Mancomún

Dous proxectos empresariais xurdidos da Escola Superior de Enxeñería Informática do Campus de Ourense resultaron premiados cun espazo, denominado viveiro, no SIMO, a máis grande feira internacional de informática multimedia e comunicacións.  As empresas Redegal e Imagos foron elixidos con outros cincuenta proxectos de novos emprendedores con propostas relevantes tecnoloxicamente para contar cun espazo gratuíto neste gran evento.

Imagos está formada polos creadores e actuais líderes do Proxecto Trisquel que ten por obxectivo a construción dun sistema operativo libre de alta calidade en galego normativo. Imagos tamén desenvolveu a Trisguel GNU/Linux PyME, unha distribución orientada a pequenas e medianas empresas.

Redegal presentará a súa solución Sketch Arm que permite a reducción do tempo en deseño de armarios feitos a medida. O investigador da escola de Ourense, Celso Campos, está a desenvolver unha versión para Linux desta aplicación. Ademais Redegal tamén presentará unha solución que  permitirá conectar redes sen fíos nas zonas rurais a través do emprego de Software Libre e na que colaboran os profesores Javier Rodeiro Iglesias e Miguel Díaz-Cacho Medina.

O período de presentación de propostas está aberto para clientes, partners de JBoss e membros da comunidade open source de todo o mundo. Os premios [[JBoss]] á Innovación recoñecen a persoas individuais, equipos e compañías logros técnicos que mostran tanto ideas creativas como a resolución a un problema determinado coas solucións JBoss.

Hai oito categorías ás que se poden presentar:

  • Despregue conxunto JBoss/Red Hat
  • Implementación SOA (Arquitectura Orientada a Servizos)
  • Retorno do Investimento incrementado
  • Ecosistema
  • Tecnoloxías punta e emerxentes
  • Migración
  • Automatización de Procesos de Negocio
  • Experiencia de usuario

As candidaturas a cada categoría serán xulgadas por un grupo de representantes e líderes da industria. Os gañadores de cada categoría anunciaranse en xaneiro de 2008. Ademais recibirán entradas para o JBoss World Orlando, invitacións para unha cea de executivos durante o evento, o perfil de compañía exposto durante a sesión xeral do evento e o recoñecemento como líder neste campo.

Dos gañadores das oito categorías, será seleccionado o Premio JBoss ao Innovador do Ano vía votación da comunidade. Este gañador anunciarase no JBoss World Orlando e recibirá entradas para futuros eventos de Red Hat e JBoss.

O período de presentación de propostas está aberto ata o próximo 30 de novembro.

Para máis información, ou presentación de propostas, visite innovationawards2006

Para máis información sobre JBoss World, visite por favor www.jbossworld.com

 Fonte: Noticiasdot.com

Ryan Finnie anunciou a liberación de Finnix 90.0, un live CD baseado en Debian testing deseñado para administradores de sistemas. Finnix 90.0 liberouse paras plataformas x86/AMD64, PowerPC e UML/Xen.

Esta nova versión inclúe:

  • Linux Kernel 2.6.22.

  • Sistemas de arranque máis rápido.

  • Posibilidade para arrancar dende dispositivos SATA CD-ROM e DVD-ROM.

  • Soporte para os sistemas de ficheiros Unionfs 2 e Aufs.

Finnix 90.0 pode descargarse dende a seguinte ligazón.

 

Fonte:
http://distrowatch.com

 

CSI-Piemonte, unha das compañías de software e servizos informáticos máis importantes de Italia, a compañía eléctrica Iride Energia e a cidade de Marsala adoptarán solucións de Red Hat baseadas en GNU/Linux para a xestión dos seus servizos informáticos. A decisión baseouse en dúas razóns de peso relacionadas co Software Libre: a seguridade que dá confiar nunha solución aberta e o menor custo.
 

Fonte: Yahoo!

http://www.mancomun.org/images/stories/odflogo.pngOpen Document Format (ODF) foi declarado onte estándar oficial de comunicacións do goberno de Suráfrica, mediante a publicación dunha nova versión do documento MIOS (Minimum Interoperability Standards for Information Systems in government), que define os estándares mínimos de interoperabilidade para os sistemas de información dos organismos oficiais.

ODF convértese así no terceiro formato de documento especificado na sección “Working Office Document formats”, xunto a UTF-8/ASCII e os valores separados por comas (CSV).

Na práctica, haberá  unha fase inicial mediante o uso de conversores, que terá que garantir para marzo de 2008 que todos os departamentos do goberno poidan visualizar documentos ODF.

Cara finais de 2008, todos os documentos oficiais terán que están dispoñibles en formato ODF e outros formatos non propietarios.

Para marzo de 2009, todos os documentos oficiais serán xa producidos en ODF.

 

Fonte orixinal da nova:
http://www.kriptopolis.org/

Open Transport Tycoon, é unha versión libre e clónica do Transport Tycoon, e que se basea na xestión dunha compañía de transportes durante cen anos (dende 1930 até o 2030) evitando a temida bancarrota. Está dispoñible en varios idiomas e para diferentes sistemas operativos.
 
Á hora de xogar o conxunto de posibilidades aumenta ata o punto de que cada partida desenvólvese dunha forma diferente, o que contrasta con eses xogos estruturados que aínda que queiras probar con outros camiños, sempre rematas no mesmo sitio para o que está programado. Ademais,este software posúe unha versión para PDAs.

 

Pantallazos

Descarga  

Fonte: Territoriolibre

http://www.mancomun.org/images/stories/logogpul_sin_cuadro.jpgVemos na páxina de GPUL o anuncio de presentación dun novo proxecto: Hermes.

“O proxecto ten por obxectivo levar o Software Libre alá onde non chega a banda larga, ou, directamente, onde non chega Internet. A veces non somos conscientes, nestes días nos que, incluso o peor [[ISP]] nos permite baixar calquera das nosas distribucións favoritas, de que máis alá das nosas fronteiras hai moita xente que necesita el Software Libre, pero non pode acceder polas limitacións da rede.

En GPUL queremos mirar cara esa xente, ou o que é o mesmo, mirar 9 anos atrás cando arrancou a asociación e, facendo uso do correo postal, ampliar o número de beneficiarios do Software Libre.

Non temos previsións do alcance e importancia que este novo proxecto poida ter. En calquera caso, intentaremos manter lazos con outros grupos de Software Libre por todo o mundo para poder facer unha rede mundial e optimizar así os envíos a cada zona…”

Páxina do proxecto Hermes.

Máster de Software Libre de CaixanovaO pasado venres 19 de outubro deu comezo o Máster en Software Libre de Caixanova en colaboración con Igalia e  o grupo LibreSoft da Universidad Rey Juan Carlos. As oito persoas inscritas neste programa de formación asistiron á presentación por parte de Jesús González Barahona, profesor da Universidad Rey Juan Carlos.

O máster desenvólvese en sesións de fin de semana e rematará en setembro do vindeiro ano. Os alumnos desenvolverán as súas prácticas en empresas como Igalia ou Telefónica I+D.  No blogue de Chema Casanova de Igalia atoparedes máis detalles desta iniciativa.

Este máster ten por obxectivo formar a profesionais para desenvolver proxectos internacionais de Software Libre. Outro aliciente para os alumnos serán as bolsas Morfeo, promovidas por Telefónica I+D, e GNOME, promovida por Igalia, que achegarán unha axuda de 3.000 euros e a posibilidade de facer o practicum nestas empresas.

O enfoque internacional do Máster de Software Libre, cun marcado carácter práctico e enfocado á empresa, suxería solicitar a colaboración de persoeiros de renome internacional que acheguen a relación da comunidade de Software Libre coa empresa:

  • Miguel de Icaza, vicepresidente de Developer Platform en Novell, fundador do proxecto GNOME e impulsor do proxecto Mono.
  • Richard Stallman, presidente da FSF e fundador do proxecto GNU.
  • Bdale Garbee, xefe tecnolóxico da área Open Source & Linux de HP a nivel mundial e tamén presidente de Software in the Public Interest.
  • Carlos Guerreiro, líder de OSSO Desktop team en Nokia Multimedia, relacionado directamente co proxecto Maemo.
  • Alberto Abella, director de desenvolvemento corporativo da Fundación CENATIC e co-autor do Libro Blanco de Software Libre .
  • Marcelo D’Elia Branco, coordinador do proxecto “Red Internacional de las Administraciones Públicas por el Software Libre”.

Todos os membros do comité asesor participarán de forma activa durante o curso académico, impartindo unha conferencia maxistral aberta ao público e un seminario específico exclusivo para os alumnos do Máster.

 

http://www.mancomun.org/images/stories/gimp.jpgDespois de tres versións candidatas xa está dispoñible a versión 2.4 de Gimp.Esta nova versión está traducida nun 83% ao galego grazas ao traballo da comunidade galega de Gnome e dos voluntarios do Entrans de mancomun.org. En breve estará dispoñible unha tradución completa e revisada lingüisticamente.

Entre as novidades desta nova versión destacan:

  • O soporte para espazos de cor.

  • As novas ferramentas de selección, corrección de distorsións da lente, ollos vermellos, etc.

  • Menús redeseñados.

  • Novo estilo tango das iconas…

  • Novo comportamento do brillo e do contraste.

 

  • Brochas dinámicas.

  • E moitos cambios máis…

Páxina oficial de GIMP:
http://www.gimp.org/

Notas da versión con vídeos de demostración:
http://www.gimp.org/release-notes/gimp-2.4.html

 

BrOfficeMancomun.org vai explicar a súa experiencia na tradución, distribución e difusión de OpenOffice.org nun relatorio a través de videoconferencia no BrOffice, encontro internacional que terá lugar en Brasil e que ten por obxectivo a dinamización da comunidade de desenvolvemento de OpenOffice.org, así como promover a integración con usuarios finais.

Mancomun.org ofrece a posibilidade a persoas involucradas na tradución do Software Libre, no OpenOffice.org ou na lusofonía de estar presente durante o relatorio de Mancomun.org que terá lugar o venres 26 de outubro de 14:40 a 15:20 no reitorado da Universidade de Santiago de Compostela situado na Praza do Obradoiro.

Debido a limitacións do aforo requírese que se confirme a asistencia enviando un correo ao enderezo mancomun@mancomun.org.

O presidente búlgaro Georgi Parvanov manifestou nunha carta o seu apoio ao Software Libre na conferencia OpenFest que tivo lugar en Sofía este fin de semana. “As tecnoloxías de Software Libre axudan a resolver problemas como os de transparencia e de acceso libre da cidadanía á información”.

“Este acontecemento axudará á popularización do Software Libre en Bulgaria”, escribiu o presidente nunha resposta á solicitude dos organizadores para se converter no presidente de honra da conferencia. “Hoxe en día, é imperativo popularizar o Software Libre e darlle soporte institucional”.

Parvanov tamén declarou que os proxectos de Software Libre deberían ter máis axudas por parte do goberno. “As aplicacións de Software Libre axudan a construír pontes á sociedade dixital”

Ligazón orixinal:
http://ec.europa.eu/idabc/en/document/7248/469

GroundWork Monitor Open Source 5.1 é unha solución completa que permite a monitorización dunha infraestrutura de TI permitindo previr posibles problemas antes de que ocorran. Este software unifica as mellores ferramentas de código aberto: Nagios, Nmap, SNMP TT, PHP , Apache, MySQL e outros máis — que a través dunha interface baseada en PHP/AJAX proporciona todas as funcionalidades. 

En sourceforge están dispoñibles para descargar versións de GroundWork Monitor para probar en versión LiveCD, máquina virtual, RPM, …
Songbird é unha aplicación multiplataforma, dispoñible para Mac, Windows e GNU/Linux, que nos da a posibilidade de organizar e escoitar música no disco duro, escoitar emisoras de radio, compras en liña, ao estilo do iTunes, sincronización de ficheiros co iPod, etc… Pode utilizar extensións e peles. Outra das súas vantaxes, é que está feito por Mozilla.

Para isto emprega [[Xml User Interface Language]] e utiliza os pluggins do VideoLan e SQlite.

 

Fonte: Noticiastech.com  

MySQLA multinacional Google asinou un acordo de contribución con MySQL para proporcionar un marco legal baixo o cal MySQL pode incluír código doutra empresa na súa base de datos a través do proxecto Google-MySQL-Tools. Google contribuirá na versión 7.0 deste sistema de xestión de bases de datos.
 

Google é un dos maiores usuarios de MySQL a nivel mundial.

Fonte: Infoworld

Mozilla FoundationOs ingresos da Fundación Mozilla, responsable de produtos tan importantes para a comunidade do Software Libre como Thunderbird ou Firefox, incrementáronse nun 26% entre o ano 2005 e o ano 2006. No pasado ano a fundación ingresou máis de 66 millóns de dólares e ten a máis de 90 persoas traballando a tempo parcial ou completo para eles concentrados sobre todo en Tokio, California, Toronto e París.
 

O CEO da Fundación Mozilla explica a vida da institución durante o pasado ano no seu blogue.

Dende a organización do II Concurso Universitario do Software Libre avísannos de que hai importantes melloras na contía dos premios.

A contía aumenta a un total de 15.000 € que se repartirán entre as categorías existentes con 2000 € para os proxectos gañadores e 1000 para os finalistas.  

Ademais deste aumento, e grazas á Comunidade MORFEO, créase unha nova categoría: Premio Comunidade Morfeo, cunha dotación de 6000€. Este premio concederáselle ao proxecto que reciba mellor crítica da comunidade e non será excluínte no caso cos premios dispoñibles nas outras categorías.

O prazo de inscrición neste concurso remata o 31 de Outubro.

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal