Mancomún
A webEIEL 2.0 é un completo sistema de información xeográfica (XIS) en liña da Deputación da Coruña que permite consultar unha gran variedade de información como a rede viaria e de saneamento, os plans de ordenación xeral municipal, os equipamentos municipais… Está elaborado con tecnoloxías libres e esta versión 2.0 nace dunha migración desde un sistema propietario. Os encargados de levar a cabo o proxecto foron un equipo de investigación da Universidade da Coruña liderado por Nieves Rodríguez Brisaboa.

A páxina recolle todos os datos da Enquisa sobre Infraestrutura e Equipamentos Locais (EIEL), elaborada segundo metodoloxía común polas deputacións provinciais, coa colaboración técnica do Ministerio de Administracións Públicas (MAP). Constitúe o instrumento obxectivo de análise e valoración das necesidades de dotacións locais a efectos da cooperación económica local do Estado.

A súa finalidade é coñecer a situación das infraestruturas e equipamentos de competencia municipal, formando un inventario de ámbito estatal, de carácter censal e con información sistematizada dos concellos con poboación inferior aos 50.000 habitantes.

O xurado que concederá o próximo mércores o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica 2007 comeza mañá as súas deliberacións en Oviedo para analizar as corenta e nove candidaturas que optan ao galardón. Entre as propostas remitidas nesta XXVII edición dos premios figuran as do informático finlandés Linus Torvalds, creador do sistema operativo Linux; o biólogo mexicano Rafael Navarro González, e o Centro de Cirurxía de Mínima Invasión (CCMI), con sede en Cáceres.

Tamén son candidatos o biólogo británico Edward O. Wilson e a oncóloga Maura Rita María Massimino, ademais de James Lovelock, científico británico que lanzou a “teoría Gaia”, que establece que a Terra funciona como un organismo vivo autorregulado. Ademais, optan ao premio, nunha única candidatura, o bioquímico belga Eric de Clercq, e o seu colega checo Antonin Holy polas súas descubertas para facer fronte a enfermidades virais coma a varicela e o herpes…

Máis información en: elpais.com
AmigusAmigus, asociación informática das Pontes de García Rodríguez, presentou no rexistro do concello das Pontes unha reivindación a favor do emprego do Software Libre. Deste xeito Amigus súmase a unha iniciativa proposta por Agnix para promover o Software Libre e os estándares abertos nos 315 concellos de Galicia, deputacións, mancomunidades e outros entes da administración local.
 

As diferentes asociacións que apoian este documento fan un chamamento a todos aqueles que se identifiquen coas demandas do manifesto para que fagan chegar este documentos aos seus respectivos concellos a través do rexistro xeral dando instrucións de como facelo.  

 

Estes grupos consideran de vital importancia a implantación do Software Libre en ámbitos estratéxicos como a comunicación entre a cidadanía e a administración, a implantación das TIC nos concellos, o ensino e a PEME ou a presenza da lingua galega na sociedade da información. 

 

Demándase a comunicación cos cidadáns empregando formatos libres e abertos, usos e desenvolvementos de Software Libre dentro da administración local sobre plataformas abertas, emprego do Software Libre na educación e promoción do uso e desenvolvemento de Software Libre no tecido social e económico.

 

O manifesto inspírase nun documento similar promovido por Softcatalá e toma como referencia diversos puntos do Plan Estratéxico Galego para a Sociedade da Información

A Forxa de mancomun acadou hoxe a cifra dos 100 usuarios rexistrados.

A Forxa tivo dende os seus inicios un crecemento progresivo, non demasiado rápido mais si constante e conta cunha comunidade activa dedicada a proxectos de diferente índole temática.

Ultimamente os proxectos que máis éxito estan a ter, alén do proxecto Traducíndote, son os de xestión de vendas (TPV, xestor de hotel etc).

A Forxa conta tamén con novos proxectos como: SXBD estándar-completo, Xestion documental de centros educativos, loga, reinxeñería de gtranslator etc.

Este éxito é tamén posíbel debido á diversidade de áreas en que a

comunidade está especializada, un feito que fai da Forxa un proxecto moito máis rico e atractivo.

Fonte: Oficina de Software Libre (OSL)

MapGuide é un sistema de publicación de información xeográfica vía web cunha interface de consulta que ten un desenvolvemento importante do lado do cliente. Dito cliente pode estar baseado en [[AJAX]], o que permite amosar información xeográfica sen necesidade de que o usuario teña que descargar e instalar un plug-in, ou pode estar baseado no formato DWF, desenvolvido por Autodesk para a publicación lixeira de información CAD, en cuxo caso o usuario si que ten que instalar un control OCX na súa máquina.

O visualizador MapGuide, foi desenvolvido inicialmente pola división XIS de Autodesk. Coa chegada desta versión mellorada (1.2.0 Release Candidate 2) solvéntanse diversos erros de funcionamento.

Entre as capacidades de MapGuide destaca ademais da visualización a selección de elementos, consulta de atributos, etiquetado simple e diversas operacións de análise espacial sinxelo (selección por polígonos, envolventes ou buffers, etc. Tamén é de relevancia a API para os programadores. O desenvolvemento pode facerse en PHP, ASP.NET ou JSP, o que abre notablemente as posibilidades de integración desta ferramenta. Neste sentido, outra ventaxe importante é que é compatible con Apache podendo instalarse en Windows e Linux.

Entre os estándares OGC, cumpre con WMS e WFS.

Toda a información do proxecto está bastante ben documentada e sen dúbida algunha entre os publicadores de información xeográfica vía internet MapGuide convértese nunha referencia obrigada agora que é un produto gratuíto e unha das aplicacións nese tipo de mercado máis destacable.

A aplicación ten licenza LGPL

IBM publicou recentemente o último artigo dunha serie de 3 sobre optimización de sistemas [[LAMP]] (Linux+Apache+Mysql+PHP). Este último artigo trata sobre como optimizar o noso servidor de bases de datos [[MySQL]].

Os títulos dos artigos son os seguintes:

  1. Optimizando sistemas LAMP, Parte 1ª: Entendendo a arquitectura LAMP .
  2. Optimizando sistemas LAMP, Parte 2ª: Optimizando Apache e PHP.
  3. Optimizando sistemas LAMP, Parte 3ª: Optimizando o servidor MySQL.

Todos estes artigos están dispoñibles na biblioteca técnica de Linux de IBM, ademais doutros moitos artigos:
http://www.ibm.com/developerworks/views/linux/library.jsp

http://www.mancomun.org/images/stories/openxpertya.pngO Centro de Formación de openXpertya en Asturias – España convoca aos interesados ás Xornadas de Consultoría Funcional de openXpertya que terán lugar en Gijón os días 16, 17 e 18 de Xullo do 2.007. Os asistentes poden prolongar a súa formación coas Xornadas Técnicas de Parametrización que comezan o día 19 e finalizan o venres 20 de Xullo.

Os interesados poden reservar praza ou solicitar máis información no enderezo electrónico jornadas@openxpertya.com.

Nas xornadas explicaranse a maioría das funcionalidades do ERP openXpertya aplicadas aos distintos modelos de negocio nos que se vai implantar. Outros temas a tratar serán: procesos de instalación, necesidades de hardware, casos reais, novidades e funcionalidades da versión 2.0, posibilidade de utilizar distintos servidores de aplicacións ou distintas bases de datos, …

Está dispoñible na web de openXpertya o temario/programa das xornadas (para descargar o temario é preciso estar rexistrado).

A “Lei para o Acceso Electrónico da Cidadanía aos Servizos Públicos ” (LAECSP) foi aprobada o pasado 14 de xuño no Congreso dos Deputados. O texto, anteriormente coñecido como “Lei para o Acceso Electrónico dos Cidadáns ás Administracións Públicas”, establece o dereito a realizar todo tipo de trámite administrativo de forma electrónica e garante que para iso sempre se poidan usar estándares abertos.

A lei inclúe prazos para a execución da lei, en concreto seis meses para a elaboración dun Plan de Implantación que se elevará ao Consello de Ministros). A LAECSP Introduce unha definición de estándar aberto próxima ao espírito do Marco Europeo de Interoperabilidade da IDABC no texto lexislativo, como xa fixeron Francia, Dinamarca, Holanda e Bélxica entre outros.
 
Cómpre salientar que o modelo do Software Libre influíu na lei ao establecer a posibilidade de auditorías sobre o código fonte das aplicacións públicas.

Vemos en GLUG que o usuario mmeixide traduciu a páxina de DeLi Linux ao galego , estando así nun total de cinco linguas dispoñibles.

Pódese acceder á páxina de DeLi Linux en galego, ou ao wiki (en “obras”) e ao foro de axuda (o foro retirarase se non se usa).

DeLi Linux é un GNU/Linux “de escritorio lixeiro” . É unha distribución de GNU/Linux para vellas computadoras, a partir do 486 ao Pentium II ou III. Inclúe clientes de correo-e, navegador gráfico, programas de oficina con procesador de textos e folla de cálculo, etc. Unha instalación completa, incluíndo XOrg e ferramentas de desenvolvemento, non necesita máis de 350 MB de espazo no disco duro.

 

Podes ler a nova completa con máis información na súa fonte orixinal:
http://www.glug.es/node/2331  

Terra Soft Solutions anunciou a dispoñibilidade dunha versión actualizada de Yellow Dog Linux, versión 5.0.2. Esta nova versión conta cun DVD de instalación con soporte para Apple G4 e G5, a consola de Sony PS3 e para os servidores de IBM “System p”, ademais dos JS20/21, OpenPower, e os actuais sistemas POWER5.

Entre as novas características de Yellow Dog Linux 5.0.2 destacan:

  • Kernel 2.6.22-rc4.
  • SDK v2.0 para Cell BE.
  • Resolvéronse máis de 70 bugs e actualizacións.
  • Soporte para sistemas de 32bits e 64 bits.
  • Soporte beta para IBM ‘System p’.

Máis detalles desta nova versión no anuncio da liberación. Yellow Dog Linux 5.0.2 está dispoñible mediante descarga dende YDL.net por (US$69.95) ou na tenda online da compañía por (US$49.95).

 

Fonte: http://distrowatch.com/?newsid=04292

Xa está liberada a versión estable de Yoper GNU/Linux 3.0. cuxo nome en clave é ‘Titanium’. Yoper é unha distribución para procesadores i686 e compatibles onde cada paquete foi optimizado coidadosamente.

Está nova versión conta co Kernel 2.6.21.1 co ck-patchset que inclúe o planificador de procesos SD. Ademais tamén dispón de:

  • Xorg 7.2, KDE 3.5.7

  • Koffice 1.6.3

  • Firefox 2.0.0.4

  • Así como cun amplo número de paquetes de última xeración. Lista completa de cambios

Esta versión está dispoñible en catro formatos diferentes:

  1. O slim cd de aproximadamente 142 MB feito para aqueles aos que lles gusta construír o seu propio sistema.
  2. O single cd de 690 MB é a opción ideal para o usuario intermedio.
  3. O live cd de 705 MB.
  4. O DVD Version de 3.7 GB especialmente adicado a aqueles que non teñen Internet e precisan de tódolos paquetes dispoñibles.

 

Fonte:
http://www.yoper.com/announcements/yoper-3.0/ 
http://diariolinux.com/

http://www.mancomun.org/images/stories/google%20logo.jpgUn grancanario entrou no universo de desenvolvemento de software da empresa propietaria do principal motor de busca de internet: Google.

David J. Horat Flotats, de 24 anos, é alumno no último ano de carreira da Facultade de Informática da Universidade de Las Palmas de Gran Canaria e está realizando o seu proxecto fin de carreira. Precisamente unha parte dese proxecto atraeu o interese da empresa, que pon os medios para que se elabore durante este verán…

Podes ler a nova completa na súa fonte orixinal en
http://www.laprovincia.es
OOoMancomun.org, Iniciativa Galega polo Software Libre, participará na OpenOffice.org Conference que terá lugar en Barcelona do día 19 ao 21 de setembro. Neste gran evento Mancomun.org exporá a súa experiencia coa  coordinación da tradución de OpenOffice.org o día 21. Máis de 25.000 persoas accederon a este conxunto de aplicacións ofimáticas con interface en galego a través dos CD repartidos pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información ou a través das descargas do portal.

OpenOffice.org pola súa versatilidade e adaptabilidade amosouse desde a creación de Mancomun.org como unha excelente iniciativa para promover o Software Libre e achegar o galego aos computadores. Os voluntarios de Mancomun.org puideron colaborar na adaptación ao galego da versión 2.2 a través da ferramenta de tradución colaborativa Entrans. Mancomun.org é cocoordinador oficial da comunidade galega de OpenOffice.org. 

Podedes ver o programa do evento na web do congreso.  

MysqlA tenda en liña, o sistema de manexo de contidos e de administración, agora funcionan con este xestor de código aberto de base de datos.

MySQL AB anunciou o 17 de xuño de 2007 que The Phone House Telecom, un provedor alemán de comunicación e servizos, realizou unha consolidación da súa infraestrutura de comercio electrónico, substituíndo os sistemas Oracle e Informix por MySQL.

Thomas Hutters, director do Centro de Proceso de Datos de The Phone House, está satisfeito coas novas aplicacións unificadas. Debido á velocidade e posibilidade de escalar MySQL en arquitecturas de baixo coste, MySQL axudará a The Phone House a ser máis flexible en futuras ampliacións do sistema en concordancia co número de usuarios da tenda en liña…

“A alta escalabilidade e atractivo ratio de custo de MySQL foron decisivos para asegurar que as nosas aplicacións poden aguantar o ritmo do crecente volume de datos” declarou Hutters.

Antes da consolidación, para a compañía era difícil manter os seus sistemas heteroxéneos. A tenda The Phone House, o xestor de contidos e o sistema de pagos en liña estaban distribuídos en diferentes sistemas executando os SXBD Informix e Oracle. A compañía decidiu construír un novo e completo sistema homoxéneo.

A decisión de empregar MySQL Enterprise foi sinxela para o departamento e persoal técnico porque xa estiveran a empregar MySQL nos últimos sete anos para unha serie de aplicacións personalizables que nunca fallaran.

Por motivos de seguridade e distribución de carga, The Phone House emprega un sistema replicado cunha Base de Datos mestra e dous servidores replicados. A distribución de peticións conséguese a través de autorregulación no software. Existen 547 táboas na base de datos cun volume de 65 gigabytes. De media, cada servidor manexa 1000 consultas por segundo.

Ligazón á nota de prensa:
http://www.mysql.com/news-and-events/press-release/release_2007_16.html

Acaba de saír a versión 0.4.4 de Gobby, un editor de  texto colaborativo que permite a edición de múltiples ficheiros a múltiples usuarios nunha mesma sesión e cunha conversa (chat) multiusuario. Gobby é multiplataforma e usa GTK+ 2.6 polo que se integra perfectamente no contorno Gnome.
Hai paquetes de instalación de Gobby dispoñibles para case todas os sistemas, incluíndo Windows, Mac OS, Debian, Ubuntu, Gentoo ou Fedora… 

Podes consultar máis información deste software na súa páxina oficial:
http://gobby.0x539.de/trac/wiki

Capturas de pantalla de Gobby:
http://gobby.0x539.de/trac/wiki/Screenshots

GnomeA empresa coruñesa Igalia acaba de incorporarse ao consello asesor da Fundación Gnome.  Este organismo é o medio polo cal as empresas de Software Libre manteñen comunicación coa fundación que se encarga de orientar o desenvolvemento de Gnome e intégrano empresas coma Intel, HP, Novell, Red Hat ou IBM. Recoñécese así o labor dentro da comunidade de Igalia especialmente na automatización da xeración de paquetes e no proceso de probas do software.

Igalia vén realizando dende hai anos contribucións á comunidade en forma de código, documentación e eventos de promoción e empregou Gnome para crear o seu contorno de desenvolvemento Fisterra entre outros proxectos. Juan José Sánchez Penas e Alejandro García, ambos cofundadores da empresa, serán os seus representantes.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal