Autor: Alberto
Glom é un software de deseño e creación de bases de datos, incluíndo a propia base de datos así coma a interface de usuario.
Con Glom podes definir as táboas, as relacións entre as mesmas, ten unha interface moi parecida ao software FileMaker, pero coa diferencia de que o servidor de base de datos non vai incluído co software. Relativo ao servidor, dicir que traballa con servidores PostgreSQL, coa limitación de non poder modificar as bases de datos que se crearon con Glom…
Características de Glom:
- Glom ten características de alto nivel como relacións, consultas, campos relacionados, rexistros relacionados, campos propios, buscas, informes, usuarios e grupos.
- Permite campos numéricos, de texto, data, booleano e campos de imaxe.
- Non require de case ningún programa, pero podes usar Python para campos persoais ou botóns.
- Glom pode ser traducido a múltiples linguas e países.
Máis información na páxina oficial do proxecto:
http://www.glom.org/
A Universidade da Coruña instalará OpenOffice.org nos computadores do seu personal de administración e servizos (PAS). Para unha mellor adaptación a esta aplicación a universidade ofrece un curso sobre este conxunto de aplicacións ofimáticas a todos os seus PAS que terá lugar do día 18 ao 29 deste mes. A UDC na súa anterior convocatoria de emprego público esixía coñecementos de OpenOffice.org polo que Mancomun.org proporcionoulle máis de 500 CD á UDC para que os repartise entre os opositores.
Felipe Gil, coordinador oficial da tradución de Ubuntu ao galego, comenta na lista de “Ferramentas e estratexias de tradución ao galego” en mancomun, que xa se pode comezar a tradución da próxima versión de Ubuntu, que se chamará “Ubuntu 7.10 (Gutsy Gibbon).”https://translations.launchpad.net/ubuntu/gutsy/+lang/gl
O equipo de desenvolvemento GnuCash anunciou fai uns días unha nova versión que vén coa novidade de ter portado por completo o software para a plataforma MS Windows. GnuCash xa estaba dispoñible para GNU/Linux, *BSD, Solaris e Mac OSX. Esta versión está destinada a desenvolvedores e beta-testers que queiran axudar na corrección de erros.
Nesta versión redeseñouse o planificador de transaccións, mellorouse a impresión para os novos formatos e outras características.
GnuCash 2.1.x pódese descargar dende gnucash.org, tamén en sourceforge, xunto co código fonte. Para o sistema operativo MS Windows conta cun programa instalador (self-installing) que inclúe todas as bibliotecas necesarias.
Descargar GnuCash dende:
http://www.gnucash.org/pub/gnucash/sources/unstable/2.1.x/
Innotek GmbH anunciou a versión 1.4.0 do software de virtualización que liberou o pasado mes de xaneiro. Esta nova versión agrega soporte para Red Hat Enterprise Linux 5 (RHEL5) e Xandros Desktop 4.1.
Outras características desta nova versión son:
-
Sincronización do portapapeis.
-
Un novo contorno gráfico.
-
Soporte para 12 idiomas.
-
Soporte nativo de imaxes de VMWare (VMDK)
…
- Mellora o desempeño de instancias de FreeBSD e OpenBSD virtualizadas.
-
Soporte para a arquitectura de 64 bits no anfitrión.
VirtualBox está dispoñible para a súa execución en sistemas Windows e Linux de 32-bits (aínda que tamén hai unha versión beta para MacOS X) e é capaz de virtualizar Windows, Linux (versión do núcleo 2.x), OS/2 Warp, OpenBSD e FreeBSD.
VirtualBox soporta virtualización VT-x para o hardware de Intel, e, de xeito experimental, virtualización AMD-V para o hardware de AMD.
Podes descargar VirtualBox para as distintas distribucións de GNU/Linux dende as ligazóns:
-
VirtualBox 1.4.0 (Debian 4.0).
-
VirtualBox 1.4.0 (Ubuntu 6.06).
-
VirtualBox 1.4.0 (Ubuntu 6.10).
-
VirtualBox 1.4.0 (Ubuntu 7.04).
-
VirtualBox 1.4.0 (Fedora 7).
-
VirtualBox 1.4.0 (OpenSuSE 10.2).
-
VirtualBox 1.4.0 (Windows).
{mosimage}
A ANCED (Asociación Nacional de Centros de Ensino a Distancia) implantou o Moodle, unha plataforma de teleformación moi famosa, para prestar os servizos aos seus 320 asociados e os máis de 10 000 alumnos.
Esta plataforma ofrece a posibilidade de deseñar cursos dun modo sinxelo ao permitir a incorporación de recursos adicionais a medida que os seus centros os necesitaren.
Alén diso, incorporaron un sistema de matriculación en liña, onde a ANCED valida as preinscricións a través doutra aplicación web interna feita, especificamente, para o caso. Os usuarios da ANCED dispoñen dunha ferramenta que permite asignar diferentes roles e perfís, ao poder asignarlles permisos diferentes ao alumnado, aos titores, aos deseñadores de cursos ou á administración da plataforma. A implementación para a ANCED está a cargo de Generazión (primeiro socio oficial de Moodle en España).
Segundo as declaracións de Jorge Azcárate (presidente da ANCED) «Estamos moi contentos coa implementación desta nova plataforma e moi seguros de que tanto os nosos asociados como os alumnos que nos confían a súa formación, poderán beneficiarse de todos os recursos que o Moodle ofrece. Xestionarmos dun xeito máis eficaz o tempo e a comunicación e mais a interacción entre o profesorado e o seu alumnado son só algúns deles”.
En España hai xa moitas organizacións (tanto nas empresas privadas como no sector educativo, nomeadamente nas universidades) que están a empregar o Moodle, ao lles permitir unha xestión do ensino tanto presencial, semi-presencial como non presencial.
O Moodle está presente en máis de 146 países e traduciuse a 75 idiomas (incluíndo o galego). O seu crecemento débese ás vantaxes que ofrece o Software Libre, á súa accesibilidade (calquera usuario pode acceder a través da rede cun navegador), á súa flexibilidade e á súa seguranza, unhas vantaxes que están recoñecidas a nivel internacional.
O Ministerio de Administracións Públicas e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio investirán seis millóns de euros para modernizar os servizos públicos da Administración. Para isto, Joan Clos e Jordi Sevilla (os respectivos ministros) asinaron un convenio.
Co citado investimento preténdese pór en marcha a Lei para o acceso electrónico da cidadanía aos servizos públicos, que está na fase final do seu polémico trámite parlamentario.
Este acordo recolle a creación dun novo catálogo de servizos
electrónicos e de vías de cooperación entre todas as administracións públicas para impulsar os cambios que lle faciliten os trámites electrónicos á cidadanía.
Con este investimento preténdese potenciar o acceso electrónico ás
administracións públicas.
Ligazón á nova orixinal:
http://www.laflecha.net/canales/e-administracion/noticias/seis-millones-para-poner-en-marcha-la-ley-de-acceso-electronico-a-la-administracion
Nas listas de Gnash vén de anunciarse a nova versión do reprodutor GNU/GPL de películas flash. Gnash tamén está dispoñible como complemento dos navegadores Firefox, Mozilla, Konqueror e Opera. Esta versión soporta todas as características das animacións SWF versión 7 e clases ActionScript2, e parte das novas características da versión 8.5.
Gnash traballa sobre calquera distribución GNU/Linux, xBSD, procesadores non x86 e arquitecturas 64 bits. Estase a traballar en versións para Darwin e Windows.
Melloras dende a versión alfa 0.7.2 son:
- Funcionando os vídeos streaming de YouTube e Lulu.tv
- Nova interface FLTK2
- Melloras na máquina virtual para renderizar mellor as películas
- Engadido depurador para flash
- … máis detalles
Na web Open Source Flash (osflash) pódese obter máis información de Gnash e outros proxectos sobre tecnoloxía flash en Software Libre.
Safari, o popular navegador de Internet de Apple, do cal se di que é o navegador máis rápido e fácil de usar, está por primeira vez dispoñible para Windows (Vista e XP). Cómpre dicir que é unha versión beta que aínda é moi inestable e contén numerosos erros.
Tamén estes días se presentou unha nova versión do navegador Camino, un navegador baseado en Firefox para Mac OS. O proxecto Camino usa o motor do Firefox (Gecko) para renderizar as páxinas webs ao mesmo tempo que segue mantendo o estilo de aplicación tipo de Mac OS. A última versión é a 1.5 e contén numerosas melloras así como correccións de erros e buratos de seguridade…
Sobre Safari, compre salientar que o navegador está baseado no motor do navegador Konqueror, ao cal Apple lle fixo importantes melloras que despois repercutiron no proxecto orixinal. Tamén dicir que ten un licenciamento dual, xa que ten licenza GPL e algunhas partes teñen licenza BSD.
Páxina dos distintos proxectos:
O software da forxa de mancomun (https://forxa.mancomun.org) foi actualizado á última versión 4.6 que corrixe diversas vulnerabilidades e conta con diversas vantaxes.
Entre estas vantaxes destacan unha mellor integración e tradución ao galego é novas características que achegan máis información aos proxectos. Por exemplo, cóntase agora co novo separador de actividade para saber ás últimas actualizacións do proxecto, saber en todo momento o estado (e como de activo se atopa) e axudar a fomentar un clima de colaboración e de competición entre os proxectos máis activos.
Tamén se incluíu nesta versión un complemento para facer buscas globais entre as diferentes forxas sindicadas, de modo que calquera busca na Forxa, procurará tamén nas asociadas, un feito que permitirá construír unha rede de colaboración entre as diferentes forxas.
Esta nova versión tamén inclúe vantaxes a nivel de administración, como un código máis estruturado, ademais de facilidades que permitirán ter un contorno máis flexíbel, o que repercutirá nas persoas usuarias e lles permitirá aos administradores unha xestión máis eficaz.
Por último, a tradución ao galego trátase dunha versión beta que aínda está pendente dunha última revisión.
Ligazón oficial: https://forxa.mancomun.org
Avidemux é un editor e conversor de vídeo universal, con soporte para unha ampla variedade de [[códec]]s e formatos de audio e vídeo, deseñado para efectuar operacións de conversión como DVD a DivX o DivX a VCD, aínda que as súas posibilidades de multiplexión / demultiplexión de audio e vídeo son moi grandes.
É compatible con formatos de entrada AVI, MPEG1 y MPEG2, NuppelVideo, H263+, MPEG4, MOV, 3GP, OGG, codecs de vídeo DivX, Xvid, VP3, MPEG1 y MPEG2, MJPEG, Huffyuv, WMV2, H263, MSMP4V2, SVQ3, RAW RGB, DV e códecs de audio sen compresión, MP2 y MP3, AC3 y WMA, etc. No referente a súa interface gráfica, integra as ferramentas a través de barras, marcadores, controis e botóns de selección de códecs. Ten unha alternativa a súa interface gráfica a cal nos permite executalo a través da liña de comandos.
http://www.laflecha.net
O Foro para os Estándares Telefónicos de Linux (LiPS Forum) ten previsto lanzar as súas primeiras especificacións co obxectivo de animar á comunidade a desenvolver aplicacións en Linux para teléfonos móbiles. O foro creado no 2005 traballa na estandarización dunha serie de software que faga máis sinxelo a creación deste tipo de aplicacións.
O LiPS Forum usa un marco de traballo (framework) baseado en Gnome GTK toolkit por contar cun maior número de usuarios. As especificacións lanzadas definen aspectos coma o libro de direccións, o habilitador de chamada por voz, o editor de texto e outras aplicacións.
A seguinte quenda de especificacións terá que ver con mensaxería instantánea e a posibilidade de cambiar a interface do teléfono. Está prevista unha terceira quenda relacionada co modo no que as aplicacións empregan diferentes recursos do móbil.
China e Xapón son arestora os maiores usuarios de Linux nos teléfonos móbiles.
Linux-gamers anunciou recentemente a primeira versión, 0.9 Beta, do DVD de xogos baseado na distribución de GNU/Linux ArchLinux, inspirada en Crux e optimizada para i686.
A característica deste LiveDVD é que tódolos xogos se poden executar dende o LiveDVD sen necesidade de instalación no disco duro. Ademais contamos coa posibilidade de gardar as configuracións e niveis dos xogos nun dispositivo USB.
Este LiveDVD de 2.4 GB inclúe os drivers necesarios para Linux de Nvidia e ATI, e un menú que nos permite lanzar os xogos directamente.
Entre os xogos cos que podemos contar están:
-
BzFlag
-
Enemy Territory
-
Glest
-
Nexuiz
-
Sauerbraten
-
Torcs
-
Tremulous
-
True Combat : Elite
-
Warsow
-
World of Padman
-
…e moitos máis .
Para máis información visita a páxina web de linux-gamer
Fonte: http://www.vivalinux.com.ar/distros/linux-gamers-livedvd-0.9.html
Qt é a biblioteca multiplataforma de Trolltech e Qtopia é a versión para desenvolvementos embebidos.
Entre as melloras máis destacadas atópanse o soporte para scritps ECMA que substitúe a QSA, soporte para SSL, melloras no motor OpenGL, arquitectura da ventá principal máis flexible, posibilidade de renderizar e xerar SVG e un novo sistema de fontes.
A descarga e o rexistro de cambios están dispoñibles na páxina de descarga.
No tocante á biblioteca de enlace para Java de Qt na súa versión 4.3 chamada Qt Jambi tamén foi anunciada a súa liberación, e conta cunha páxina con exemplos e demostracións das súas posibilidades.
Fonte: kdehispano.org
