Mancomún
Xoves, 21 Outubro 2021

02 – Pílula sobre gravación de son con aplicacións libres

Vídeo
#Audacity #PilulasSobreFerramentasLibresParaUsuariosDeAPe

Continuamos coa serie de artigos acompañados de videotitoriais sobre aplicacións de software libre para usuarios de a pé.

portada

No primeiro artigo centrámonos na reprodución de música con software libre, nesta segunda entrega veremos como gravar son con Audacity.

Pílula sobre gravación de son con aplicacións libres

Xoves, 23 Setembro 2021

01 – Pílula sobre reproducir música con aplicacións libres

Vídeo
#PilulasSobreFerramentasLibresParaUsuariosDeAPe

Despois de varias series de artigos sobre ferramentas pensadas para empresas, iniciamos unha nova serie de artigos acompañados de videotitoriais sobre aplicacións de software libre para usuarios de a pé.

portada

No primeiro artigo centrarémonos na reprodución de música con software libre utilizando os reproductores VLC, Audacious e DeadBeef.

Pílula sobre reproducir música con aplicacións libres

Mércores, 17 Febreiro 2021

Pílula sobre a sinatura dixital de documentos coas máquinas virtuais

Vídeo

Na anterior pílula vimos como configurar as máquinas virtuais e instalar os nosos certificados dixitais.

Nesta segunda pílula veremos exemplos de como firmar dixitalmente documentos pdf con Autofirma, usando as máquinas virtuais.

Neste exemplo utilizaremos a máquina virtual debian.

Pílula sobre a sinatura dixital de documentos coas máquinas virtuais

Asinado dixital de pdf

PORTADA

Máis información sobre a configuración das máquinas virtuais e a instalación do certificado dixital na pílula anterior e descarga das máquinas desde esta ligazón.

Mércores, 3 Febreiro 2021

Pílula sobre o uso das máquinas virtuais para sinatura dixital

Vídeo

Co fin de mellorar a interoperabilidade cos servizos da eAdministración, a Oficina de coordinación de software libre da Amtega pon a disposición da cidadanía dúas máquinas virtuais (baseadas en dúas distribucións de GNU/Linux) que permiten a realización de trámites con sinatura dixital empregando ferramentas de software libre.

Estas máquinas virtuais, contan como compoñente principal coa aplicación para a sinatura de documentos Autofirma. Trátase dunha aplicación de software libre que está dispoñible para GNU/Linux, MacOS X e Windows. As dúas configuracións foron testadas nos diferentes servizos da administración electrónica da Xunta de Galicia.

Pílula sobre o uso das máquinas virtuais para sinatura dixital

Máquinas virtuais

PORTDADA

As distribucións dispoñibles son, por unha banda Debian 9 (coa mesma configuración que se pode atopar nos centros e aulas da rede CeMIT), e por outra banda Ubuntu (na súa última versión LTS dispoñible), xa que se trata dunha das distribucións máis coñecidas e empregadas.

Esperamos que os trámites con sinatura dixital empregando ferramentas de software libre, sexa a partir de agora máis sinxela.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal