Mancomún

A copia de seguridade completa dun disco duro permite a rápida restauración do equipo ante un posible desastre ademais da posibilidade de duplicar ou clonar o disco duro en outro equipo (sempre e cando o hardware sexa igual); moi útil en contornos académicos onde os computadores das salas adoitan ser iguais:

  • FOG (Free, Open-Source Ghost) é un conxunto de utilidades que permiten o clonado dos discos duros. Funciona con Windows XP e Vista pero con unha soa partición. A interface de uso é vía web.
  • Clonezilla: Permite o clonado de calquera sistema de ficheiros e incluso discos duros con varias particións.
  • G4U (Ghost for Unix): Só dispoñible para GNU/Linux.

  • Partition Image só permite o backup das particións activas e non unha copia completa de disco duro.

http://www.mancomun.org/images/stories/bertamirans_obradoiros.jpgO proxecto C.U.P.I.E. e a asociación Polinux acaban de poñer en marcha uns relatorios de formación e divulgación de GNU/Linux:

  • O proxecto C.U.P.I.E.: é un proxecto divulgativo que nace coa intención de axudar á xente a comprender e optimizar o uso do seu sistema operativo Ubuntu, así como a filosofía que define ao mundo do Software Libre.
    As charlas desenvolveranse na canle de IRC #cupie, canle que se pode usar tamén para contactar para colaborar, consultar temarios, calendario, etc…
  • PoLinux (Asociación de usuarios de Software Libre da Universidad Politécnica de Valencia organiza uns seminarios de formación gratuítos e de entrada libre sobre Software Libre e tecnoloxía…

Páxina web do proxecto C.U.P.I.E.:
http://doc.ubuntu-es.org/index.php/Cupie

Páxina web de PoLinux:
http://www.polinux.upv.es

A xestión das bibliografías do OpenOffice.org non é demasiado completa, pero existen alternativas interesantes, entre as que cómpre ter en conta a Zotero pola súa facilidade de uso.

Zotero permite crear, manter, xestionar e usar unha base de datos bibliográfica de maneira sinxela. Distribúese como extensión para Firefox, para OpenOffice.org, para WordPress e para Ms Word .

A extensión para Firefox permitiranos crear a base de datos bibliográfica e inserir semiautomaticamente novas entradas bibliográficas sen necesidade de escribir manualmente os seus datos. A extensión para OpenOffice.org permitirá traballar coa base de datos para inserir citas e bibliografías nos nosos documentos.

Extensión para Firefox

Grazas a un conxunto de motores incluídos nesta extensión, Zotero é quen de extraer automaticamente datos de libros ou de publicacións impresas da web onde os esteamos a ver. A lista de sitios web soportados é impresionante, e o modo de emprego para extraer os datos dos libros delas é moi doado.

Se Zotero atopa información de varios libros na web visualizada, mostra a icona dun cartafol na barra de navegación do Firefox, ao lado dereito do url. Premendo sobre a icona verase a lista de títulos dos libros detectados. Para engadilos á nosa base de datos abonda con seleccionar os que interesen e premer Ok. Ademais dos títulos engádense automaticamente tamén os campos Autor, Editor e ISBN.

Se Zotero só atopa un libro, na barra de navegación amosará unha icona dun libro en lugar dun cartafol.

Ademais de libros ou publicacións impresas, Zotero permite engadir páxinas web á base bibliográfica moi interesante cando se queren incluír referencias a fontes en liña na nosa bibliografía.

Unha vez engadidos os libros á base, pódense xestionar, engadir anotacións e agrupar os libros en cartafoles. Unha característica, que non soen incorporar as ferramentas tradicionais de xestión bibliográfica, é a posibilidade de engadir etiquetas a cada entrada, notas, adxuntar ficheiros e mesmo facer referencias cruzadas entre elas mediante a característica Relacionado con.

Outra característica non presente nas aplicacións convencionais é a Liña de tempos. Está baseada no proxecto SIMILE Timeline, e permite presentar a bibliografía nunha gráfica de liña de tempos podendo modificar o período de tempo a mostrar de xeito dinámico.

Extensión para o OpenOffice.org

Ao instalala aparecerá un novo menú con 4 botóns: inserir Cita, inserir bibliografía, refrescar e establecer preferencias do documento. A configuración permite escoller o estilo de cita que se desexa, como se mostran en texto, opcións de formato…

Para xerar unha bibliografía só hai que colocar o cursor onde queiramos que apareza e premer no botón Inserir bibliografía. Esta actualizarase de maneira automática, de xeito que cando se insira unha nova cita aparecerá a referencia bibliográfica automaticamente. O que non ocorre é ao revés, cando se elimina unha cita hai que eliminala manualmente da bibliografía.

Zotero está en fase de desenvolvemento e aínda que pode presentar algúns erros de funcionamento, a velocidade de corrección dos mesmos é rápida.

Fonte: Linux.com

 

Mancomun.orgO comezo da presentación do DVD Ferramentas para a PEME adiantarase ás 16:00 horas. Nese momento Helena Veiguela, Directora Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, presentará a xornada e dará a benvida aos asistentes. 

As empresas TIC están convidadas participar na xornada de traballo sobre o DVD Ferramentas Informáticas para a PEME, recompilación de ferramentas informáticas de licenza libre que cobren as necesidades comúns das empresas do noso país no uso das novas tecnoloxías. Os interesados aínda poden inscribirse mandando un correo a eventos@mancomun.org

 

O evento terá lugar en Santiago de Compostela no Hotel Porta do Camiño (Rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n. -ao pé do Palacio de Congresos e Exposicións en San Lázaro-) o día 7 de novembro.

http://www.mancomun.org/images/stories/miro.pngMiro é un software que permite ver a televisión por internet a pantalla completa, vídeos de YouTube, gardar os vídeos que se están a reproducir, compartir contidos multimedia e todo isto con unha boa calidade de imaxe e son.

Miro usa o protocolo [[BitTorrent]] para compartir as emisións das distintas canles.

En Miro atoparás máis de 2500 canles de TV, incluso canles con HD (alta definición). A aplicación ten versións para GNU/Linux, Mac OS X e Windows e distribúese baixo a licenza GPL.

Miro pode considerarse a alternativa en Software Libre a Zattoo e Joost ,  superándoos en moitos apartados, como a opcións das canles con [[HD]], o uso de estándares abertos, o numero de canles dispoñibles, etc…

Páxina orixinal do proxecto:
http://www.getmiro.com/

InkscapeA través do blogue catalán Ziga-Zaga descobremos unha serie de videotitoriais sobre Inkscape. Esta ferramenta de debuxo multiplataforma de código aberto para gráficos vectoriais SVG xurdiu dunha bifurcación do proxecto Sodipodi. As características de SVG soportadas inclúen formas básicas, camiños, texto, canle alfa, transformacións, gradientes, edición de nodos, exportación de SVG a PNG, agrupación de elementos.
 

Fonte: Ziga-Zaga

Mandriva anunciou que o goberno de Nixeria seleccionou os Intel Classmate PC con Mandriva Linux para un proxecto piloto a nivel nacional que será de uso educacional. A motivación deste proxecto é mellorar a calidade e tecnoloxía que se lles proporciona aos estudantes, e axudar aos mestres e familiares.

O Intel Classmate PC é unha solución educacional de pequeno tamaño, resistente e móbil especialmente deseñada para estudantes de primaria de mercados emerxentes. Comercializada en Maio deste ano trátase dun PC completamente funcional que foi posto a proba en máis de vintecinco países do mundo.

Os Intel Classmate PC fornecidos a Nixeria executarán unha versión específica de Mandriva Linux 2007 baseada na tecnoloxía Mandriva Flash.

Estas computadoras serán empregadas nas escolas locais de Nixeria por mestres, familiares e estudantes. Os estudantes usarán estas máquinas para adquirir os coñecementos necesarios sobre as tecnoloxías da Información e as Telecomunicacións, e os profesores intentarán mellorar con elas os seus coñecementos.

 

Fonte:http://www.mandriva.com/enterprise/en/company/press/nigerian-education-selects-intel-powered-classmate-pc-with-mandriva-linux

 

 

Asus acaba de lanzar ao mercado un mini portátil desde  menos de 300 dólares de prezo que funciona con GNU/Linux. O portátil chámase Eee PC 4G. O sistema operativo é Xandros e as características técnicas son as seguintes:

  • Disco duro SSD (desde 4 GB)
  • Procesador Intel Celerom M a 900 MHz
  • Pantalla LCD de 7 polgadas cunha resolución de 800×480
  • Tarxeta gráfica Intel Graphics Media Accelerator 900 GM
  • Peso de 0’92 Kgrs.
  • WiFi 802.11 b/g integrada.
  • Autonomía de até 3 horas e media.
  • Webcam integrada opcional.

Máis información na páxina do fabricante:
http://www.asus.com

http://www.mancomun.org/images/stories/ubuntu.pngNa seguinte ligazón: http://one.revver.com/collections/show/284299/  podemos atopar 16 videotitoriais de Ubuntu de case media hora de duración cada un de introdución ao sistema operativo Ubuntu. Os vídeos explican desde a instalación, configuración do sistema, até o traballo gráfico e con terminal, os principais comandos, o uso do xestor de actualizacións de software, o escritorio Gnome, etc…

En recursos relacionados con este, tamén podemos atopar 6 videotitoriais da versión para servidores de Ubuntu que inclúen vídeos de instalación dun servidor de correo, servidor web, antivirus e antispam, etc…

“A emprega galega eLABORO, especializada en novas tecnoloxías e servizos orientados ao eido da cidadanía dixital e da Sociedade da Información, vén de anunciar a creación do primeiro sistema de xestión de tódolos procedementos administrativos relativos á Policía (local, autonómica ou nacional) nun só. Esta ferramenta, que se coñece como ePatrol, permite levar a cabo todo o proceso das unidades administrativas da Policía relacionadas coa tesourería, secretaría, obras e servizos, empresas de recadación… en total coordinación con todas elas.

O servizo ePatrol integra as últimas novidades nas tecnoloxías sen fíos como son GPRS, GPS e Wi-Fi, está baseado en Software Libre e permite empregar unha PDA como sistema de toma de datos e consulta…

Máis información na fonte orixinal da nova:
http://www.codigocero.com/spip.php?article2725

W3COpenDocument Foundation anunciou recentemente que non apoiará a especificación ODF creada por OASIS senón o estándar Compound Document Format (CDF) do World Wide Consortium. Sam Hiser, vicepresidente da ODFoundation afirmou que non están satisfeitos co rumbo que está a tomar o formato ODF durante este ano. A idea é dispoñer dun estándar compatible con OOXML de Microsoft, algo que non cumpre ODF e si CDF.

Fonte: The Inquirer

SITEmanSITEman é unha aplicación de escritorio implementada en Java/Swing que permite aos usuarios administrar un sitio Joomla! 1.5 dende o seu escritorio.

SITEMan en futuras versións pretende ser un framework de aplicacións de Servizos Web escrito en Java. A contorna de escritorio permitirá traballar en modos en liña ou fora de liña.

SITEMan é modular, o cal quere dicir que os desenvolvedores teñen as facilidades de escribir os seus propios módulos que se encarguen da publicación sen ter que preocuparse da comunicación nin da interface.

Para poder traballar con SITEman primeiro hai que instalar os plugins de SITEman en Joomla! 1.5 para que o cliente se comunique co backend. Dentro do ficheiro SITEman_windows.zip están incluídos os plugins, no ficheiro para a versión de GNU/Linux non veñen incluídos.

Na zoa de descargas de Mancomun.org está publicada unha pequena guía de instalación para a posta en funcionamento da ferramenta.

Gnome Chemistry Utils é un paquete de aplicacións para Gnome que contén diversas aplicacións de interese no mundo químico. Entre estes programas destacan:

  • A calculadora química
  • O visor 3D de estruturas moleculares
  • O visor e editor de estruturas cristalinas
  • Unha táboa periódica de elementos
  • Un complemento para visualizar os elementos no navegador Mozilla.

Páxina oficial do proxecto:
http://www.nongnu.org/gchemutils/

Outras páxinas de interese:
Linux4Chemistry (Linux para químicos)
GChemPaint

“The Codebreakers” é un documental da radiotelevisión pública británica BBC sobre o Software Libre dispoñible para a súa descarga e licenciado baixo Creative Commons. O documental explica o emprego do Software Libre nos países en vías de desenvolvemento amosando as oportunidades que ofrece para a industria e a cultura local.

O documental amosa casos de éxito en España, Sri Lanka ou Brasil. 

Fonte: La Farga

Comunitat ValencianaAs Corts Valencianes, o parlamento de Valencia, podería implantar Software Libre nos seus sistemas como consecuencia dunha proposta non de lei. A proposta correu a cargo de César Sánchez, Portavoz de Novas Tecnoloxías do Partido Popular, partido maioritario nesta comunidade levantina. As razóns de Sánchez para propoñer este cambio é incentivar o impulso de políticas públicas activas para a implementación de todas aquelas medidas que fomenten a liberdade de opción da cidadanía para garantir o emprego de estándares abertos.
 

Fonte:Panorama Actual

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal