Mancomún
 Digium, unha empresa de desenvolvementos en Software Libre de VoIP, recibiu 13,2 millóns de dólares do consorcio Matrix-Partners para continuar co desenvolvemento de Asterisk. Asterisk é unha plataforma de VoIP en Software Libre con preto de 1 millón de usuarios.
Segundo un dos socios deste grupo empresarial, esta escolla foi pola flexibilidade de Asterisk como unha fonte aberta para seguir mellorando e, gracias ó produto PBX de Digium baseado en Asterisk, permite ás compañías que o precisen, constrúan sistemas de teléfono eficaces e robustos para os  seus negocios.

Este grupo non é a primeira vez que fai unha inversión forte cara o mundo do Software Libre dado que é o inversionista inicial no proxecto JBoss, a compañía de Software Libre que foi recentemente adquirida polo xigante Red-Hat.
Segundo o estudo, encargado polo Primeiro Ministro francés Dominique de Villepin, todas as publicacións do seu goberno deben estar dispoñibles en OpenDocument Format ([[ODF]]). O estudo pretendía investigar o xeito de reducir a dependencia económica de Europa respecto a outras rexións, así como o desenvolvemento da industria local europea a través da utilización de estándares abertos.
 
Fonte.- Infoworld  

O Consello da Xunta ratificou o convenio entre a Consellería de Innovación e Industria para crear un marco de actuación estable coa Universidade da Coruña en materia de Software Libre. Entre os proxectos máis destacados cabe salientar a creación e mantemento dunha forxa integrada na web de Mancomun.org, un motor de busca de proxectos, seguimento dos diferentes proxectos, listas de correos para usuarios e desenvolvedores, elaboración de noticias e foros de discusión.

De acordo co convenio concederanse 180.000 euros en dous anos para executar diversas actuacións orientadas á promoción e desenvolvemento de tecnoloxías abertas. A forxa albergará diversos proxectos entre os que cabe salientar os adicados á localización de software en galego.

Fonte: Xornal.com  

Na páxina de GLUG  aparece publicada a noticia de que xa teñen dispoñibles as presentacións das xornadas sobre Software Libre da USC 2006. Polo de agora non teñen todas as presentacións subidas pero esperan telas no menor espazo de tempo posible.

Máis información sobre as presentacións dispoñibles (temática, autor,…)  na web de GLUG

Recordamos que estas xornadas foron organizadas por Aulusc e GLUG de maneira conxunta, e estiveron orientadas fundamentalmente cara redes. As xornadas tiveron unha duración de dous dias (27 e 28 de setembro) e comprenderon conferencias e exemplos prácticos nos que se trataron temas como a instalación do entorno LAMP, a configuración de firewalls e pasarelas, instalación qemu e configuración de vlans, etc.

O directorio de PEME de Software Libre de Galiza xa conta con máis de 30 empresas rexistradas. Cada vez son máis as compañías que ofrecen produtos e servizos de software libre aos seus clientes e a súa actividade é un piar fundamental para o desenvolvemento e mantemento da tecnoloxía aberta.

Dende a concepción do proxecto Mancomun.org considerouse como imprescindible a constitución dunha masa crítica de empresas que poidan ofrecer ás PEME e á administración unha oferta sólida e permanente de solucións de Software Libre. O obxectivo do directorio é que os clientes poidan localizar no mercado galego as mellores solucións baixo estándares abertos.   

A inscrición neste directorio está aberta a calquera empresa TIC que ofreza servizos ou produtos ao redor do Software Libre. Unha vez solicitada a alta o equipo do portal fai un seguimento para ver se cumpre as condicións requiridas.

Este directorio recolle a empresas adicadas a algunha destas cinco actividades:    

  • Desenvolvemento/adaptación de Software Libre
  • Soporte técnico en Software Libre
  • Consultoría en Software Libre
  • Formación en Software Libre
  • Implantación de Software Libre

As empresas interesadas en participar deben cubrir este formulario. É necesario que indiquen que produtos e servizos específicos ofertan. 

DBE (Digital Business Ecosystem) é unha das maiores iniciativas a prol do Software Libre para as PEME na Unión Europea. É un contorno de software totalmente libre baseado en Internet e que facilita o desenvolvemento de aplicacións empresariais. Os empresarios poden definir as súas necesidades e adquirir software axeitado ás súas demandas sen ter coñecementos de programación.

Esta tecnoloxía permita ás PEME contar cun software evolucionado que se adapta ás súas necesidades e integra a pequenos desenvolvedores no mercado global. Ademais supérase a dependencia dun único fornecedor. 

Un exemplo práctico da aplicación desta tecnoloxía é a creación dun sistema que permite aos restaurantes ingleses enviar os seus menús a un mapa online de tal xeito que un pode saber o que ofrece cada establecemento. Esta aplicación non podería ser sufragada polos restaurantes e deste xeito pode ser empregada de xeito gratuíto en calquera lugar do mundo.

O proxecto estase a desenvolver en España, Finlandia e Reino Unido a través de PEME locais enfocándose a áreas concretas. Por exemplo en Gran Bretaña é multimedia, en Finlandia as empresas de software e en España en aplicacións para o turismo. O proxecto remata en xaneiro do 2007 pero continuará. Ademais destes tres países están interesadas diversas rexións europeas como Lazio, Trento e Piamonte en Italia, Baden Wuerttemberg e Stuttgart en Alemaña ou Estremadura. O entorno DBE xa conta con fondos estruturais en Aragón.

DBE non é un entorno aplicable só a Europa. Na India, está a ser usado para o desenvolvemento de aplicacións para negocios agrícolas. En Brasil sopesan usar este sistema para enlazar máis de 600 centros multimedia onde se producen contidos audiovisuais. Ademais preténdese a creación dunha televisión a través do P2P con contidos suxeitos a CreativeCommons.

Máis información: DBE

A innovación clave de Mandriva Linux 2007 é o escritorio con aceleración 3D mediante as tecnoloxías AIGLX e Xgl .
Mandriva tamén desenvolveu Invictus Firewall, dispoñible só na versión Mandriva Linux Powerpack+ 2007. Trátase dun sistema en cluster de cortalumes redundantes de alta dispoñibilidade.
Ademais inclúe as últimas innovacións no campo das aplicacións ofimáticas, de internet, multimedia e as novas tecnoloxías de virtualización e aceleración 3D para escritorios.

Nesta distribución pódese:

  • Ver legalmente películas con LinDVD
  • Usar videoxogos con Cedega de TransGaming
  • Descubrir FlatOut, xogo de carreiras de coches
  • Dispor durante seis meses de protección anti-virus con Kaspersky
  • Beneficiarse do BitDefender
  • Executar e xestionar calquera máquina virtual con VMware Player, sistema integrado de virtualización
  • Realizar chamadas gratuítas de voz sen límite con Skype
  • Importar, xestionar e reproducir música con amaroK ou Banshee
  • Instalar, desinstalar e actualizar software facilmente cunha nova versión integrada da ferramenta de xestión de software rpmdrake
  • Conservar arquivos e carpetas con Arkeia Smart Backup.

Fonte: Anuncio de Madriva
Máis información: Mandriva Linux 2007

Acabamos de subir o último corrector de galego do OpenOffice.org (presentado o 27 de setembro) á web oficial dos correctores do OpenOffice.org para poder instalar o dicionario usando o asistente de instalación do OpenOffice.org.
 
As instrucións para instalar o dicionario usando o asistente son as seguintes:

  1. Abrir o OpenOffice
  2. Abrir o asistente de instalación de dicionarios do OpenOffice, e que se pode atopar no menú “Ficheiro->Asistentes->Instalar novos dicionarios”.
  3. Seleccionar o idioma do asistente de instalación pulsando no idioma correspondente.
  4. Pulsar no botón de “Executar DicOOo” do idioma que queiras usar durante a instalación.
  5. Agora debería abrirse unha pequena ventá co asistente.
  6. Para instalar o dicionario on-line deberemos pulsar simplemente “Seguinte” (Tamén se pode instalar o dicionario se xa o tes descargado, usando a opción de “Instalación dun paquete de dicionarios xa descargado”)
  7. Aparece a ventá de dicionarios ortográficos. Pulsamos en “Recuperar o listado” e aparecerán os dicionarios dispoñibles na web do OpenOffice.
  8. Seleccionamos “Galician (Spain)” e pulsamos en “Seguinte”.
  9. Os seguintes tipos de dicionarios non están dispoñibles en galego, polo tanto premeremos “Seguinte” dúas veces.
  10. O asistente avisaranos que empezará a descargar os dicionarios e instalaraos.

A Editorial Traficantes de sueños vén de anunciar a publicación do libro “Copyleft. Manual de uso” baixo unha licenza [[Creative Commons]].
O libro está escrito por varios autores e pretende ser unha ferramenta práctica para que as persoas que traballan nos distintos eidos da creación poidan ter unhas referencias mínimas para entender a cultura libre e o mundo [[copyleft]].

O Manual ofrece información sobre a implementación deste tipo de licenzas e a importancia do copyleft en ámbitos tan distintos como o vídeo, o software, a edición, a música, o arte ou o dereito.
Disponse dunha web propia onde se pode descargar, actualmente, o pdf e máis adiante unha coidada versión html. A edición en papel pode adquirirse por só 10 euros en Traficantes de Sueños e a partir desta semana nas librerías.
Acaba de lanzarse a esperada versión 11.0 de Slackware, a máis antiga distribución de GNU/Linux sobrevivinte. Esta edición de Slackware combina a súa lendaria simplicidade, estabilidade e seguridade con algúns dos últimos avances na tecnoloxía Linux.

Por exemplo:

  1. Contén a versión 2.4.33.3 do kernel de Linux, aínda que coma alternativa contén as fontes, modulos e binarios dos kernels 2.6.17.13 e 2.6.18.
  2. Os binarios do sistema están linkados coa librería GNU C, na súa versión 2.3.6.
  3. X.Org 6.9.0
  4. GCC 3.4.6 para C por defecto
  5. C++
  6. Servidor Apache 1.3.37
  7.  KDE 3.5.4 (con Amarok media player)
  8.  XFCE 4.2.3.2
  9.  Últimas versións do Firefox e Thunderbird

Anuncio oficial: http://www.slackware.com/announce/11.0.php

Dispoñible en:
– BitTorrent: http://www.slackware.com/getslack/torrents.php
– Mirrors oficiais: http://www.slackware.com/getslack/
– Outros mirrors: http://alphageek.dyndns.org/linux/slackware-mirrors.shtml

Yahoo permitirá a programadores independentes crear novos servizos que utilicen o seu software de correo, un dos máis populares do mundo, nunha manobra para reclutar programadores independentes para que constrúan produtos para a compañía…

As autoridades da maior compañía do mundo de medios de comunicación de Internet anunciaron esta semana que planeaba ceder o código fonte de Yahoo Mail, unha das xoias do seu negocio, para animar aos desenvolvedores de software a crear novas aplicacións baseadas no e-mail.
 
A manobra que fará accesible o código fonte de Yahoo Mail — usado por 257 millóns de persoas — está destinada a dar inicio ao desenvolvemento de miles de novas aplicacións de e-mail construídas non só por enxeñeiros de Yahoo senón tamén por programadores individuais e doutras compañías.

“Yahoo é unha gran compañía pero non pode desenvolver todas as aplicacións que un usuario quere”, dixo Chad Dickerson, principal dirixente de desenvolvemento de software relacionado con programas da compañía con sé en Sunnyval.

“Podes imaxinar miles de aplicacións de Yahoo Mail”, agregou Dickerson nunha entrevista na sé central de Yahoo.

O código de Yahoo Mail estará dispoñible a finais deste ano dixo Jason Rupp, director de produtos para os servizos de e-mail de Yahoo.

Rupp dixo que espera que outros servidores de e-mail sigan a medida de Yahoo e abran os códigos dos seus propios programas.

A medida permitiría aos usuarios ler simultaneamente Yahoo Mail, Gmail de Google e Hotmail de Microsoft na mesma fiestra do buscador en lugar de forzar aos usuarios a poñer o seu contrasinal en cada sistema de e-mail por separado.

“Son todas as cousas que a xente podería facer”, dixo.

 
Fonte da nova: www.laflecha.net

O Pavillón de Porriño acollerá do 12 ao 15 de outubro a Linux Party 2006. Neste evento participarán preto de 500 persoas.

A organización da mesma corre a cargo de GALPon, Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra, en colaboración co Concello de Porriño e AGNIX.

O prazo de inscricións está aberto e os interesados poden inscribirse a través da páxina www.galpon.org, onde tamén se pode obter ampla información das actividades que se van realizar…

[Gabinete de prensa Galpon, 2 de outubro de 2006]

Os asistentes poderán gozar dun horario ininterrompido que comezará ás 17:00h do día 12 e rematará ás 14:00h do día 15 de outubro. Durante este tempo desenvolveranse nove conferencias-taller, seis mesas coloquio e varios concursos. Ademais, o persoal organizador proporcionará asesoramento a aqueles usuarios que desexen instalar unha distribución de Software Libre nos seus ordenadores. Para elo disporase dun espazo para que os usuarios poidan colocar os seus equipos, con conexión de tensión e de rede de datos con Internet de banda ancha. Os participantes tamén disporán de aloxamento no mesmo espazo no que se desenvolverá a Linux Party.

A Linux Party está dirixida a calquera persoa interesada en coñecer o Software Libre [2], aos usuarios de software privativo que descoñecen por completo as diferenzas deste co Software Libre e as alternativas que poden empregar, e tamén aos que traballan con certa asiduidade con este sistema operativo pero descoñecen os trucos ou queren mellorar o seu coñecemento dalgunha ferramenta concreta. Buscarase impulsar o coñecemento das ferramentas e posibilidades do Software Libre nos usuarios de software privativo mediante conferencias taller amosando as ferramentas alternativas ao software privativo. Ademais de intercambiar as experiencias e coñecementos relativos ao Software Libre, o que se chama o Know-How, entre usuarios de diferente nivel con mesas redondas, coloquios e habilitando un espazo para a instalación dos ordenadores con acceso a Internet.

Esta party ou reunión de usuarios das TIC fixo a súa primeira edición no 2004 [3] con notable éxito mediático e proporcionando unha visión diferente á que está acostumada a persoa que asiste a outros eventos onde se promocionaban a descarga ilegal de contidos ou xogos en rede con premios de miles de euros.

Nova publicada en GALPon .

Os defensores das patentes de software volven á carga e tentarán esta vez a súa lexitimación a través do poder xudicial. O próximo día 12 de outubro terá lugar unha votación no Parlamento Europeo na que se decidirá a creación dun Tribunal Europeo de Patentes. Este tribunal resolvería os litixios sobre patentes e podería darlles validez a través de litixios xudiciais, tal como acontece agora en Estados Unidos.

A EPLA (Acordo Europeo sobre Litixios de Patentes), un tratado internacional que permitiría a creación dun sistema legal á marxe do control democrático europeo, é unha proposta da Oficina Europea de Patentes que supón a ratificación por parte dos estados da UE do Protocolo de Londres. Segundo a propia Oficina Europea de Patentes as patentes só se poderían realizar en tres idiomas (inglés, francés e alemán) e os litixios terían un custe medio de entre 97.000 e 415.000 euros.

Ademais das consecuencias negativas que xa de por si ten a patentabilidade como freo da innovación e a investigación, de aprobarse a creación deste novo tribunal a situación do sector TIC galego veríase en clara desvantaxe xa que máis do 80% das empresas son PEME incapaces de facer fronte aos custes xudiciais destes procesos. Existe tamén unha clara discriminación lingüística tanto das linguas minorizadas coma o galego como das linguas oficiais da maioría dos países da Unión Europea.

Máis información: Mesa Galega a Prol da Innovación

Segundo o estudo feito pola firma IDC sobre o uso das ferramentas de programación dos desenvolvedores de software, o 71% dos 5000 enquisados din que usan ferramentas de Software Libre para os seus proxectos e a metade destes contesta que estas creacións fixeron medrar ás empresas nas que traballan.

Pero lonxe de toda realidade do Software Libre no campo do desenvolvemento de software está o sector dos deseñadores e en xeral o gremio de artistas gráficos resistentes a colaborar coa comunidade, aínda que haxa licenzas libres que protexan os seus traballos.

Pódese pensar nas iconas, axudas, menús, botóns, etc. que van dentro das aplicacións que usamos a cotío. Ninguén vai gañar recoñecemento, como algún destes pretenden, por facer elementos gráficos que fan moita falta, tanto ou máis que moito do código que está por debaixo.

Un claro exemplo da reticencia á colaboración deste coletivo co Software Libre é o caso do navegador Mozilla Firefox. Mozilla di que as imaxes do logo do navegador, un raposo sobre a bola do mundo, non poden ser usadas nas distribucións GNU/Linux nas que o código fonte deste sexa modificado, coma no caso de Ubuntu GNU/Linux ou Debian GNU/Linux.

Cal é o problema? Teñen que asumir implicitamente os programadores un altruismo que os deseñadores gráficos non queren asumir? Por qué existe máis código fonte que recursos gráficos dispoñibles baixo licenzas libres?. Hai faladurías que din que é polo tema do ego, pero as comunidades de desenvolvedores de Software Libre cren que moitos destes programadores crense verdadeiros deuses ou heroes e aínda así, colaboran activamente co Software Libre.

Artigo completo: linuxworld.com.au

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal