Mancomún

UbuntuA versión 8.04 de Ubuntu recibirá o nome de Hardy Heron e aparecerá en abril do vindeiro ano. Canonical, responsable da distribución, lanzará unha versión para a comunidade e outra orientada a empresas e individuos con soporte a longo prazo garantido. Está prevista a aparición da 7.10 Gutsy Gibon en outubro deste ano.

A primeira versión de Ubuntu con soporte a longo prazo (Long Term Support) foi a Ubuntu 6.06 que apareceu en xuño de 2006. Estas versións contarán con actualizacións de seguridade durante cinco anos no caso do servidor e tres no caso de escritorio.

Unha das cuestións pendentes no Software Libre é ter drivers de vídeo completamente funcionais. De feito a Free Software Foundation declarou este punto un dos proxectos de maior prioridade. Mentres tanto, a maioría de usuarios e distribucións deciden empregar os drivers propietarios que as marcas de tarxetas gráficas permiten descargar de xeito gratuíto.

Un dos principais proxectos está a traballar a prol da consecución dun driver completo e libre para as tarxetas AVIVO R500 e R600 de AMD/ATI. Segundo Jerome Glisse, coordinador do proxecto, o progreso do mesmo é moi bo e probablemente antes de fin de ano teráse un driver que dea algún soporte de aceleración 3D.

Glisse e os outros 3 ou 4 colaboradores do proxecto comezaron o desenvolvemento do driver Avivo a primeiros do ano 2007, aínda que o traballo serio empezou hai un par de meses e a primeira versión oficial aínda non ten data. A maior parte do traballo consiste na reenxeñería do driver fglrx , o binario proporcionado por ATI para Linux e baseada na experiencia en proxectos pasados.

Actualmente, o driver Avivo está nunha fase extremadamente básica, aínda non axeitada para o seu uso xeral. O driver só é capaz de establecer o modo. Máis especificamente, os desenvolvedores do proxecto aprenderon a programar as especificacións de hardware como DAC (digital to analog converter), LVDS (low-voltage differential signaling), e TMDS (transition minimized differential signaling) que permiten ao computador comunicarse coa tarxeta de vídeo; é dicir “ o básico que se precisa para conseguir algo na pantalla” en palabras de Glisse.

Por suposto hai que traballar aínda moito máis para ter un driver útil. Glisse confía en que o proxecto poida acadar nun futuro breve a inicialización da tarxeta con funcións tales como suspender e visualizar, under- e over-clocking das tarxetas, e acceso á RAM da placa. Así mesmo espera que moito do traballo que queda poida ser portado do traballo feito para o anterior proxecto R300.

Aínda que AMD adquiriu ATI hai máis dun ano e non amosou ningún sinal de querer mellorar os drivers libres, Glisse espera que AMD cambie esta actitude e comece a traballar coa comunidade. Mentres tanto, agardando que ocorra isto, o proxecto Avivo precisaría máis xente con experiencia en drivers gráficos e o desexo de facer un esforzo a longo prazo.

BulletProofX (X a proba de balas), ten por obxectivo ofrecer un modo a proba de fallos totalmente gráfico cando a nosa configuración ou os nosos controladores sexan incorrectos.

Como case todos os usuarios de Linux que teñan problemas coa súa tarxeta gráfica saberán, se as X fallan o que se ve será unha pantalla azul e o modo terminal como única saída. Pero Ubuntu 7.10, seguindo coa súa política de facilitar todos os pequenos fallos que os acompañaron desde a súa saída, ofrecerá un modo gráfico mínimo pero funcional, e ademais lanzará por defecto a utilidade que comentamos. Así, se queremos “trastear” cos nosos controladores non teremos que andar tocando os nosos ficheiros de configuración en ningún momento.

 

Fonte: http://www.genbeta.com

Ata o 7 de setembro pódese votar nos European eGovernment Awards 2007, organizados pola Comisión Europea para premiar ás mellores prácticas no uso das TIC nos servizos públicos. Dentro destas iniciativas está nominada PloneGov, unha iniciativa de código aberto para a e-administración con participación española que foi seleccionada entre os finalistas aos premios.

PloneGov é, basicamente, un portal con Software Libre para a e-administración. Nel ofrécese software pensado para concellos e administracións de tamaño medio e pequeno que non teñen os recursos necesarios para desenvolvelos ou financialos de forma individualizada…

Máis información na fonte orixinal da nova en:
http://softlibre.barrapunto.com
INEO, asociación patronal galega das empresas das tecnoloxías da información e da comunicación de Galicia, e Conetic, organización que  reúne a diversas asociacións empresariais TIC de todo o estado, participan nun programa de inserción laboral dirixido a facilitar a inserción laboral dos desempregados no eido das tecnoloxías  da información. Entre outros perfís laborais promovidos polo Proxecto Insertic está o de xestor de redes en Software Libre.
 

Participan en Insertic asociacións de empresas de Galicia, País Vasco, Navarra e Castilla y León co obxectivo de crear 168 postos de traballo relacionadas coas áreas de desenvolvemento de software, seguridade informática e xestión de bases de datos.

O desenvolvemento deste proxecto en Extremadura, basearase completamente en Software Libre e realizarao Indra cun financiamento de 6,3 millóns de euros nun prazo de execución de 34 meses. O proxecto supoñerá a creación de 40 novos postos de traballo no centro de software que a compañía de TI ten en Badajoz.

Con este sistema os usuarios poderán efectuar telematicamente calquera dos 1.050 procedementos existentes: poderanse obter certificados, licenzas, solicitar becas ou subvencións, realizar o pagamento de taxas ou pedir a tarxeta da seguridade social. Outra vantaxe importante é que o sistema permite a colaboración entre funcionarios de distintas consellerías, establecéndose fluxos de traballo que axilicen os procesos así como a creación dun rexistro único de documentos.

Con esta medida, Extremadura pasa a converterse nunha das primeiras comunidades en cumprir a “Ley de Acceso Electrónico a los Servicios Públicos” que recoñece o dereito aos cidadáns a relacionarse coa administración por medios electrónicos.

 

Fonte orixinal da nova:
http://www.indra.es

Freeclident é un software destinado á xestión de clínicas dentais que destaca pola súa facilidade de instalación e sinxelo manexo.

Concibido para adaptarse aos diferentes contornos clínicos, Freeclident proporcionan flexibilidade cos seus modos de funcionamento multi-consulta e multi-gabinete.

Está deseñado para traballar en rede local, a través de Internet ou nun solo computador. Incorpora un sistema de seguridade axeitado aos requisitos en materia de produción da privacidade dos datos dos pacientes.

Dotado dun potente motor de bases de datos, Freeclident é totalmente escalable, axustándose ás máis variadas topoloxías, desde unha configuración para un só posto até unha extensa arquitectura cliente servidor. Está protexido baixo a licenza GNU/GPL…

Fonte orixinal da nova:
http://softwarelibre.lynksee.com

Páxina oficial do proxecto:
http://www.freeclident.org

Grails é un framework web que permite o desenvolvemento rápido de aplicacións web empregando Groovy como linguaxe. Unha linguaxe dinámica que corre sobre a máquina virtual Java.

Na lista de correo de Grails publicouse o anuncio da liberación de Grails 0.6, que será a derradeira versión 0.x, xa que o próximo lanzamento será o 1.0.

As principais novidades desta versión, aparte das melloras de rendemento son: 

  • Posibilidade de compilar Java e Groovy con dependencias cruzadas

  • Integración con Spring Web Flow.

  • Soporte para Spring Scopes.

  • Soporte para servizos REST, con tratamento automático de JSON/XML e mapeo de urls.

  • Novo DSL (Domain Specific Language) para aquelas configuracións que non podan establecerse por convención.

  • Soporte para decoradores de Sitemesh.

  • Posibilidade de que os controladores invoquen tags como se foran métodos locais.

  • Incorporación de novas etiquetas a GSP.

 

Fonte:
http://vivalinux.com.ar

MapWindow é unha ferramenta [[SIX]] gratuíta que ademais de permitir a visualización de información xeográfica nos deixa facer a edición e a análise. Dispón dun control OCX que permite programar baixo Visual Basic .NET ou C#. Como consecuencia desta posibilidade de personalización, xa existen na páxina do proxecto diversas extensións gratuítas para estender as capacidades do programa.

De entre todas as súas funcións destácase sobre todo a súa capacidade para crear e editar ficheiros Shapefile, mediante un plugin incluído chamado Shapefile Editor. Tamén son moi interesantes as funcións de creación de TINs a partir de datos altimétricos en formato Shp ou Grid.

Fácil de instalar e manexar. Pódese descargar en dúas versións: Standard Edition e Developer Edition. Ambas son multiplataforma, pois estan desenvolvidas con tecnoloxía .NET e por iso, obviamente, requiren do NET Framework para operar. A verdadeira potencia deste produto sácase coa versión Developer, para aqueles que programen; é unha alternativa libre de “royalties”.

Para rematar, cabe subliñar que ademais da programación, a aplicación en si é bastante personalizable xa que emprega ficheiros XML para escribir os seus datos de proxecto e os seus parámetros de inicio e operación. Como é natural, estes ficheiros XML poden ser abertos e editados con calquera editor de texto. A súa licenza é [[MPL]] (Mozilla Public License).

 

QEMU é un programa, baixo as licenzas LGPL e GPL de GNU, que executa máquinas virtuais dentro dun sistema operativo, (GNU/Linux, MS Windows, …)

O obxectivo principal é emular un sistema operativo dentro doutro sen ter que facer reparticionamento do disco duro, empregando para o súa ubicación calquera directorio dentro deste.

Esta máquina virtual pode executarse en calquera tipo de Microprocesador ou arquitectura (x86, x86-64, PowerPC, MIPS, SPARC, etc.) facendo de QEMU unha ferramenta óptima para a testase de aplicacións en plataformas diferentes.

O programa non dispón de GUI, pero existe outros programas que fan de frontais para facilitar o funcionamento de QEMU.

A continuación recóllense algúns deles:

  • QEMU manager é un programa escrito para MS Windows que fai as veces de interface gráfica para o emulador de máquinas virtuales QEMU.
  • QEMU Launcher é un frontal GTK para QEMU baixo GNU/Linux.
  • QEMoon é un frontal gráfico para QEMU que traballa en GNU/Linux e MS Windows en Java empregando o framework Eclipse.
  • Qemudo é unha interface para QEMU que ofrece acceso a máquinas virtuais por medio dunha web aos usuarios.
  • QtEmu é unha interface gráfica de usuario para QEMU escrito en Qt4 para GNU/Linux e MS Windows.

Páxina principal do proxecto:
http://fabrice.bellard.free.fr/qemu/

SQLDesigner é unha ferramenta que nos permite crear facilmente o modelo de datos e as relacións entre as táboas da nosa base de datos. E non só iso, senón que podemos importar e exportar o modelo a un ficheiro [[XML]] e xerar os scripts SQL correspondentes ao modelo para diferentes bases de datos como [[Oracle]], [[MySQL]], [[Postgres]], MSSQL, etc.  A súa licenza é GPL Versión 2.
 
Pódese descargar desde a súa páxina oficial, para iso é preciso montar un servidor que soporte [[Php]], outra opción é executalo en liña. O seu uso non é moi complexo, vanse creando as táboas e sobre cada táboa engadindo os campos da mesma. Cando haxa que facer unha relación entre 2 táboas (chave foránea) simplemente hai que arrastrar o campo dunha delas cara á outra (mediante Arrastrar e Soltar). Para eliminar relacións, hai que escoller o campo correspondente e pulsar sobre “Borrar campo”.

Páxina do proxecto: SQLDesignger
Demostración en liña: Demo  

Fonte: http://ubuntulife.net  

http://www.mancomun.org/images/stories/joomla_template_contest.jpgChegando o próximo lanzamento do que será Joomla! 1.5 estase a procurar que os deseñadores comecen a crear modelos (templates) para esta nova versión. O feito de que esta nova versión manteña a compatibilidade cara atrás fai que moitos deseñadores permanezan estancados facendo traballos para a versión 1.0 e desaproveiten as posibilidades que oferta a nova versión. Para motivar a aparición de novos deseños para a versión 1.5 anúnciase o concurso “Joomla! 1.5 Template Contest”.

Os cinco finalistas obterán diversos premio (bolsas para portátiles, camisetas, lapis USB, …) e o gañador terá a maiores o seu modelo incluído dentro do núcleo de Joomla 1.5 como terceiro modelo.

As regras do concurso obrigan a facer uso das novas características tendo que facer un deseño accesible e baixo licenza GPL.

Algunhas delas:

  • Os paquetes Template deben ser instalables polo instalador de extensión de Joomla! 1.5
  • Todos os ficheiros do modelo deber estar baixo licenza GNU/GPLv2
  • Os modelos deben ser orixinais e traballar nativamente en J! 1.5, non se pode facer uso do Modo Herdanza (Legacy Mode) para o seu funcionamento.
  • Os modelos deben facer uso dos contidos de exemplo incluídos en Joomla! sen poder facer uso de módulos/contidos adicionais.
  • Os modelos deben facer uso de parámetros (polo menos un)
  • Debe validar XHTML 1.0 e CSS
  • A aparencia ten que ser similar para os navegadores Internet Explorer 6+, FireFox, Safari e Opera.

» Máis información sobre as bases do concurso.

Enviáronse dúas ofertas de emprego á lista de ofertas de emprego de Software Libre. Para recibir estas e outras ofertas podes subscribirte á lista de emprego.

Enxeñeiro de aplicacións software para ARANTIA 2010, S.L. para a posta en marcha e configuración de contornos baseados en LINUX así como o desenvolvemento de aplicacións sobre dita plataforma.

Requiren coñecemento de instalación e configuración de GNU/Linux, GNU C/C++, BBDD MySQL, Postgre, Apache, PHP / Javaserv / JavaScript e Java; rigor técnico, capacidade de análise e resolución de problemas. Valoraráse experiencia profesional previa no sector, coñecemento do idioma inglés e dominio de outras aplicacións ASP: VBScript, HTML/DHTML, XML. 

Programador multimedia en contorno PHP/MySql para Factoría de Software e Multimedia.
Requírese coñecementos de programación en PHP, MySql e Postgres. Tecnoloxía LAMP. Experiencia mínima de 1 ano. Experiencia en administración de servidores Apache e Linux

Valorarase capacidade de análise e traballo en equipo, experiencia en comunicación e trato co cliente, coñecementos de .NET e SQL Server, de CSS, XML e XHTML e normativa de accesibilidade.

Moneiba Frameworks xestiona varios tipos de bases de datos como [[PostgreSQL]], [[MySQL]], [[Oracle]] e MS SQL Server. Conta cun sistema de sincronización de datos, por exemplo, dúas sucursais dunha empresa en diferentes partes do mundo e necesitan compartir datos de facturación, clientes, etc, pois é posible que compartan os mesmos datos sen problemas de sincronización. Actualmente estase incorporando novas melloras, entre elas un instalador (.exe) actualmente na súa versión beta.

Tamen permíte crear complicadas bases de datos só modificando un ficheiro xml. Destacar que ao desenvolver un programa con Moneiba podese traducir a varios idiomas de forma fácil por medio dun ficheiro en formato TXT. Moneiba é capaz de executarse en Windows e GNU/Linux (con Wine).

 

Moneiba retoma a idea pero mellorada amplamente dun programa chamado Speed Docs desenvolvido integramente por Raúl López. Actualmente estase a integrar Moneiba con Oscommerce para a comunicación de cliente-servidor para a web de venda en liña. 

 Descargar: Moneiba

http://www.mancomun.org/images/stories/gnu-project.pngOnte liberouse a cuarta versión alfa do reprodutor libre de Flash do proxecto GNU. Esta nova versión, posiblemente a última alfa, resulta máis estable cás versións anteriores. Gnash soporta tanto a maioría dos apcodes de Flash ata a versión 7 como unha gran cantidade de clases de ActionScript 2 para a versión 8.5. Actualmente trabállase en dar soporte á versión 9 de Flash e ActionScript 3…

Fonte:
http://softlibre.barrapunto.com

http://www.mancomun.org/images/stories/bertamirans_obradoiros.jpgAtópase dispoñible a programación da aula aberta de Bertamiráns para o mes de setembro, na que se inclúen dous obradoiros dirixidos a persoas maiores de idade con coñecementos básicos de informática.

Os dous obradoiros son os seguintes:

  • Iniciación ao procesador de textos, do 17 ao 28 de setembro
  • Obradoiro de Internet avanzado, do 18 ao 27 de setembro
Nestes obradoiros e tal como nos comentaron dende a propia aula aberta de Bertamiráns, sempre se procura usar Software Libre, e no caso destes dous cursos en particular usarase o OpenOffice.org e máis o navegador Mozilla Firefox, ademais de ofrecer información relacionada co Software Libre como a historia, principios, vantaxes, etc…
 
O cartaz da programación da aula aberta de Bertamiráns atópase dispoñible na seguinte ligazón:
http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu

Evento engadido á Axenda de Eventos de Mancomun.org

Fonte da nova:
http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu

Grazas á xente da aula aberta de Bertamiráns polas súas aclaración sobre a nova orixinal.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal