Mancomún
O repositorio de software libre da “Junta de Andalucía” foi posto en funcionamento en febreiro de 2006 para dar cumprimento á Orde do 21 de febreiro de 2005, sobre dispoñibilidade pública dos programas informáticos da “Junta de Andalucía” e dos seus Organismos Autónomos.

Con esta iniciativa, o goberno andaluz converteuse na primeira Administración Pública española en liberar o software da súa propiedade, ben por ter sido desenvolto polo persoal ao seu servizo ou á medida mediante algún contrato subscrito ao efecto. Dende entón o repositorio recibe máis de 2500 visitas ao mes o que constitúe un gran éxito para esta iniciativa. Como dato significativo, no mes de Agosto recibiu máis de 400 visitas semanais. …
Os proxectos dispoñibles neste repositorio divídense en proxectos accesibles por calquera ou só accesibles para outras administracións.

Teñen una sección adicada á interoperabilidade, de xeito que toda a información sobre os proxectos pódese consultar mediante protocolos estándares coma o OAI-PMH, protocolo estándar de intercambio de datos para repositorios dixitais, habitualmente empregado na comunidade científica e nas bibliotecas, o que lles permite un acceso rápido e eficiente á información contida nos mesmos.

Ademais, a información dispoñible sobre os proxectos tamén pode sindicarse do mesmo xeito que as novas publicadas na web do repositorio coas últimas novidades relacionadas co inventario de Software Libre da Junta de Andalucía.

Outra das recentes novidades desta web é un mapa de ubicación xeográfica das conexións á páxina o que permitiu coñecer que a meirande parte delas proceden de América latina e do continente asiático, como Corea, Japón e China.

Os principais usuarios deste repositorio son outras Administracións Públicas, especialmente locais, que atopan neste servizo un grande apoio para os seus procesos de modernización en desenvolvemento de novas ferramentas de administración electrónica. Por esta razón estase a crear un apartado específico para as Administracións Locais, en especial para as que teñen solicitado incentivos para proxectos de innovación tecnolóxica de acordo coa Orden do 9 de maio de 2006, BOJA 101/2006.

Fonte: Diario Bahía de Cádiz

A Junta de Extremadura presentará o día 31 de agosto, no evento organizado polo United Nations Institutte for Training and Research (UNITAR) e a Conferencia das Nacións Unidas sobre Comercio e Desenvolvemento (UNCTAD) o seu modelo de Sociedade da Información baseado no Software Libre.

“O seminario -segundo a Junta – servirá de foro para tratar as consecuencias normativas e prácticas do Software Libre nos planos mundial e local, así como para analizar as posibilidades e o grao de participación das Nacións Unidas nesta materia”.

 

Está dispoñible para descarga unha versión para Linux/Unix do programa de evaluación do rendemento de software gráfico SPECviewperf v9.

SPECviewperf é, en certo modo, un estándar para medir o rendemento de novos produtos ou actualizacións relacionados con tarxetas e compoñentes gráficos, ampliamente empregado por consultorías, publicacións e fabricantes de tarxetas gráficas.

A consultora IDC publicou recentemente (14 de agosto deste ano) as conclusións dun informe sobre a adopción do Software Libre. O estudo baséase nas enquisas feitas a máis de 5.000 desenvolvedores de software en 116 países diferentes. Os resultados indican que o 71% dos desenvolvedores usan Software Libre e un 54% téñeno en produción en sistemas nas súas organizacións…

O estudo afirma que o Software Libre representa a tendencia a longo prazo máis significativa que a industria de software viu desde os inicios dos oitenta. IDC cre que o Software Libre xogará un papel fundamental no ciclo de vida de cada categoría de software e cambiará a proposición de valor de software empaquetado para os clientes.

Pero este non é o único informe de consultoras favorable ao Software Libre que viu a luz nos últimos meses. A finais do 2005 Gartner, a empresa de consultoría de análise de mercados en tecnoloxías da información, publicou as predicións da industria no próximos anos. Entre estas predicións destaca o cambio que se producirá no xeito en que as organizacións adquiren software, causado pola tendencia á diversificación en provedores e o Software Libre. Prevese que no ano 2008 o Software Libre xa competirá en tódolos mercados de infraestrutura de software. Polo ano 2010 o Software Libre será considerado no 80% de casos de software de infraestructura e polo menos nun 25% do resto de software. Predicións que se teñen que entender como tales pero que están aliñadas coa opinión xeneralizada da industria que apuntan a que o Software Libre continuará crecente en número de solucións e implantacións.

 
Fonte: Blog personal de Jordi Mas

Nota de prensa da consultora IDC  

Dental-On-Line é unha compañía francesa que vende hardware e software para consultas de dentistas que ademais ofrece asistencia e unha serie de servizos asociados.

Para eles, a consulta do século XXI dos dentistas incorpora un ordenador cunha interface de pantalla táctil no que se pode visualizar as placas de raios X dos pacientes, fotografías, historiais médicos, plans de tratamento e outra información, todo o cal debe ser mantido de forma segura e persistente.

Para este fin, DOL implementou unha interface para KDE sobre Debian Linux, que xera automaticamente backups pola noite e permite asistencia remota para os seus clientes. Todos os datos están dispoñibles nunha ampla variedade de formatos por se o cliente decide prescindir dos servizos de DOL.

As adaptacións que fixeron para Debian e KDE, para usalos co hardware de pantalla táctil, foron devoltas á comunidade de acordo coa licenza GPL. Recentemente lanzaron un Web site detallando os parches que desenvolveron para tal fin. Alí aparece código para Kontact, Konqueror, KDM e Ghostscript.

Máis información

A [[Free Software Foundation]] está preto de alcanzar os 5000 programas no seu Directorio de Software Libre (o número actual é de 4960). Con motivo deste acontecemento, durante o período que abrangue dende o 21 de agosto ata o 21 de setembro levarán a cabo un pequeno concurso. Cada novo rexistro na páxina do Directorio de Software Libre será analizado e pasará a formar parte do sorteo…

Á persoa premiada enviaráselle unha copia firmada por [[Richard Stallman]] do libro “Free Software, Free Society” e durante un mes agradeceráselle a súa contribución na páxina principal de directory.fsf.org e gnu.org.

Para facer as propostas de programas hai que usar o formulario web do Free Software Directory.

Fonte: gnuticias.es.gnu.org

O paquete ofimático OpenOffice.org permite exportar un documento como PDF de xeito sinxelo dende o menú Ficheiro. Algunhas das opcións que podemos escoller ao facer a exportación é a calidade do PDF, a vista inicial do documento e a interface de usuario para visualizar o ficheiro resultante.

 
No entanto, algúns usuarios precisan menús de exportación que permiten a configuración de opcións máis específicas. extendedPDF é unha extensión para o OpenOffice que permite ampliar estas opcións para así ter un menú de exportación de ficheiros PDF máis completo. A súa licenza é [[GPL]]. Podes descargar esta ferramenta dende a súa páxina Web.
  
Fonte.- LinuxJournal

AppArmor (“Application Armor”) é un produto de seguridade para GNU/Linux actualmente mantido por Novell. AppArmor permite aos administradores de sistemas asociar a cada programa un perfil de seguridade que restrinxe as capacidades do programa, definindo por exemplo a que recursos do sistema pode acceder e con que permisos…

Ademais de poder especificar estes perfís manualmente, AppArmor inclúe un modo de aprendizaxe que fai que calquera violación do perfil sexa gardada nun rexistro, a partir do cal posteriormente poderase xerar un novo perfil baseado no comportamento típico do programa.

Configurado axeitadamente, AppArmor asegura que cada aplicación (co seu perfil asociado) só ten permisos para facer o que supostamente ten que facer, nada máis.

AppArmor complementa o tradicional sistema de control de acceso discrecional, provendo un control de acceso obrigatorio.

 

Páxina do proxecto: AppArmor en Novell

 

DesktopLinux.com lanzou no 2006 unha enquisa sobre GNU/Linux e a súa contorna o 21 de Agosto, preguntando aos seus usuarios cal é a distro que utilizan, o escritorio no que soen traballar, cal é o seu cliente de web favorito e varias cousas máis.

Os resultados das votacións amosan un uso elevado de Ubuntu GNU/Linux, que aínda que non o sabiamos con seguridade, podíase intuír con bastante certeza.

O resultado da votación está en desktoplinux.com

En [[GNOME]] acaban de comezar unha iniciativa curiosa, á que chaman “Bug Hunt Season” ou “BugSquad”, algo así como “Tempada de caza de erros”, para que todos aqueles usuarios desta contorna de escritorio envíen os erros que atopen no uso diario do GNOME.

Según relatan en GNOME, é unha boa maneira de que aqueles usuarios que non teñen os coñecementos técnicos para desenvolver GNOME, poidan axudar na súa mellora…

Para a corrección de erros usan o sistema de xestión de erros Bugzilla.

Máis información na páxina web de GNOME.

En NewsForge veñen de publicar unha revisión sobre dous recentes proxectos open source alternativos ao Mac Media Center. Trátase de iTheater e CenterStage que engaden ao Front Row de Apple compatibilidade hardware, características adicionais e a dispoñibilidade do código fonte.

iTheater foi lanzado en xaneiro de 2006 e é o máis recente dos dous. A versión actual é a 0.1.2a mais xa conta con tódalas funcionalidades básicas implementadas. Soporta reprodución de DVD, reprodución de ficheiros de vídeo, reprodución e exploración de ficheiros de música e presentación de fotos. Require un procesador G3 ou superior en o OS X 10.3 ou posterior.

Emprega as aplicacións “iLife” para a reprodución dos arquivos multimedia; iTunes, iPhoto e QuickTime, co que obteñen unha aplicación máis lixeira, segundo din os seus desenvolvedores.

CenterStage comezou a se desenvolver en Xaneiro de 2005. A versión actual soporta reprodución de vídeo e música e exploración de fotos. Empeza a ter soporte para gravación de radio FM e TV co hardware Griffin RadioShark and EyeTV. Require un procesador G4 ou superior e o OS X 10.4.5.

Como o iTheater, emprega as librerías do sistema para a reprodución dos arquivos multimedia. Para encher o oco do organizador de vídeo iLife, desenvolveron unha aplicación aparte chamada BackStage que permite engadir ou eliminar cartafois onde buscar os ficheiros das películas. Desafortunadamente, aínda non ten soporte para a reprodución de DVD.

Máis información: NewsForge

Palm, a empresa de dispositivos móbiles e PDAs, estivo moi presente na xa coñecida LinuxWorld en San Francisco.
Alí presentaron a súa comunidade PalmSource e exhibiron a Plataforma Access Linux (ALP). Estiveron moi atarefados mostrando aplicacións nativas nos seus dispositivos PALM móbiles baseados en GNU/Linux.


Outra das novidades que anunciou PalmSource foi a súa nova plataforma MAX (Mobile Application eXperience) dando soporte a moitos widgets de GTK e, xunto coas APIs de Palm OS Garnet, Java e as nativas GTK+ fixo pintar un futuro moi prometedor e competitivo nos sistemas operativos de dispositivos móbiles.
 
Fonte:  palminfocenter.com
 
“DNS for Rocket Scientists” é un libro colaborativo, de licenza aberta, promovido por Zytrax.com, sobre a configuración DNS (sobre todo BIND 9.x) dun sistema Linux e BSD. Orientado ao administrador que comenza, é a base do libro “Pro DNS and BIND“. Do mesmo xeito, o libro “LDAP for Rocket Scientists” trata de ofrecer información intelixible sobre este tema, para levar a cabo solucións estratéxicas (e non tácticas) con LDAP.

Cada vez son máis as empresas adicadas a traballar a prol do SoftwareThe image “http://libroblanco.com/joomla/images/stories/libroblanquito.jpg” cannot be displayed, because it contains errors. Libre e a dar soporte a esta comunidade. A cifra destas empresas ascendeu a un total de 500 entidades privadas. Todas elas engloban a empresas que ofertan soporte ou servizos baseados en software libre.

Estes datos foron reflectidos pola plataforma “Libro Blanco do Software Libre”, que é unha iniciativa que se adica, entre moitas outras cousas a informar sobre a implantación do software libre na sociedade española e en especial na administración pública.

Máis información nesta ligazón

 Linux Journal, a revista mensual da comunidade GNU/Linux, xunto con IDG World Expo anunciaron onte os gañadores do concurso “Produto Excelente” na LinuxWorld. A LinuxWorld Conference tivo lugar en San Francisco en Agosto do 14-17 no Moscone Center.

Este concurso distinguía a produtos de servizos innovadores, recolléndose en 13 categorías, incluído o premio “O mellor do Show” que foi recaer a Novell e ao seus “Novell SUSE Linux Enterprise Desktop”.

Máis información e fonte: businesswire.com

Real Networks lanzará antes do próximo mes de decembro unha versión para Linux do seu reprodutor. Isto permitirá aos usuarios de Linux reproducir ficheiros co formato Windows Media .

O reproductor actual para Linux da compañía, Helix, tamén soporta Windows Media, pero o próximo terá características máis avanzadas, segundo destacou Jeff Duchmann, director xeral de tecnoloxías de Real Networks.

Entre outras cousas, a aplicación será quen de gravar CDs e permitirá aos usuarios sincronizar os seus arquivos entre un ordenador e un dispositivo móvil. A versión Linux da aplicación incrementará o atractivo de Linux para ordenadores de sobremesa tanto para empresas como para consumidores.

Fonte: vnunet

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal