Mancomún
Atópase dispoñible a segunda versión alpha (fase inicial de desenvolvemento e probas) do popular live-cd Damn Small, na súa rama 4.0.

Damn Small é un pequeno live-cd de tan só 50 megas que naceu como un experimento para comprobar cantos paquetes cabían nun espazo reducido coa contorna máis amigable posible. O seu funcionamento é óptimo, baseado en knoppix (debian), usa fluxbox como contorna gráfica e é especialmente recomendable para arrincalo en calquera computador, por vello que sexa. Posibilita tanto a súa utilización desde cd, como a súa instalación nun lapis usb ou no disco duro.

Algunhas das novidades que incorpora son:

  • restaurados módulos netfilter para o rc.firewall
  • melloras á hora de facer unha nova instalación
  • engadidos .mtoolsrc mtools_skip_check=1
  • mellora do aspeto dalgunhas iconas
  • solucionados erros
  • e máis

Para descarga: mirrors

Enlace descarga directa: dsl-.4.0.alpha2

Fonte: FentLinux  

http://www.mancomun.org/images/banners/broffice2007.jpgOs próximos días 26 e 27 de outubro celebrarase o BrOffice.org, un encontro que ten por obxectivo a dinamización da comunidade de desenvolvemento de OpenOffice, así como promover a integración con usuarios finais.
 
Durante o evento organizaranse talleres técnicos presentando o produto, as liñas de desenvolvemento, as vantaxes e desvantaxes, ademais de casos de éxito na migración. Este ano preténdese implicar a máis público, como ás comunidades galega, que estará representada por mancomun.org, e a arxentina, país veciño.
 
Fonte.- BrOffice.org  

Ajax AnimatorAjax Animator é un contorno de desenvolvemento integrado para flash de uso sinxelo e para a comunidade. Foi deseñado para o seu uso sen coñecementos previos de desenvolvemento flash ou programación. Despois de moitas tentativas para ter un contorno de desenvolvemento flash de escritorio en GNU/Linux, Ajax Animator aparece da man da web 2.0, permitindo a súa execución dende un navegador web. 

Ainda co nome pode dar lugar a confusión non se trata dunha ferramenta para facer animacións javascript senón dunha interface, que empregando [[Ajax]], permite ter un contorno de edición de flash. Facendo uso dunha interface web é posible crear animacións swf sen ter instalar ningún outro requerimento agás un navegador. Polo momento só traballa en navegadores gecko ainda que se está a traballar para que funcione en MS internet explorer.
 
Conta con funcionalidades limitadas pero en constante desenvolvemento e o obxectivo do proxecto é proporcionar unha alternativa ao contorno de Adobe accesible por todo o mundo dende calquera plataforma. 
 
Pantallazo da ferramenta en funcionamento

Ajax animator está dispoñible dende google code. Existe unha versión en liña para probar as funcionalidades da ferramenta sen necesidade de ter que instalar a aplicación. 

http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gifNo blogue de Kai Ahrens, enxeñeiro de Sun, pódese ler unha nova que nos fala que o equipo desenvolvemento de Sun está preparando todo para que OpenOffice.org poida importar arquivos PDF. Parece ser que a primeira versión deste filtro nativo para editar PDF estará dispoñible nos vindeiros meses.

Tradución dun extracto do blog:

“Fai xa uns anos que existe un filtro de exportación que funciona moi ben, agora é hora de dar os pasos finais para conseguir o soporte completo para PDF. Si, estamos falando de implementar un filtro de importación nativo de PDF para o OpenOffice.org xunto co equipo de desenvolvemento de OOo Graphics de Sun.

A tarefa pode parecer trivial neste momento, mais hai algúns temas que necesitan ser discutidos en detalle antes de que o desenvolvemento comece. Un deles concirne a aplicación OpenOffice.org, xa que o filtro non se limitará a facer unha simple importación do PDF…”

“Non quero adiantar detalles do estado e a fase de desenvolvemento actual, pero podedes estar seguros de que a solución final está pensada para servir de reemprazo total das ferramentas dispoñibles que usades no voso traballa, preservando o estilo e presentación o mellor posible e ofrecendo ademais capacidades de edición para o documento importado, unha característica que non se obtén gratis da maioría das ferramentas máis comúns. Soa xenial, non?”.

 

Máis información no blogue:
Blogue de Kai Ahrens

Fonte:
http://barrapunto.com
A través do sitio web open.movilforum.com poderanse testar novas interfaces de servizos móbiles con desenvolvedores externos antes de que se produza o seu lanzamento comercial.

Con esta iniciativa, preténdese facilitar o desenvolvemento de aplicacións de software aberto achegando APIs sinxelas, ferramentas e información detallada sobre o funcionamento dos móbiles. Ademais simplificarase significativamente o proceso en provisión e probas tanto para programas dentro dos dispositivos como para os que utilizan os servizos de Telefonica en rede.

Open movilforum nace da cooperación do fabricante Nokia e o seu proxecto ForumNokia, complementando así a oferta ao desenvolvedor cun gran número de interfaces e ferramentas xa existentes, centradas nos dispositivos S60 .

Movistar elixiu a Campus Party (Valencia, 23-29 de xullo) para a presentación de Open movilforum. Precisamente no ámbito da Campus, movistar convoca o concurso Open movilforum de software libre polo que se premia a mellor aplicación para o Mobile 2.0 cun terminal Nokia N800 con Linux e Wifi.

Fonte: Laflecha

WebLOAD Open Source é unha aplicación para probar o rendemento e a carga de calquera tipo de aplicación de internet, incluíndo aplicacións [[Web 2.0]] e [[AJAX]].

WebLOAD Open Source está baseado no traballo de máis de 12 anos de desenvolvemento investido na aplicación WebLOAD, anteriormente propietaria e unha alternativa a JMeter e OpenSTA.

Algunhas das novas características na versión 8.1 de WebLOAD son:

  1. Actualización da maior parte da interface gráfica de WebLOAD con novos elementos, incluíndo iconas.
  2. Novo control de edición con unha mellor interface e máis características:
    1. Numeración de liñas.
    2. Resaltado de liñas, permitindo expandir e contraer bloques de código para facilitar a lectura.
    3. Inclúe soporte para autocompletado de código (premendo CTRL+Espazo) e atributos/métodos (automaticamente premendo ‘.’).
  3. Gravación e opcións de gravación melloradas:
    1. Soporte para manexo de datos binarios: os datos binarios poden ser codificados durante a gravación.
    2. Control adicional sobre o contido programable que é creado polo gravador.
    3. A vista de cabeceiras HTTP mostra os datos pedidos para o método POST incluso durante a gravación.
  4. Mellora na xestión dos rexistros de incidencias (log).
  5. Engadido o soporte para codificación de caracteres dos navegadores.
  6. Mellorado o soporte para MySQL Database building blocks.
  7. Novas características complementarias que aínda non están documentadas ademais doutras moitas características.

Captura de pantalla de WebLOAD Open Source (podes ver máis capturas premendo na imaxe):
http://www.mancomun.org/images/stories/webload.jpg

MuseScore é unha aplicación gráfica WYSIWYG para GNU/Linux licenciada baixo a GNU GPL. MuseScore permite unha edición rápida e sinxela nunha partitura virtual. Ten un secuenciador integrado para a reprodución inmediata da partitura e tamén un sintetizador de software FluidSynth. Tamén pode importar e exportar os datos a MusicXML e ficheiros [[MIDI]] estándar.

 

Prema na imaxe para ver máis capturas de pantalla de MuseScore:http://www.mancomun.org/images/stories/muse_score.png

A última versión de MuseScore é a 0.6.1 e podes descargala dende a páxina do proxecto en SourceForge e os requirimentos son os seguintes:

A plataforma de desenvolvemento de MuseScore é Kubuntu 7.04.

PatientOS é un sistema de información sanitaria de código aberto, lanzado baixo a recente licenza GPL 3.0. Este software empresarial está deseñado para facilitar o traballo no sector da saúde, para facilitar o traballo a médicos, enfermeiros, farmacéuticos, técnicos de laboratorio e outro tipo de departamentos.

Esta ferramenta é multiplataforma, pois está feita nunha linguaxe interpretada (Java) e traballa empregando diferentes sistemas xestores de bases de datos, PostgreSQL, que é libre, e Oracle, que é propietario. A aplicación aínda esta en fase Alpha, pero espérase unha versión máis madura en breve.

Páxina web do proxecto: http://wwww.patientos.org

Pantallazos: http://www.patientos.org/software/screenshots.html

Vídeos: http://www.patientos.org/software/video.html  

http://www.mancomun.org/images/stories/tn-blue-pivot.png Marcelo Tosatti, un dos membros do proxecto OLPC (One Laptop Per Child), tamén coñecido anteriormente como o portátil de 100 dólares, estivo na Campus Party amosando unha versión final do mesmo (prema en ler máis para ver o vídeo).

O portátil amosado no vídeo corre sobre GNU/Linux, aínda que tamén afirmaron que funcionará sobre MS Windows.  

A iniciativa de Nicholas Negroponte e outros membros do MIT (Massachusetts Institute of Technology) e contando co apoio de Red Hat, sacou o seu primeiro computador en abril deste ano e xa comezou a súa implantación en países como Uruguai

O proxecto pretende axudar na educación dos nenos de países en vías de desenvolvemento, pero tamén poderá ser comprado en países desenvolvidos ao dobre do seu custe, logrando con iso que chegue outra unidade de forma gratuíta a un país necesitado. A fabricación en masa xa comenzou e pretenden comezar a súa distribución a finais de ano.

Sobre Marcelo Tosatti comentar que é unha figura moi coñecida dentro do mundo do Software Libre, principalmente pola sorpresa que causou o feito de que Linux Torvalds o elixira, cando só tiña 17 anos, para ser o responsable do mantemento da versión 2.4 do núcleo de Linux.

Vídeo do OLPC na Campus Party:

 

 

 

Fonte da nova:
http://www.elotrolado.net

Recentemente saíu o fallo dos premios de SourceForge, nos cales a comunidade de usuarios deste sitio votou as súas aplicacións favoritas en diversos campos.

A maior parte dos proxectos son coñecidos por todos, ou temos escoitado falar deles algunha vez, e con estes premios, recoñécese o seu bo facer como aplicacións de código aberto.

Os gañadores foron os seguintes:

 

  • Mellor proxecto: 7-Zip
  • Mellor utilidade para desenvolvedores: TortoiseSVN
  • Mellor proxecto para empresas: Firebird
  • Mellor proxecto para xogadores: ScummVM
  • Mellor proxecto multimedia: Audacity
  • Mellor proxecto para comunicacións: phpBB
  • Proxecto máis novidoso: emule
    • Neste apartado houbo unha mención de honor: Launchy
  • Mellor soporte ao usuario: Firebird
  • Mellor deseño técnico: 7-Zip
  • Proxecto máis colaborativo: Azureus
  • Mellor utilidade para administradores: phpMyAdmin

 

Información completa en: Sourceforge  

A Comisión Europea puntuou con un “sobresaínte” o proxecto OPERA 2 («Open PLC European Research Alliance» ou Alianza de Investigación Europea sobre PLC Aberta), cuxo obxectivo é desenvolver un estándar aberto para a nova xeración de tecnoloxía a través da rede eléctrica.

Este tipo de tecnoloxía sérvese das redes eléctricas nacionais para subministrar banda larga de baixo custe útil para unha ampla gama de aplicacións, como a educación virtual, a telefonía, os fogares intelixentes, os novos servizos intelixentes pola rede eléctrica, a televisión á carta, a seguridade e a saúde electrónica…

Unha vez avaliado, a Comisión Europea outorgou a OPERA a maior puntuación que un proxecto de financiamento comunitario pode alcanzar, debido a súa sólida contribución ás actividades de estandarización internacional e, ademais, ás súas excelente probas de campo, levadas a cabo para demostrar a escalabilidade da tecnoloxía desenvolvida dentro do proxecto.

Noticia completa na súa fonte orixinal:
http://www.laflecha.net

GRUVI é o proxecto de voluntariado da Universidade de Vigo que recupera equipos informáticos para doalos con Software Libre a entidades sociais do contorno (asociacións, fundacións, ONG, etc.), a iniciativa conta coa coordinación da OSIX (Oficina de Servizos Integrados á Xuventude) que depende da Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes. Faro de Vigo fai unha reportaxe sobre a súa actividade nos campus de Vigo e de Ourense. Nesta iniciativa participan os grupos de usuarios GULO e GALPON.
 

Neste curso entregáronse 26 equipos completos e 65 monitores equipados que foron parar entre outros colectivos aos Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres de Teis; Down Vigo; Asociación Galega contra o Narcotráfico; o Afibropo, colectivo de fibromialxia e fatiga crónica da provincia de Pontevedra.

 Desenvolvido en C , trátase dun visor de datos SIX. Soporta plugins, entre os cales cabe destacar o de xeorreferenciación de imaxes raster (que vén incluído por defecto coa última versión 0.8.1). Con esta función de xeorreferenciación pódense crear world files para calquera mapa escaneado ou fonte de datos a rexistrar, aplicando unha transformación lineal ou, mellor aínda, unha transformación Helmert bidimensional.É multiplataforma, funciona en Linux, Unix, Mac OSX, e Windows (2000 e XP).

É interesante tamén destacar que dispón dun amplo abano de formatos de lectura, xa que utiliza a coñecida biblioteca Geospatial Data Abstraction Library (GDAL). Ademais tamén debemos destacar que soporta funcións de proxección, a través do uso da librería Open SourceProj4. Dispón a maiores de funcións GPS, como por exemplo a posibilidade de baixar waypoints desde un receptor GPS, importar datos GPS desde outros formatos que non sexan GPX, crear capas GPX e subir capas ao receptor.

A súa licenza é GNU/GPL, e algunha das características son:

  • soporte para táboas espaciais de PostGIS
  • soporte de shapefiles, ArcInfo coverages, Mapinfo, e outros formatos utilizados por OGR
  • soporte de rasterización de novos tipos de datos
  • características de identidades
  • mostrar atributos das táboas
  • escoller as características
  • dixitalización para GRASS
  • características de etiquetado

Páxina de Quantum GIS: http://www.qgis.org/
Captura de pantalla: Pantallazos

USCXa está publicado na nosa sección de descargas o Informe de Observación Tecnolóxica que trimestralmente realiza a Universidade de Santiago de Compostela, no marco do convenio asinado con mancomun.org. Este documento, que forma parte dos traballos editados polo Observatorio de Software Libre de Galicia, fai unha análise das principais novidades tecnolóxicas no eido do Software Libre do período que vai de maio de 2007 a xullo de 2007.

O maior sistema de correo electrónico educacional foi migrado a semana pasada na rexión de Carmarthenshire en Gales.

O sistema de correo proporcionará servizo de IMAP tanto en inglés como en galés a quince escolas de secundaria e 125 de primaria. Isto dá un total de 40 000 usuarios potenciais de acordo co caso de estudo. Sirius (a compañía encargada da migración) considera as capacidades bilingües unha das vantaxes do Software Libre, pois este tipo de aplicacións poden ser adaptadas para traballar en calquera idioma.

Segundo Sirius, o concello escolleu Software Libre porque é seguro, personalizable e escalable…

O sistema de correo de Carmarthenshire está construído sobre servidores que executan Debian GNU/Linux. O sistema ofrece tres versións de correo web, a depender do nivel de acceso de cada usuario. Por exemplo, os nenos de primaria poden enviar correos usando unha interface moi simple mentres o alumnado de secundaria ten acceso a características máis avanzadas. O sistema tamén pode ser configurado para controlar o envío ou a recepción de correo por parte de persoas non autorizadas desde internet.

A administración de usuarios fíxose con GOSA, unha aplicación libre para a xestión de contas de usuario. A cidade xermana de Múnic tamén está a empregar GOSA pola súa facilidade de integración (debido a que por debaixo se usa o LDAP).

Ligazón á nova orixinal:
http://ec.europa.eu/idabc

A empresa Acordar Comunicación precisa cubrir dous postos de traballo. Un programador web e un maquetador de html. Os perfís son:

Programador web:
-Posto de traballo como analista-programador/a desenvolvendo e mantendo aplicacións web.
-Necesario coñecementos avanzados de XHTML, CSS, programación orientada a obxectos, Javascript, PHP, MySQL, e, preferentemente, administración de servidores Apache.

Maquetador html:
Precisanse coñecementos e experiencia en:
-(X)HTML 1.1
-CSS2
-Accesibilidade
-Familiarizado con CMS que usen sistemas de plantillas
-Valorase experiencia e traballos anteriores

Os interesados poden enviar ao correo info@acordando.com ou ao teléfono 981 555 011.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal