Mancomún

O formato Open Document format (ODF) converteuse no estándar de comunicacións do goberno sudafricano, tras ser incluído no Mininimum Interoperability Standards for Information Systems in government (MIOS).

O MIOS define as seguintes condicións para considerar un estándar aberto:

  1. Mantido por unha organización non comercial.
  2. Calquera parte interesada pode participar no seu desenvolvemento.
  3. Os documentos do comité, borradores e estándares finais deben ser gratuítos ou, como moito, ter un custo mínimo.
  4. Debe estar permitida a copia e distribución gratuíta do estándar.
  5. Os dereitos intelectuais precisos para a súa implementación (patentes) deben estar outorgados de forma irrevogable e sen royalties engadidos.
  6. A reutilización do estándar non debe estar limitada.
  7. Deben existir múltiples implementacións do mesmo.

 

Fonte:
http://barrapunto.com

O Becta (British Educational and Technological Agency), organismo do gobierno británico vén de interpoñer unha queixa contra Microsoft na OFT (Office of Fair Trading, Oficina de Comercio Xusto) por presuntas prácticas monopolísticas da empresa de Redmon no mercado de software para as escolas pola interoperabilidade dos documentos.

Becta amósase en desacordo coa adquisición de licenzas de Microsoft Office 2007 e recomenda o emprego do estándar aberto ODF. A recomendación de BECTA é non adquirir novas licenzas nin renovar as existentes.

Fonte: Kriptópolis

http://www.mancomun.org/images/stories/jpc-duke-logo.png JPC é unha solución de código aberto para emulación dun computador x86 e dos seus periféricos, implementado 100% en Java. Ao estar baseada en Java, JPC pode traballar sobre calquera plataforma (x86, RISC, teléfonos móbil, frigoríficos, …) que teña dispoñible unha versión da máquina virtual de java (JVM, Java Virtual Machine).

JPC crea un computador virtual no cal se pode instalar o sistema operativo desexado dun xeito seguro, flexible e sen perder funcionalidades. O obxectivo principal e proporcionar a persoa usuaria un control total sobre o contorno de execución de software baixo plataforma x86 sendo ideal para facer probas de software en corentena como virus, software malicioso, malware, software experimental, …

Características de JPC:

  • » Multiplataforma

    JPC está completamente implementado en Java, podendo traballar baixo plataformas MS GNU/Linux, Windows e MacOS. JPC tamén traballa sobre arquitecturas hardware non x86 como ARM e SPARC.

  • » Seguridade

    JPC vén coa seguridade de estar implementado en Java e de traballar dentro do seu sandbox. Isto significa que o hardware emulado está complemente illado e non pode ser danado ou interferido por calquera medio.

  • » Flexibilidade

    JPC ten un control completo da configuración dos periféricos virtuais e das bibliotecas software. No caso de que ocorra algún erro sempre é posible eliminar a imaxe e volver a comezar.

Para máis información sobre a tecnoloxía subxacente en JPC consultar o apartado de tecnoloxía.

 

As características de JPC teñen efectos colaterais, por exemplo:

  • Levar o teu computador nun teléfono móbil
  • Executar xogos de DOS
  • Executar idénticas máquinas virtuais sobre diferentes dispositivos

Dende a web do proxecto está dispoñible unha demostración da execución dunha imaxe de GNU/Linux dende un applet, podendo executarse unha máquina GNU/Linux directamente no navegador.
OLLO: A execución precisa unha instalación e configuración de Java no navegador, e a maiores o funcionamento pode ser lento en función da velocidade da conexión.

http://www.mancomun.org/images/stories/prism-logo.png A nova estratexia da Fundación Mozilla, Prism, é converter un Servizo Web nunha aplicación local no teu computador. Deste xeito será posible traballar en liña coma sempre ou facelo en modo desconectado cando non se dispoña de conexión a rede. Dende o blogue da Mozilla Foundation describen a Prism como “unha aplicación que permite aos usuarios extraer os servizos dos seus navegadores e empregalos directamente nos seus escritorios”.

Esta idea xa está a ser potenciada por varias empresas como Google co seu proxecto Google Gears, Adobe con Adobe Air, Microsoft con MS SiverLight e MoonLight, alternativa para GNU/Linux a SilverLight. Por contra a Adobe e Microsoft, Mozilla non pretende construír unha plataforma propietaria para substituír a web, o seu obxectivo é identificar e facilitar o desenvolvemento das melloras que aportan as vantaxes das aplicacións de escritorio á plataforma web.

Xa existe unha versión lista para descarga de Prism que unha vez instalada permite introducir unha URL co servizo desexado para convertela nunha aplicación de escritorio.

Para facer experimentos dende plataformas GNU/Linux ou MacOS está dispoñible WebRunner, proxecto no que está baseado Prism e que está en fase experimental.

Fonte: Mozilla Labs

O New York Times vén de liberar dúas aplicacións que usan na edición dixital do seu xornal. As aplicacións son XSL Cache e DBSlayer:

  • XSL Cache é un complemento de PHP que usan para gardar en memoria caché as follas de estilo da súa propia web. 
  • DBSlayer é unha ferramenta que desenvolveron para mellorar o escalado da arquitectura LAMP no que se refire aos problemas relacionados coa base de datos, a súa replicación e os límites de conexións á mesma

Estas ferramentas foron desenvolvidas polo NY Times debido  á grande cantidade de tráfico que reciben no seu portal…

Fonte orixinal da noticia:
http://www.linux.com

Mancomun.orgACTUALIZACIÓN: Adiántase a hora de presentación as 16:00 horas

Mancomun.org convida ás empresas das tecnoloxías da información e da comunicación a participar na xornada de traballo sobre o DVD Ferramentas Informáticas para a PEME, recompilación de ferramentas informáticas de licenza libre que cobren as necesidades comúns das empresas do noso país no uso das novas tecnoloxías.

O evento terá lugar en Santiago de Compostela no Hotel Porta do Camiño (Rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n. -ao pé do Palacio de Congresos e Exposicións en San Lázaro-) o día 7 de novembro e dará comezo ás 16:30 horas co seguinte programa:

16:30 Recepción, entrega de material. Café ou té de cortesía.

17:00 Benvida e presentación da iniciativa a cargo de Helena Veiguela, Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Consellaría de Innovación e Industria.

17:30 Demostración do DVD

17:40 Mesa redonda sobre a iniciativa moderada por Xesús Manuel Benítez Baleato, Coordinador de Mancomun.org coa participación de:

  • Helena Veiguela Martínez, Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Consellaría de Innovación e Industria.
  • Javier Vázquez, Presidente de AGASOL, Asociación Galega de Empresas de Software Libre.
  • Francisco Rodríguez, membro do Grupo de Investigación de Ferramentas Abertas de Xestión Empresarial da ESEI de Ourense, Universidade de Vigo.

18:40 Posta en común da mesa co público asistente acerca do DVD das PEME

19:30 Aperitivo e Viño Galego

Por motivos de aforo requírese confirmación de asistencia enviando correo electrónico a eventos@mancomun.org.

Como xa anunciamos a semana pasada, dous proxectos vinculados á “Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense” estarán presentes no SIMO. Un destes proxectos é o de Redegal, que presentará a súa solución Sketch Arm que permite a reducción do tempo en deseño de armarios feitos á medida. Agora mesmo están traballando na versión para GNU/Linux da aplicación.

En YouTube temos dispoñible un vídeo de demostración de 6 minutos do funcionamento da aplicación:

 

Está dispoñible para descargar a esperada Trisguel GNU/Linux 1.5 Sirona. A imaxe ISO do CD pode descargarse nesta ligazón.

Inclúe moitas novidades entre as que destacan:

  • Kernel 2.6.22, con máis de 1700 drivers
  • Gnome 2.18
  • OpenOffice.org 2.2, con correctores de galego e castelán
  • Gimp 2.4
  • Novo sistema gráfico autoconfigurable (Xorg 7.2 + xrandr)
  • Melloras no sistema de impresoras, 1500 modelos soportados
  • Aspecto renovado
  • Novo sistema de arrinque live-initramfs

 

Inclúe máis de 1000 paquetes de software preinstalado dun total de 20.000 dispoñibles e libres. Contorno e programas en galego, castelán e inglés.

Trisguel 1.5 servirá de base para Trisquel Empresas 1.0, que será presentada no SIMO ’07, dentro de apenas dúas semanas. Os usuarios de Trisguel 1.0 poderán pasar á 1.5 mediante o xestor de actualizacións, funcionalidade que estará dispoñible dentro duns días.

SongbirdCalidonia vén de traducir ao galego Songbird, o reprodutor multimedia multiplataforma (Linux, Windows, Mac) gratuíto e libre, vinculado á Fundación Mozilla.  A adaptación ao galego fíxose a partir dunha versión completa da aplicación. Podedes descargar esta extensión .xpi para traducir a interface do Songbird ao galego aquí

Conta entre as súa funcionalidades cun navegador web integrado, a posibilidade de incorporar extensións desenvolvidas polos usuarios, integración con dispositivos portátiles (iPods, USB e demais), unha boa política de control da privacidade sobre os teus ficheiros multimedia (son e vídeo), pódese integrar co Audioscrobbler da last.fm
 
Fonte: Blogue de Calidonia  
Single sign-on (SSO) é un procedemento de autenticación que habilita ao usuario para acceder a varios sistemas cunha soa identificación. Existen aplicacións propietarias que implementan este sistema, aínda que tamén hai solucións baseadas en Software Libre que non son tan coñecidas. A continuación recóllense algunhas:
  • esoe (Enterprise Sign On Engine), é un sistema que se integra con servidores de directorio (LDAP, Active Directory de windows) para ter SSO con outras características.
    http://www.mancomun.org/images/stories/esoe-logo.png

  • Java Open Single Sign-On, é unha solución j2ee para ter unha infraestrutura SSO. Traballa baixo un tomcat e conta con API para clientes PHP, ASP, …
  • http://www.mancomun.org/images/stories/opensso.jpgOpenSSO, é para ter SSO nas aplicacións web aloxadas en servidores web e servidores de aplicacións (tomcat).

  • NuFW SSO module for Squid, é un sistema de autenticación SSO dentro dun módulo para Squid e que traballa con cortalumes NuFW. Permite a autenticación transparente dos usuarios dun proxy Squid.
    http://www.mancomun.org/images/stories/nufw-logo.png

 

Estes sistemas englóbanse dentro de cinco tipos principais de SSO, tamén chamados “reduced sign on systems” (en inglés, sistemas de autenticación reducida):

  1. Enterprise single sign-on (E-SSO), tamén chamado “legacy single sign-on”, funciona logo dunha autenticación primaria, interceptando os requirimentos de login presentados polas aplicacións secundarias para completar os mesmos co usuario e o contrasinal. Os sistemas E-SSO poden traballar con sistemas que deshabilitan a presentación da pantalla de login.

  2. Web single sign-on (Web-SSO), tamén chamado Web access management (Web-AM) traballa só con aplicacións e recursos accedidos vía web. Os accesos son interceptados coa axuda dun servidor proxy ou dun compoñente instalado no servidor web destino. Os usuarios non autenticados que tratan de acceder son redirixidos a un servidor de autenticación e regresan só despois de ter un login con éxito.

  3. Kerberos é un método popular de externalizar a autenticación dos usuarios. Os usuarios rexístranse no servidor Kerberos e reciben un “ticket”, logo as aplicacións-cliente preséntano para obter acceso.

  4. Federation é unha nova maneira de concibir este tema, orientado a aplicacións Web. Utiliza protocolos baseados en estándares para habilitar que as aplicacións poidan identificar os clientes sen necesidade de autenticación redundante.

  5. OpenID é un proceso de SSO distribuído e descentralizado onde a identidade vai unida a un url que calquera aplicación ou servidor pode autenticar.

Información da especificación SSO:

 http://www.opengroup.org/security/sso/

Fonte: Wikipedia 

Un dos problemas chave do desenvolvemento de Linux é a ausencia de controladores de dispositivos. A iniciativa Linux Driver Project desenvólveos gratis para as empresas, pero os 300 programadores voluntarios non teñen demasiado traballo: as empresas non se animan a participar.

O artigo de DesktopLinux cita as palabras de Greg Kroah-Hartman. A súa única función agora é a de coordinar o desenvolvemento de controladores para periféricos de calquera fabricante de forma totalmente gratuíta.

A pesar do boa que é esta idea, Korah-Hartman afirmou que xa hai máis de 300 desenvolvedores que se uniron ao proxecto para desenvolver controladores para GNU/Linux, pero ao mesmo tempo sinala que non existe a suficiente carga de traballo para mantelos ocupados a todos.

A pesar de que tanto el como o seu equipo de colaboradores están totalmente dispostos a asinar acordos NDA para non revelar as especificacións internas deses equipos – algo necesario para desenvolver controladores – as empresas non están demasiado dispostas a participar.

 
Fonte: desktoplinux.com

Xa está dispoñible para descarga a versión 1.5 da distribución galega Trisguel GNU/Linux de nome en clave Sirona.

Esta nova versión, como xa é habitual, inclúe máis de 1.000 paquetes de software preinstalado dun total de 20.000 dispoñibles, e todos 100% libres.

A versión 1.5 de Trisguel servirá de base para Trisguel Empresas 1.0 que será presentada no SIMO ’07, do 6 ao 11 de Novembro.

Entre as novas características desta nova versión destacan:

  • Kernel 2.6.22, con máis de 1700 drivers.

  • Gnome 2.18.

  • OpenOffice.org 2.2, con correctores de galego e castelán.

  • Gimp 2.4.

  • Novo sistema gráfico autoconfigurable (Xorg 7.2 + xrandr).

  • Melloras no sistema de impresoras, 1500 modelos soportados.

  • Aspecto renovado.

  • Novo sistema de arrinque live-initramfs.

Os usuarios de Trisguel 1.0 poderán pasar á 1.5 mediante o xestor de actualizacións.

A imaxe iso do CD pode descargarse dende a ligazón.

 

Fonte:http://trisquel.uvigo.es/node/440

http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gifAcabamos de subir á sección de “Descargas” unha actualización do OpenOffice.org portable en galego. A versión de OpenOffice.org que contén é a 2.3.0.

Esta versión permite levar o OpenOffice.org instalando nunha chave USB e poder facer uso do mesmo en calquera computador sen ter que instalalo. Ademais leva incorporado o corrector ortográfico de galego preinstalado. Funciona en Windows e tamén en GNU/Linux con Wine.

A versión portable de galego está baseada na versión da páxina PortableApps.com, onde poderás atopar moitas máis aplicacións Software Libre portables.

 
Ligazón:
Descarga do OpenOffice.org 2.3.0 portable en galego…

Para executalo, non hai máis que descargar o ficheiro, descomprimilo, mover á unha chave o cartafol e estará listo para executar.

http://www.mancomun.org/images/stories/sunbirdicon.pngA Fundación Mozilla vén de publicar actualizacións das súas dúas aplicacións de calendario: Sunbird e Lightning.

O Sunbird é unha aplicación independente de calendario de Mozilla e que cumpre sobradamente as funcións de axenda, lista de tarefas e calendario con alarmas. Tamén existe o Lightning, que é un complemento coas mesmas funcións e que se integra perfectamente co xestor de correo Thunderbird.

Con estas dúas actualizacións, ambas aplicacións alcanzan o número de versión 0.7.

Desde Mancomun.org e coa colaboración do grupo de tradución ao galego dos produtos Mozilla (http://galician.mozdev.org) temos dispoñible a tradución ao galego do Sunbird para a versión 0.5. En breve, esperamos ter dispoñible a actualización á versión 0.7 de Sunbird así como o Lightning…

 

As páxinas de descarga:

Sunbird 0.7:
http://www.mozilla.org/projects/calendar/sunbird/index.html

Lightning 0.7:
http://www.mozilla.org/projects/calendar/lightning/download.html

Rimax garante, a partir de agora, aos usuarios de Mac e Linux un control absoluto das súas pertenzas coa nova compatibilidade dos seus dous modelos de cámaras de vídeo vixilancia con conexión a Internet: IP 7100 e IP 7200 .

Até agora só era posible co sistema operativo de Windows, pero deste xeito e grazas ao novo firmware dos dispositivos, ambos sistemas operativos poderán experimentar a posibilidade de supervisar calquera espazo (mentres vostede non está presente, xa sexa a súa casa ou lugar de traballo) desde calquera parte do mundo de forma remota, e a través de Internet. Ademais, este novo firmware tamén ofrece a posibilidade de capturar imaxes fixas ou vídeo en tempo real mediante comandos personalizables. Pódese utilizar Zone Minder para sistemas GNU/Linux mediante descarga gratuíta.

 

Fonte: www.is-portal.com

Sitio oficial: www.rimaxonline.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal