Mancomún

No Centro de Difusión da UCMTA en Madrid estanse a impartir unhas Xornadas Tecnolóxicas de Software Libre para PEME organizadas pola cooperativa XSTO.INFO. No evento intercambiaranse experiencias sobre o uso do Software Libre no eido das PEME e o fomento do seu uso. Antes do peche  haberá un debate no que se tratarán os temas da xornada.

Outros temas presentes nas xornadas son …

  • As iniciativas dos centros de difusión tecnolóxica e promoción do Software Libre na PEME.
  • O Software Libre como apoio ás PEME. Experiencia de Estremadura con Vivernet.
  • Análise e experiencias das PEME con Software Libre. Abanq e Openbravo.

http://www.mancomun.org/images/banners/rede-dinamizadores-banner.jpg Novo evento da Rede de Dinamización:

“A Rede de Dinamización, en colaboración co Concello de Mugardos, dálle prioridade ao emprego do Software Libre e a súas ferramentas. Por este motivo, durante a vindeira semana, realizárase na aula Francisco Vizoso, da parroquia de Franza, no Concello de Mugardos, un obradoiro de iniciación ao OpenOffice.org e de mecanografía.

A aposta que fai este concello e máis a Rede de Dinamización polo Software Libre queda latente. As súas iniciativas cara potenciar este software van desde a realización da partición dos seus ordenadores da aula da parroquia de Franza, até os diversos cursos e obradoiros que están a divulgar e realizar…”

Evento engadido á “Axenda de eventos “.

Outros eventos de Software Libre do mesmo centro:
Outros eventos de Software Libre do mesmo centro

 

Nova orixinal:
https://dinamiza.sociedadedainformacion.eu

http://www.mancomun.org/images/banners/rede-dinamizadores-banner.jpgCon motivo da celebración do Día das Letras Galegas, Día de Internet e o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, a Rede de Dinamización da Sociedade da Información convocou un concurso de Iniciativas para premiar aquelas que fomentasen o uso do galego e o das tecnoloxías da información resultando gañadores nesta convocatoria dúas iniciativas de Software Libre.

As iniciativas gañadoras en Software Libre foron as seguintes:

Pódese ver todos os gañadores de todas as categorías na nova orixinal:
https://dinamiza.sociedadedainformacion.eu

 

Máis información:
https://dinamiza.sociedadedainformacion.eu

Sun acaba de liberar o seu plugin para Office 2000, XP e 2003 para exportar e importar documentos en formato Opendocument (ODF). Esta extensión permitirá as aplicacións da suite ofimática de Microsoft ler e crear documentos, modelos de cálculo e presentacións compatibles con Openoffice e StarOffice.

O plugin agrega o formato “Odt Text Document (*.odt)” as opcións de abrir e gardar documentos de Word, e opcións de importar e exportar en Excel e PowerPoint.

Fonte:http://www.vivalinux.com.ar/soft/office-odf-plugin.html

http://www.mancomun.org/images/stories/ogre-logo.gifOGRE, é motor de renderizado 3D flexible e orientado a obxectos, funciona en múltiples plataformas como MS Windows, Mac OS X ou GNU/Linux, a parte de ser deseñado coa idea de facer máis sinxelo o desenvolvemento de xogos/aplicacións 3D que exploten ao máximo as posibilidades materiais das tarxetas 3D. Ofrece un sistema de partículas e de xestión de recursos moi potentes, ademais de toda unha serie de funcionalidades moi interesantes.

OGRE emprega unha linguaxe de descrición de materiais que permite a súa xestión de forma independente ao código fonte da aplicación, dando soporte para vertex e shaders, HLSL (DirectX), GLSL (OpenGL) e Cg (DirectX/OpenGL). Conta con soporte para texturas PNG, JPEG, BMP, DDS e DXT/S3TC, así como texturas variables en tempo real. En canto ao modelado, permite a edición externa dende Blender, Wings3D, …

A provincia holandesa de Groningen está a considerar migrar a OpenOffice.org como anunciou esta pasada semana. A provincia planea non renovar a sua actual licenza para Microsoft Office, que remata o 1 de xaneiro de 2009.

Esta licenza permítelle ao goberno provincial continuar usando Microsoft Office durante tres ou catro anos, mais o desexo do goberno de Groningen é usar o diñeiro que se aforra das licenzas, sobre 50 000 euros anualmente para pagar a migración a OpenOffice.org. Groningen, ao norte dos Países Baixos, é a primeira das doce provincias holandesas en considerar o OpenOffice.org, unha paquete de aplicacións ofimáticas de código aberto.

O plano de migración ten o mesmo nome que a devandita cidade, que decidiu cambiar a OpenOffice o ano pasado. Segundo se explica no plano, a metade do diñeiro aforrado servirá para pagar a introdución de OpenOffice.org e a outra metade reservarase para o caso de que se decida, máis tarde, mercar novas licenzas de Microsoft Office.

Segundo as palabras de Peter Millenaar, un dos traballadores das tecnoloxías da información provinciais e responsable do plano, empregar o OpenOffice.org é unha boa forma de pescudar que impacto ten o software de código aberto nas organizacións e que significa para a xestión das tecnoloxías da información… 

Groningen tamén decidiu que, alí onde for posible, ofrecerá preferencia ao software de código aberto nos novos proxectos de tecnoloxías da información. O seguinte paso logo de comezar a usar o OpenOffice.org nos ordenadores de escritorio será axeitar alternativas de software de código aberto que están dispoñibles para os sistemas de xestión de bases de datos relacionais, para os sistemas de información xeográfica, as ferramentas de xeración de informes e para o software de asistencia técnica de tecnoloxías da información. «Mercar software americano será principalmente soportado pola industria de software americano», a provincia cita un informe do 2004 por SEO Investigación Económica, un instituto de investigación económica holandés.

Tamén segundo o plano, o feito de empregar software de código aberto significará gastar menos diñeiro en licenzas e así incrementar o soporte para os provedores de servizos de tecnoloxías da información locais. A provincia xulga que isto estimulará as industrias innovadoras rexionais.

O plano de migración precisa que os representantes provinciais o aproben en setembro mais o goberno provincial, porén, non agarda obxeccións.

Fonte: IDABC

Recentemente saiu a versión 0.7 de OpenArena, licenciado baixo GPL e multiplataforma (GNU/Linux, Mac OSX, Windows), o cal pretende recrear a experiencia de xogo do Quake 3 orixinal pero substituíndo as súas imaxes e sons por contido libre e de calidade.

Houbo que esperar 8 meses dende a anterior versión, e en todo este tempo realizouse un gran traballo creando contido para o xogo. A proba diso é que agora o xogo ocupa 250 MB, cando a anterior versión ocupaba uns 80 Mb.

Nesta última versión inclúense as seguintes novidades:

* 10 novos modelos de personaxes.
* 26 novos mapas e modificación dalgúns dos anteriores.
* Novo efecto de Bloom.
* Nova voz para a “voz en off”.
* Máis elementos gore.
* Conversión dos mapas dm1 ao dm7 de Quake.
* Agora utilízase a revisión 1107 de ioquake3.
* Novos gráficos no menú.
* Incluíronse entre outras cousas novas texturas e sons.

Pódese descargar tanto o binario como o código fonte (250 MB) desde ModDB.

Fonte: Linuxjuegos.com

Rede de dinamizaciónA ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra (ADR), en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade de Información, organiza un curso de Base de Datos sobre Software Libre dirixido a profesionais do sector agrario e membros de comunidades de montes.

O curso que comeza o xoves día 12, impartirase no Pazo de Cultura de Pontevedra, nun seminario (seminario 7) acondicionado con quince computadores. O horario será de 18:00 a 21:00 horas e, en total, serán 40 horas repartidas en 13 sesións. Agárdase que os asistentes alcancen o obxectivo principal: adquirir coñecementos na creación e xestión de base de datos.

 

Os asistentes foron seleccionados a partir dun traballo previo sobre as empresa do sector agrario na comarca que incluía a realización de enquisas a empresarios e traballadores que demandaron este tipo de formación. Tamén os membros de comunidades de montes da ADR, especialmente das súas directivas, manifestaron o seu interese en tomar parte nesta actividade formativa que vai dirixido á modernización da xestión das súas entidades.

Tamén en colaboración coa Organización de Autónomos estase a traballar en organizar un curso de programas de xestión de contabilidade e facturación como unha iniciativa máis para mellorar a competitividade dos empresarios da comarca a través do emprego das novas tecnoloxías.

Máis eventos na axenda de Mancomun.org.

O Tux Typing é un xogo para ensinar aos nenos o uso do teclado. Entre as súas principais características atópanse diferentes modos de xogo e varios niveis de dificultade. Tux Typing foi traducido pola coordinadora do departamento de e-learning do Centro de Supercomputación de Galicia, María José Rodríguez Malmierca. Podes atopalo no Wiki de mancomun.org así como moitas outras aplicacións libres en galego. Este wiki está aberto á túa colaboración e por tanto podes amplialo incluíndo novos programas en galego e documentación ou ampliando o existente. 
 

Ademais de programas tamén encontraras no Wiki ferramentas de axuda a tradutores como a Guía de estilo para as traducións de Mancomun.org, o Glosario de termos tecnolóxicos inglés-galego ou unha recompliación de ferramentas lingüísticas . Ademais podes consultar tamén o Corpus lingüístico dos diferentes proxectos de tradución coordinados por Mancomun.org.
Asturias acolleu o pasado 2 e 3 de xullo a II Asamblea Xeral da plataforma INES. Esta plataforma conta cun grupo de traballo específico de Software Libre que durante eses días traballou sobre a axenda estratéxica para os próximos meses. Os obxectivos que propón o grupo son:
  1. Comprender e predicir a evolución do Software Libre
  2. Mellorar a colaboración entre os distintos axentes integrantes da comunidade de Software Libre
  3. Desenvolver escenarios e servizos
  4. Realimentar as partes activas da comunidade

INES é a Plataforma Tecnolóxica Española na área dos Sistemas e Servizos Software e constitúe unha rede de cooperación científico-tecnolóxica integrada polos axentes  relevantes da área (empresas, universidades, centros tecnolóxicos, etc.). Existe unha plataforma similar a nivel europeo chamada NESSI e outra  de ámbito autonómico chamada Vindeira.

INES nace co fin último de incrementar a competitividade da industria situándoa entre os líderes europeos no campo dos sistemas e servizos software de aí aimportancia dun grupo de traballo sobre Software Libre.

O goberno de Andalucía, foi galardoado co premio ‘Libre.org’ a semana pasada, en que tamén tiveron o seu premio outras tres organizacións, nomeadamente a Generalitat Valenciana, o Concello de Zaragoza e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

Andalucía recibiu o premio polo desenvolvemento de Guadalinex así como polo seu emprego cotián de software aberto e a súas recomendacións de software libre nas súas campañas para construír unha industria local en novas tecnoloxías.

A cerimonia do premio foi parte da «LibreMeeting 2007» que tivo lugar na residencia universitaria “La Cristalera”, na cidade de Miraflores de la Sierra, a uns 50 quilómetros de Madrid.

O premio foi entregado por Richard Stallman, fundador da Free Software Foundation e autor principal da GNU General Public Licence, e Pablo Machón, presidente da Free Knowledge Foundation española.

Stallman e Machón tamén entregaron o premio de Free.org a Valencia, polo desenvolvemento de Lliurex GNU/Linux. O terceiro premio foi para o Concello de Zaragoza, unha cidade que está a incrementar o uso de software libre nas súas aplicacións municipais e está a promover este tipo de software.

O cuarto premio de Libre.org foi entregado ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio polo soporte aos desenvolvedores españois de Open Software.

Ligazón á noticia orixinal: http://ec.europa.eu/idabc/en/document/7143/469

A ministra norueguesa de Ciencia e Tecnoloxía presentou unha recomendación ao goberno para usar o formato ODF aprobado como norma ISO e o formato aberto PDF. Caso de se aceptar a recomendación, ODF e PDF serán os formatos que se empregarán, de xeito oficial, en xaneiro de 2009.

A ministra Heidi Grande Røys presentou, o 11 de maio, as recomendacións dadas polo Norwegian Standards Council. “O consello propón que ODF sexa obrigatorio para todos os documentos oficiais. De todos os xeitos, a información poderá ser publicada tamén noutros formatos como o doc de Microsoft, sempre que estean dispoñibles en ODF ou PDF”. Ademais, están a estudar o novo estándar de Microsoft OOXML que tamén está a ser considerado como ISO. Heidi Grande dixo tamén que lle gustaría que ODF e OOXML se fusionasen nun só estandar para evitar ter dous estándares que básicamente cubren a mesma área.

Tamén se propuxo a codificación UTF-8 (ISO/IEC 10646) como a opción predefinida, pois o software desenvolto para empregar esta codificación permite manexar caracteres en calquera idioma presente ou pasado, incluído caracteres en xaponés e chinés.

Ligazón á nova orixinal: http://ec.europa.eu/idabc/en/document/7141/469

Rede de dinamizaciónA Rede de Dinamización da Sociedade da Información organizou o Concurso Wanted que pretendía que os rapaces se familiarizasen co mundo do Software Libre a través de xogos e actividades lúdicas. Os concursantes tiñan que solucionar unha serie de enigmas, para poder así resolver quen era Tux e o que simbolizaba.

Todos os participantes levaron un agasallo, e o vencedor, a maiores, foille entregado un pen USB.

Esta iniciativa partíu da Aula de informática de Bertamiráns  a través da Rede de Dinamización.

http://www.mancomun.org/images/stories/xestores_persoais.png Mancomun.org vén de publicar un documento cunha recompilación de ferramentas para a xestión financeira persoal acompañado dun CD que contén todo o software e documentación precisos para a súa posta en funcionamento. Este é un primeiro documento dunha serie adicada ás ferramentas de xestión empresarial en Software Libre para uso persoal e/ou para a PEME.

As aplicacións axudarán na contabilidade persoal a un nivel moi básico, inda que algunhas das ferramentas xa seguen principios de contabilidade. Nun primeiro bloque destácanse as ferramentas que contan con máis funcionalidades quedando no apartado “outras ferramentas” software máis específico (deseño e impresión de facturas, xeración de informes,…). Algunhas das aplicacións que se recollen no documento son: GNUCash, GFP, Grisbi, jGnash, …

Está dispoñible a imaxe de CD (ISO – 438Mb) con todos os programas tratados no documento co fin de que a comunidade poida avaliar o software e poida escoller o que mellor se adapte á súa forma de traballo. Recordar que non se tratan ferramentas de contabilidade “completas” senón simples xestores que permiten levar un control dos gastos e ingresos.

Nas seguintes publicacións recollerase información sobre o software para terminais de punto de venda, contabilidade, facturación, ERP, CRM, … e outros temas para o eido da PEME. Mancomun.org está a levar a cabo unha acción para promover o emprego deste tipo de programas libres e en galego achegando a tradución do TPV Tina POS, o ERP libre Openbravo e outras aplicacións de importancia crítica para as empresas. 

Wine-Doors é unha aplicación Linux que fai máis sinxelo descargar, instalar, executar e desinstalar aplicacións Windows que se executan con Wine.

Wine-Doors 0.1 trátase da primeira versión desta aplicación orientada a administración de aplicacións Windows que fai máis cómodo o uso do emulador Wine.

Entre as características de Winde-Doors atópanse, soporte para software como Dreamweaver, DVDDecrypter e Windows Media Player. Ademais tamén soporta xogos como Call of Duty, Half Life 2 y Warcraft 3, entre outros moitos.

Fonte: http://www.vivalinux.com.ar/soft/wine-doors-0.1.html

Segue aberto o prazo para participar no Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre organizado por Igalia e que conta coa colaboración das tres universidades galegas e Mancomun.org.  Igalia realizou unha enquisa entre os inscritos na que a maioría afirmou que a súa fórmula preferida para presentar o seu traballo era facer unha breve exposición oral do seu proxecto.  En total hai sete proxectos polo de agora colgados na Forxa que poderán recibir 1.000 euros de facerse co primeiro premio.

Os participantes presentarán e desenvolverán un PFC que cree un novo proxecto de Software Libre ou ben mellore un existente, utilizando unha implementación libre de calquera linguaxe de programación.

Os concursantes deberán estar matriculados nalgunha das tres universidades galegas e os seus PFC terán que ser defendidos, cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias entre marzo e outubro do ano 2007, sendo este requisito indispensable para poderen participar no concurso.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal