
Seguindo as recomendacións do Plan Estratéxico Galego para a Sociedade da Información (
PEGSI) as tres universidades galegas teñen previsto crear unha
plataforma de teleformación baixo estándares abertos accesible a todos os seus estudantes e á sociedade en xeral. A implantación desta plataforma será gradual durante os próximos 3 anos.
O emprego de estándares abertos facilitará que os contidos que se desenvolvan podan ser empregados por calquera outra institución. O PEGSI prevé que todas as súas actividades formativas se desenvolvan baixo parámetros libres e destinará liñas de axuda para desenvolver contidos que alimenten esta plataforma. A Xunta pretende que no ano 2010 os alumnos de todos os niveis educativos
empreguen internet na súa actividade académica.
O 78% os profesores universitarios galegos empregan a miúdo as TIC. Segundo
datos do diagnóstico do PEGSI sobre o ensino, a mellora da calidade do ensino é o principal argumento dos mestres para usar as TIC nas aulas.