Aumenta as funcionalidades de Nextcloud con aplicacións

Nesta nova pílula veremos como dotar a Nextcloud de máis funcionalidades grazas ás aplicacións que podemos instalar nel.

Existe unha gran cantidade de aplicacións, hoxe vamos centrarnos nalgunha das destacadas pola comunidade.

Calendar

A aplicación Calendario é unha interface coa que poder sincronizar facilmente os eventos en varios dispositivos con Nextcloud, podendo editalos en liña.

Poderemos convidar a xente aos nosos eventos, marcar como Libre ou Ocupado para posibles reunións, recibir alarmas de eventos no navegador e por correo electrónico.

Contacts

Coa aplicación de contactos, poderemos sincronizar facilmente os contactos entre varios dispositivos con Nextcloud, podendo tamén editalos en liña.

Posúe integración coa aplicación Mail e Calendar, de momento. Temos a opción de compartir os nosos contactos cos amigos ou compañeiros de traballo.

Notes

A aplicación “Notas” é unha aplicación para tomar notas sen distraccións. Proporciona categorías para unha mellor organización e ten soporte para Markdown. As notas gardaranse como arquivos en Nextcloud, de modo que podemos velas e editalas cun cliente de Nextcloud.

Collabora Online

Con esta aplicación poderemos conectarnos a un servidor de Collabora Online.

Collabora Online é un potente paquete de oficina en liña baseado en LibreOffice, co que poderemos facer edicións colaborativas dos documentos entre varios usuarios en tempo real. Admite os principais formatos de documentos, follas de cálculo e arquivos de presentación e funciona en todos os navegadores modernos.

Talk

Nextcloud Talk é unha ferramenta coa que poderemos comunicarnos, compartir pantallas, facer reunións online (tanto de vídeo coma de voz) e utilizar un chat.

Se queredes saber máis sobre ela, atoparedes toda a información na anterior pílula: Reunións e conferencias online con Nextcloud Talk

Martes, 20 Setembro 2022

Pílula sobre Reunións e conferencias online con Nextcloud Talk

Vídeo

Nesta nova pílula seguimos vendo funcionalidades de Nextcloud, esta vez centrándonos en Nextcloud Talkferramenta coa que poderemos comunicarnos, compartir pantallas, facer reunións online (tanto de vídeo coma de voz) e utilizar un chat.
Nextcloud Talk protexe as comunicación mellor que outras plataformas para colaboración de equipos, asegurándose de que os datos permanecen nos teus servidores.

As principais características de Nextlcoud Talk son:
– Disporemos do control total das comunicacións.
– Poderemos facer chamadas privadas, grupais e tamén públicas, facilitando así as chamadas a clientes e socios en escenarios individuais ou de grupo.
– Os usuarios poden convidar a participantes externos da charla cunha URL ás salas públicas do servidor de Nextcloud.
– O chat permite aos participantes intercambiar facilmente mensaxes, ligazóns e notas.
– Poderemos compartir o contido dunha xanela ou o escritorio completo nas presentacións.
– Temos xestión dos participantes, podendo convidalos, silencialos ou eliminalos.
– Opción de programar reunións e ser notificado cando empecen.
– Proporciona unha sala para que os invitados esperen ata que se inicie a chamada.
– Os documentos poden compartirse directamente nun chat e póñense ao dispor de todos os participantes, tanto usuarios como convidados.
– Dispón de clientes para smartphones e pódese usar a través dos navegadores.

Martes, 20 Setembro 2022

Pílula sobre Control e sincronización de arquivos con Nextcloud

Vídeo

Continuando co tema do traballo con arquivos en remoto, hoxe coñeceremos algunha das vantaxes que supón Nextcloud, unha solución de código aberto para a xestión dos arquivos nas empresas.

Con Nextcloud, a empresa dispón do seu propio servizo onde almacenar, controlar e sincronizar os seus ficheiros entre múltiples dispositivos e compartilos cos seus compañeiros de traballo, clientes… e todo baixo os seus propios criterios de privacidade e seguridade.

A empresa pode manter aloxados os datos no seu propio servidor e xestionados con Nextcloud, desta forma non se está a ceder o control dos ficheiros e os datos persoais a outras empresas.

A solución completa de Nextcloud para as empresas, chámase Nextcloud Hub e está composta por Nextcloud Files, Talk e Groupware, pero hoxe vamos centrarnos soamente na xestión dos arquivos, da que se encarga Nextcloud Files. Con Nextcloud Files, os empregados teñen fácil acceso aos arquivos, fotos e documentos de traballo e poden compartir e colaborar con membros do equipo, con clientes e socios.

Nextcloud conta cunha interface web moderna e fácil de usar, clientes de escritorio e aplicacións móbiles.

Martes, 20 Setembro 2022

Pílula sobre Envío de arquivos de forma sinxela con Firefox Send

Vídeo

Nalgún momento do noso traballo no mundo dixital, vamos ter a necesidade de enviar arquivos que pasan do tamaño máximo permitido a través do correo electrónico.

Hoxe vamos contarvos como facelo directamente co noso navegador libre favorito, Firefox, sen ter que usar solucións de terceiros.

A xente de Mozilla, creou o servizo libre e gratuíto chamado Firefox Send, para o envío de arquivos dunha forma sinxela para o usuario, simplemente cun navegador e usando os propios servidores de Mozilla, sen necesidade de dar os nosos datos persoais para poder usar o servizo.

Os arquivos permanecerán cifrados nos servidores de Mozilla o tempo que fixamos no momento da subida. Simplemente teremos que copiar a ligazón que xera Firefox Send e enviala á persoa que ten que facer a descarga.

Martes, 20 Setembro 2022

Pílula sobre Guacamole, escritorio remoto

Vídeo

Na anterior pílula vimos en que consisten as tecnoloxías de escritorio remoto e unha solución sinxela para a axuda puntual en remoto con Jitsi.

Pero como comentamos, para un traballo máis esixente ou continuado no tempo, existen solucións máis completas que nos permiten ter un mellor control, como é o caso de Apache Guacamole.

Guacamole é unha solución completa para escritorio remoto, libre e de código aberto.

Pode instalarse nun pequeno servidor na túa empresa, e todo o que necesitarás para acceder ao servidor e ás computadoras conectadas a ese servidor, será un simple navegador web.

As empresas que non contan cun informático entre os seus empregados, poden dispor a través de empresas de terceiros do apoio comercial necesario para a instalación e mantemento de Guacamole. Con esta solución, poderemos ter acceso ás nosas máquinas desde calquera lugar, a través de calquera dispositivo (smartphone, tablet ou computadora que teña instalado un navegador moderno e unha conexión a internet).

Guacamole soporta os protocolos estándar para as conexións remotas como son: VNC, RDP e SSH. Todo o código do proxecto pódese descargar desde o repositorio oficial en Github.

Martes, 20 Setembro 2022

Pílula sobre Axuda en remoto con Jitsi

Vídeo

A tecnoloxía de escritorio remoto permite a un usuario realizar certas tarefas nunha computadora sen ter que estar fisicamente en contacto co equipo, utilizando o teclado e rato como se estivera traballando diante da computadora remota e recibindo na pantalla a información xerada alí.

A solución Jitsi para videoconferencias, xa a vimos noutra das pílulas de Mancomún pero non amosamos esta característica de escritorio remoto.

Para poder usala, a computadora que será controlado necesita estar executando a aplicación electrón de jitsi, que se pode descargar libremente desde o seu repositorio en github.

Para un traballo máis esixente ou continuado no tempo, existen outras solucións máis completas que nos permiten ter un mellor control, pero requiren de máis coñecementos técnicos para implantala. Veremos un exemplo delas na próxima pílula para o teletraballo.

Martes, 20 Setembro 2022

Pílula sobre Bitwarden

Vídeo

Bitwarden, xestor de contrasinais

O uso seguro de aplicacións e servizos dixitais en liña, require que manexemos un gran número de contrasinais diferentes, cunha extensión longa, mesturando letras, números e símbolos. Co uso dun xestor de contrasinais, poderemos resolver estes problemas de xestión de múltiples usuarios e contrasinais.

Bitwarden é un destes xestores de código aberto que nos axuda dunha forma fácil e segura. A transparencia do código fonte debería ser un dos requisitos imprescindibles para as solucións de seguridade.

Pódese usar tanto a nivel particular, como en equipos e organizacións que necesiten compartir e sincronizar datos sensibles. Este xestor está optimizado para o seu uso tanto en dispositivos de escritorio, coma en tablets e teléfonos intelixentes.

Os datos son cifrados antes de saír do noso dispositivo, de extremo a extremo, polo que soamente nós poderemos ter acceso a eles. Pero a forma máis fácil de usar Bitwarden é integrándoo a través dunha extensión no noso navegador.

Martes, 20 Setembro 2022

Pílula sobre Drawpile

Vídeo

Drawpile, deseño colaborativo

Drawpile é un programa de debuxo colaborativo en rede, multiplataforma e de software libre que permite a múltiples usuarios crear deseños na mesma imaxe simultaneamente.
Soporta o formato de arquivo de imaxe OpenRaster e por tanto funciona ben con aplicacións como MyPaint, Krita e GIMP.

Temos á nosa disposición diferentes pinceis configurables para debuxar, ferramentas de borrado e capas que admiten varios modos de fusión de cores. Poderemos usar imaxes como fondo.
Drawpile está orientada ao uso colaborativo, entre varios usuarios ou dentro dun grupo de traballo.

Algúns dos seus posibles usos dentro dunha empresa poden ser:
– revisión e edición en rede de planos e esquemas
– de mapas
– e de calquera outro tipo de documento que precise dunha revisión visual para a toma de decisións

Podemos crear e aloxar as sesións localmente no noso pc, (grazas ao servidor incorporado que trae o programa) ou usando un servidor dedicado para tal fin. Este servidor pode ser un propio da nosa empresa (e dese xeito temos control dos nosos datos) ou podemos usar un servidor público. As sesións pódense protexer cun contrasinal.

A forma máis fácil de probar unha sesión en rede desta ferramenta é usar o servidor público de Drawpile.net.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal