Mancomún

A continuación expóñense 10 sinxelas regras que explican como facer negocio co Software Libre, escritas por  Ian Howells, dono dunha importante compañía de Software Libre (Alfresco) e que no seu día foi vicepresidente de SeeBeyond

As 10 regras son as seguintes:

  1. Coñecer ao teu cliente
  2. Coñecer contra quen estás competindo
  3. Atacar o punto débil do punto máis forte do teu rival
  4. A discontinuidade é a raíña
  5. Coñer cales son as barreiras para a entrada/migración ao Software Libre
  6. Os usuarios obteñen novas fontes de información e adquisición de coñecementos
  7. As compañías de Software Libre teñen novos indicadores de rendimento
  8. O asunto do prezo do Software Libre é moi simple
  9. A chave é a túa infraestructura do software
  10. O produto debe ser o máis simple posible

Este é un pequeno e rápido resumo das regras. Así a simple vista a definición destas regras parece un pouco complicada pero pódese entender moito mellor se lemos na fonte orixinal do artigo: http://opensource.sys-con.com/ (en inglés).

 
 

O proxecto OpenZaurus acaba de lanzar a nova versión do seu sistema operativo baseado en Linux para as PDAs Zaurus de Sharp .

OpenZaurus 3.5.4.1 está baseado no kernel de Linux 2.6.16, e inclúe uns 13.000 paquetes listos para instalar. Nove modelos  de Zaurus están totalmente soportados, mentras que algúns outros poden ser actualizados…

Os maiores cambios desta nova versión son:

  • Opie 1.2.1
  • GPE 2.7
  • WPA (WiFi protected access)
  • Correcións do mapa de caracteres para todas as máquinas
  • Correxido a repetición do teclado
  • Melloras no [[Bluetooth]]
  • Drivers para dispositivos USB Wifi

Os modelos actualmente soportados de Zaurus son:

Podes ler máis sobre esta nova na fonte orixinal: www.linuxdevices.com ou na páxina do proxecto: www.openzaurus.org

O Concello de Barcelona ven de publicar a terceira entrega dos seus cadernos de alfabetización tecnolóxica. O documento céntrase nas ferramentas de Internet: o cliente de correo Thunderbird e o programa de mensaxería instantánea Gaim.

 
A terceira entrega escribiuna Jordi Màs e está editada por Edit Lin. Os próximos Cadernos de Formación Tecnolóxica  dedicaranse ao Gimp e ao InkScape (setembro de 2006), ao OpenOffice-Write e o  OpenOffice-Calc (novembre de 2006) e ao  OpenOffice-Base (marzo 2007). A terceira entrega todavía non está dispoñible na web pero poden descargarse as anteriores dende aquí
 
Esta iniciativa está impulsada pola Concellería de Cidade do Coñecemento e ten como obxectivo que as novas tecnoloxías cheguen ao conxunto da poboación.
 
Fonte.- Lafarga.cat  
O Software Libre representa unha moi boa aposta para as marcas inversoras que tradicionalmente licencian software, segundo as declaracións dos representantes de 3 firmas inversoras na recente “Open Source Business Conference in London”…

Mentras outras firmas xa investiron antes en Software Libre, estas 3 firmas (Index Ventures, Mayfield Fund, Wellington Partners) insistiron en que os criterios nos que se basearon para apoiar o Software Libre non foron os de favoritismo, senón os de unha decisión económica baseada nunha realidade do mercado.

“Fundamentalmente, nós cremos que o Software Libre é un novo modelo de distribución; pero tamén unha nova forma de desenvolver software, e que está aquí para quedarse definitivamente,” dixo Bernard Dalle, socio xeral de Index Ventures. “Nós anticipamos que vai ser moi dificil seguir cara adiante investindo en software privativo, porque cremos que non é un modelo de desenvolvemento”.

Index Ventures actualmente é un forte inversor en Software Libre, investindo en compañías como Pentaho, servizos da firma Sourcelabs, productor [[PHP]] do provedor Zend, [[MySQL]] e Trolltech.
 

Texto completo e orixinal da nova: http://www.cbronline.com (en inglés)

A economía da pequena e mediana empresa ten resolto a súa funcionalidade en Software Libre e en GNU/Linux xa que, grazas a GNUCash 2.0.0 estas labores serán máis sinxelas despois de este lanzamento. GNUCash está dispoñible para as plataformas GNU/Linux, BSD, Solaris e Mac OSX.
Aínda que está deseñado para ser doado e moi manexable á hora de utilizar é moi potente e flexible xa que permite xestión de contas de bancos, gastos, ingresos e moitas outras opcións.
 

GnuCash 2.0.0 baséase en interfaces GUI para gtk2. Os seus programadores fixeron un duro traballo para integralo nas guías de interface de Gnome (Gnome Human Interface Guidelines, HIG) e así dar unha boa sensación de aplicación de escritorio.
 
Fonte: gnucash.org

IBM anunciou que o popular software de traballo colaborativo e correo electrónico Lotus Notes estará dispoñible para GNU/Linux a partir do 24 de Xullo. O cliente Lotus Notes estará dispoñible inicialmente para Red Hat Enterprise Linux 4 Update 3 e máis tarde tamén para SuSE Enterprise Linux Desktop 10. Os usuarios dunha versión de Lotus Notes para Windows ou Macintosh poderán cambiar sen custo á versión GNU/Linux.

Segundo IBM, esta versión de Notes está baseada no framework de Eclipse (Open source), ao igual que a nova versión, coñecida como Hannover, esperada para o próximo ano e que incluirá soporte para o formato OpenDocument.

A revista Todo Linux do mes de xullo ven de publicar unha completa reportaxe sobre a Rede de Cooperación Internacional de Administracións Públicas para o Software Libre. O artigo inclúe unha entrevista ao coordinador da iniciativa, Marcelo Branco, así como unha descrición das actividades da Rede e os seus proxectos inmediatos.
 
Reportaxe completa.

A compañía Silicon Graphics (SGI) bateu todas as marcas cun sistema [[GNU/Linux]] cluster con máis de mil procesadores Itanium 2, superando a anterior marca de 512 procesadores que, por certo, tamén fora establecido por SGI.

No portentoso sistema, SGI usa a súa propia versión de Suse Linux Enterprise Server de Novell e está instalada no centro Leibniz (LRZ) de Munich, Alemaña, que tamén alberga o sistema nacional de supercomputación do estado alemán.
Fonte: diarioti.com  
A ceLANova PARTY 2006 é a segunda edición da que se considera a primeira party informática no concello de Celanova (e na provincia de Ourense, fóra do ámbito universitario). No programa inclúense conferencias e talleres sobre temas de informática de actualidade, entre eles, o Software Libre.

Celebrarase no Claustro Barroco do Mosteiro de San Salvador de Celanova. Disporase dunha rede LAN de 10/100 Mbs e WireLess 802.11g, acceso a Internet cun grande ancho de banda (estase a negociar para ofrecer unha conexión de 96Mbs). Está organizada pola Oficiña de Información Xuvenil do Concello de Celanova e ofértanse 70 prazas cun custe de 15€.
 
Maís información na Web da party

O Concello de Rianxo, xunto coa Fundación Universidade da Coruña organizan un curso de deseño gráfico e retoque fotográfico usando ferramentas libres, en concreto o [[GIMP]].

O curso é de iniciación, polo que non é necesaria experiencia previa en aplicacións gráficas, pero si un manexo básico da informática…

Ten unha duración dunhas 20 horas e o prazo de inscrición é ata o 24 de xullo, ás 13.00 horas.

Máis información (horarios, prezos, etc) sobre o curso na web do concello de Rianxo, ou no cartaz do curso

INEO , asociación multisectorial das novas tecnoloxías da información e da comunicación, organiza unha xornada en Vigo sobre o Software Libre e as súas repercusións no eido empresarial.

A xornada centrarase en aspectos relacionados co Open Source. Neste marco, exporanse casos de experiencias exitosas, así como tamén modelos de negocios posibles baseados en plataformas de Software Libre.

O acto estará moderado polo director do Centro de Supercomputación de Galicia, Javier García Tobío, e contará coa presenza de Antonio Pérez Casas, asesor da Consellaría de Industria e Innovación para a Sociedade dá Información e experto en software libre, ademais de coordinador da Iniciativa Galega polo software libre Mancomun.org. O resto de relatorios completaranse coas intervencións de José María Olmo, director de operacións e fundador de Andago, empresa madrileña de referencia nacional no uso de software libre; e Óscar Sancristán, de Alfa 21, empresa coruñesa especializada no desenvolvemento de redes baseadas en Unix/Linux.

O seminario está orientado a empresarios e profesionais das novas tecnoloxías e terá lugar o xoves 13 de xullo ás 17 horas no auditorio da Zona Franca de Vigo .

Dado á capacidade limitada, os interesados deberán confirmar asistencia no correo comunicación@ineo.org.

 

Fonte da nova: www.cesga.es  

A Fundación “One Laptop per Child” (un portátil por neno), que fabrica ordenadores a moi baixo precio -cen dólares a unidade- para nenos de países en vías de desenvolvemento, colaborará coa  Junta de Extremadura para incorporar a estes ordenadores o sistema gnuLinEx.

 

 

Ademais, informa a Junta, esta organización aproveitará a experiencia do sistema educativo extremeño na incorporación do ordenador na aula.
  O propósito é que gnuLinEx poida ser utilizado nos primeiros ordenadores que saian da cadea  de producción e que no verán do 2007 técnicos e profesores extremeños poidan participar nun seminario que terá lugar en Nebraska (EEUU) para crear a rede de coñecemento que se fará ó redor do proxecto, antes de iniciar a distribución efectiva dos ordenadores.
 

A empresa Novell ofrecerá ás empresas de México a súa nova suite Open Workgroup coa que busca combinar tecnoloxías comerciais e de código aberto para reducir principalmente os gastos de licenciamento de software nas empresas…

No mercado, Novell busca diferenciarse ao prover software corporativo aberto e garantir con iso, aforros significativos en calquera tamaño de empresa.

Coa suite Open Workgroup, dixo Luís Ramírez, director xeral de Novell de México, pretenden liberar gran parte do orzamento de TI para asistencia dos equipos de escritorio ata o servidor e para paquetes de productividade da oficina.

Por iso é polo que mediante Open Workgroup ofrecen reducir os custes nos equipos de escritorio con opcións de código aberto ata 70% ao facilitar aos usuarios o desprenderse de altos custes en licenzas de Windows, sen sacrificar unha contorna de traballo de alto rendemento.

Dita suite integra ferramentas de colaboración como Novell GroupWise , plataformas de integración como Novell ZENworks e o sistema operativo Novell Linux Desktop.

Ademais integra Novell Open Enterprise Server, Linux Desktop 9, OpenOffice.org para Windows e Linux; e SUSE Linux Enterprise Server. Mediante a suite Novell ZENworks, esta empresa asegura que os seus clientes poden introducir Linux ao seu propio ritmo así como administrar facilmente servidores Windows xunto con servidores Linux, estacións de traballo Linux e PCs que teñan instalado Windows.

A achega de OpenOffice.org, ofrece aforros significativos xa que os seus clientes expresan que o compoñente máis custoso na súa área de TI é Microsoft Office.

 

Pode ler a nova completa na súa fonte orixinal: www.laflecha.net  

PHPfileNavigator v2.3.1 é unha aplicación de código aberto e libre que permite a administración de arquivos e directorios de forma remota dende un navegador web.

Agora acábase de publicar a versión 2.3.1 que está localizada ao galego…

A aplicación permite realizar unha gran variedade de accións, así como obter gran cantidade de información dos contidos almacenados.

Para ver máis características desta aplicación pode verse dende a páxina web do proxecto , ou dende a fonte desta nova en www.ciberirmandade.org.

Fonte: www.ciberirmandade.org  

 

Gracias ao traballo de inestable temos dispoñibles na sección de descargas de mancomun.org unha serie de titoriais básicos para o manexo do OpenOffice.org. A documentación consta de 4 (3+1) ficheiros en formato [[odt]] tomados da rede, liberados polo seu autor e traducidos por inestable ao galego respectando a licenza. Son uns manuais moi sinxelos para usuarios de OpenOffice.org que poden server como introdución e guía ao emprego do paquete ofimático.

gpul O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) organiza o III Obradoiro de Criptografía, Seguridade e Privacidade, que terá lugar o día 13 de xullo na Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Nesta terceira edición do Obradoiro, como novidade, extendemos os contidos a materias afíns á criptografía, e que veñen a complementar unha visión máis global (e tamén práctica) da seguridade da información…

Así pois, ademais do tema tradicional do obradoiro, tratarase a copia de seguridade, recuperación de datos e prevención e eliminación de virus. A asistencia é totalmente gratuita, aínda que compre preinscribirse na web do obradoiro, onde se pode atopar o programa completo. 

Ligazóns:

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal