Mancomún

Europa está a propor o desenvolvemento da infraestrutura necesaria para impulsar a próxima xeración de tecnoloxías grid. «Os Grid baséanse en conectar varios ordenadores para reunir usuarios de todo o mundo e de distintas empresas nunha única organización «virtual» (…)»

treemOS é un proxecto que a UE está a financiar mediante o seu «Sexto Programa Marco» (6PM). O seu obxectivo é deseñar e promover un sistema operativo de código aberto que sirva de apoio ás ditas organizacións virtuais.

Como sistema operativo podería empregarse para computadores persoais illados e para clústeres de ordenadores, así como tamén para aparellos móbiles; todos eles terían acceso aos recursos do Grid.

A partir de Linux, XtreemOS pretende converterse nun rival ao nivel de Globus (conxunto de ferramentas estadounidenses).

Segundo a coordinadora do proxecto, Sandrine L’Hermitte, «o sistema XtreemOS ofrecerá unha alternativa a Globus, que na actualidade é o sistema de middleware máis estendido para administrar redes informáticas a pesar da súa complexidade».

«Espérase que o proxecto XtreemOS reforce a posición de Europa nos campos de investigación dos sistemas operativos e dos sistemas de Grid. Hoxe en día, aínda que o sistema operativo Linux, o sistema Symbian para teléfonos móbiles e Internet se concibiron en Europa, EEUU está á cabeza en todos eles. Agardamos que o proxecto XtreemOS contribúa a equilibrar o panorama», concluíu.

 

Fonte:
http://www.laflecha.net

DokeosA Rede de Cooperación Local do Concello de Santiago organiza o día 30 de maio ás 7 da tarde na sede da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre un obradoiro práctico da plataforma libre de teleformación Dokeos LMS. A presentación correrá a cargo da empresa galega Contidos Dixitais. O número de prazas é limitado, rógase inscrición indicando os datos persoais vía mail a info@contidosdixitais.com.

Dokeos é unha plataforma de teleformación de código aberto traducida a 34 idiomas e que está sendo empregada por máis de 1000 organizacións en todo o mundo para xestionar as súas accións de formación e colaboración. O obradoiro ten un carácter eminentemente práctico. Traballarase principalmente con tres ferramentas: a utilidade de exercicios, os itinerarios formativos e Oogie (conversor de presentacións de diapositivas).

http://www.mancomun.org/images/stories/ciberirmandade.pngAs CiberIrmandades da Fala teñen dispoñibles nos seus foros as traducións do software FretsOnFire e ackerTodo, ademais doutras traducións.

FretsOnFire é un clon libre dun famoso xogo de consola, o Guitar Hero. O xogo consiste en tocar cancións de guitarra usando o teclado do ordenador. Está programado en Python e é multiplataforma. Para descargar a tradución ao galego hai que visitar os foros das CiberIrmandades. Nos foros indican como poñer o FretsOnFire en galego e tamén que se agarda que a nova versión incorpore xa a tradución.

AckerTodo é un xestor de listas de tarefas (Todo List)…

As instrucións de instalación da tradución para o ackerTodo tamén se atopa nos foros xunto coa propia tradución e podes descargar todo dende a seguinte ligazón: http://www.ciberirmandade.org/foros/viewtopic.php?t=707

Un estudo recente de The Register comparou as 40 últimas vulnerabilidades e parches aparecidas en Windows Server 2003 e en Red Hat Enterprise Linux AS v.3.

Nesta comparativa tivéronse en conta tres aspectos:

  • A importancia destes buratos de seguridade baseándose no risco potencial (cantos danos pode causar), facilidade de levar a cabo o exploit e grado de exposición (nivel de acceso preciso para executar o exploit).

  • Número de vulnerabilidades críticas…

En base a estes aspectos as conclusións foron que case o 40% das vulnerabilidades encontradas en Windows eran críticas mentres que en Linux tan só o 10% chegaban a ese nivel de perigo.

 

Fonte:
http://es.theinquirer.net/
En datas próximas sairá publicada a nova convocatoria conxunta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Innovación e Industria dos PREMIOS A RECURSOS EDUCATIVOS PARA A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN 2007.
 
As Direccións Xerais de Promoción Industrial e da Sociedade da Información e a de Ordenación e Innovación Educativa queren, con estes premios de importante dotación económica e divididos en varias modalidades, promover a creación e divulgación de contidos dixitais de calidade na rede, impulsar o coñecemento do Software Libre por parte da comunidade educativa e recoñecer e valorar o esforzo do profesorado na adopción das tecnoloxías de información e comunicación no seu traballo cotián.

As modalidades nas que se poderá participar son as seguintes:

A- Ferramentas de autor
B- Materiais curriculares web
C- Galerías de imaxes e vídeos didácticos
D- Aplicacións de Software Libre ( usando como plataforma de desenvolvemento A Forxa de Mancomun.org).

Destinaranse 52.000 euros aos premios, cuns primeiros premios de 6000 euros nas modalidades A,B,D e de 3000 euros na modalidade C. Poderá participar, a nivel individual ou en grupo, o profesorado de centros non universitarios sostidos con fondos públicos.

O prazo de participación comenzará o día seguinte á súa publicación no DOGA e rematará o 15 de setembro.

Nginx (engine x) é un servidor HTTP, proxy-reverso e servidor proxy IMAP/POP3. Desenvolvido para un dos portais web máis visitados de Rusia, leva en produción sobre dous anos e medio.

Desenvolvido baixo licenza BSD, aínda está en beta, pero ten boa fama de estabilidade, e un bo conxunto de características, configuración sinxela e pouco consumo de recursos.

Entre as características HTTP temos o manexo de ficheiros estáticos, índices e autoíndices, reverse proxying acelerado sen caché e con balanceo de carga e tolerancia a fallos, FastCGI, arquitectura modular e soporte SSL.

En Apache-ES mediron o rendemento e no caso que se trataba, servizo de imaxes e contido estático, gaña Nginx debido a unhas modificacións que trae de base.

LINA é un proxecto que fai uso dunha máquina virtual para facer que aplicacións Linux funcionen case co 100% de prestacións noutros sistemas operativos como Windows ou MacOSX.

Xa se leva traballando neste proxecto dende fai catro anos. Estes binarios conservan o seu aspecto orixinal, co cal fai que o usuario non teña problemas de adaptación no seu uso en diferentes sistemas.

Os binarios non teñen que recompilarse, e funciona de xeito similar a [[Java]]: unha maquina virtual presente nos distintos sistemas operativos destino é a encargada de interpretar ese executable para que a aplicación funcione sen problemas.

Fonte : http://es.theinquirer.net  

LINA é unha ferramenta que permitirá desenvolver aplicacións para GNU/Linux e ter a posibilidade de empregalas noutras plataformas ( Windows e Mac OS X).

A súa liberación está prevista para o vindeiro mes de Xuño, e farase baixo unha dobre licenza (GNU General Public License Version 2 e a LINA commercial license). Estará dispoñible para varias distribucións, entre elas Ubuntu, Fedora e Open Suse

O acordo que Novell asinou con Microsoft xa foi publicado. Novell, responsábel da distribución SuSE Linux, prometera facelo público e acaba de cumprir a súa promesa, o que permitirá tamén saber se Novell está afectado pola polémica acusación de Microsoft de que GNU/Linux viola un número elevado de patentes. Porén, unha primeira lectura dos documentos revela que Novell non conseguiu os dereitos completos con respecto ás patentes de software de Microsoft; por exemplo OpenOffice e WINE están excluídas do acordo (noméanse especificamente segundo apunta infoworld).

O acordo de patentes entre ambas as compañías semella deixar claro que Novell non acepta ningunha das reivindicacións de patentes por parte de Microsoft xa que a sección 3.4 especifica “Nada neste acordo debe implicar ou constituír unha admisión por algunha das partes de que infrinxe as patentes da outra”.

Novel publicou este venres os tres acordos asinados por Microsoft; baixo os termos destes acordos, Microsoft gastará centos de millóns de dólares en gastos de licenzas, vendas e mercadotecnia, en que se inclúen 240 millóns de dólares en certificados de subscrición a SuSE Linux Enterprise Server. Pola súa parte, Novell aceptou pagarlle a Microsoft unha porcentaxe dos beneficios dos produtos de código aberto que comercializa.

Algúns expertos están a estudar o acordo para procurar posíbeis violacións á nova licenza GPLv3.

Os executivos de Novell rexeitaron ser entrevistados de novo sobre o tema alegando que xa comentaran todo o necesario en novembro.

Fonte:Infoworld.com

A partir da versión 2.3, o OpenOffice incorporará o software de business
intelligence de Pentaho.

O concepto de «business intelligence» refírese ás aplicacións e
tecnoloxías usadas para recoller, ofrecer acceso e analizar datos e
información sobre o funcionamento das empresas.

Sun Microsystems, propietaria de OpenOffice.org, traballou xunto á
compañía desenvolvedora Pentaho na creación do programa. A aplicación
permitiralles aos usuarios crear informes con contidos en OLAP e XML da base
de datos de OpenOffice.org e doutras bases afíns, foren ou non de
código aberto.

Inicialmente, o proxecto coñecíase como «JFreeReport», mais en 2005 o
concepto foi comprado por Pentaho. Desde entón, Pentaho incorporou o
deseño de “arrastrar e soltar", soporte para MDX (linguaxe usada en
diversas bases de datos e outras funcións como ferramentas baseadas en AJAX.

Cada vez máis, o software libre vai medrando canto a funcionalidade
ofrecida para as empresas, coa incorporación de ferramentas de IA a
produtos tan coñecidos como o OpenOffice; á súa vez, as empresas van
coñecendo máis
os produtos libres e a cota de mercado vai, pouco a pouco, medrando.

Ligazóns de interese:
http://www.diarioti.com/gate/n.php?id=13956
http://en.wikipedia.org/wiki/Business_intelligence
http://www.pentaho.com/products/

Nos últimos cinco anos constituíronse case 50 empresas que instalan e desenvolven programas de código aberto para a administración e multinacionais tecnolóxicas. Galicia é a comunidade española con maior proporción de empresas desta área, por riba de autonomía moito máis avanzadas en tecnoloxías como Madrid, Cataluña e o País Vasco (segundo revela o III Libro branco do software libre). As empresas creadas contan cunha media de 10 empregados e na súa maioría están constituídas por enxeñeiros en informática. O pasado xoves, varios representantes das principais firmas galegas decidiron en Santiago iniciar os trámites para constituíren a primeira Asociación Galega de Empresas de Software Libre que verá a luz nos próximos meses. Galiza queda en cuarta posición en número de empresas de software libre (44 a final de ano) superada en número por Madrid (117), Cataluña (115) e Andalucía (67). Porén, o uso do software libre é aínda reducido en toda Galicia. O emprego de software libre dáse sobre todo nas empresas de TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) cun 58% de penetración segundo un estudo publicado por Industria, seguido por un 32% en educación en contrapartida das PEMES que hai un 10% segundo este estudo.

 

Ligazón de interese:
http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2406&pIdSeccion=10&pIdNoticia=108980

Image

Durante a conferencia rexional de ERPs que se está levando a cabo estes días en Buenos Aires, presentouse a publicación oficial da versión 2.0 de openXpertya, incluíndo novas funcionalidades e características avanzadas, nunha versión preparada para contornos de produción.

A versión 2.0 de openXpertya sae publicada baixo Licenza Pública LPO 1.1 permitindo a máxima liberdade sen restrición algunha a calquera tipo de utilización do código por parte do usuario.

Xa están dispoñibles os paquetes dos binarios para GNU/Linux e MS Windows, un paquete dispoñible coas fontes actualizadas desta versión, así como imaxes virtuais preparadas con versións demo para os virtualizadores VMWare e Xen. As imaxes virtuais para demo xa están dispoñibles en sourceforge e na web do proxecto. As fontes están colgadas en SourceForge e nas páxinas web do proxecto para permitir a maior difusión do proxecto e unha maior facilidade nas descargas.

Para aqueles que queiran estudar o código aos repositorios habituais:

  • svn://svn.openxpertya.org/openXpertya_v1
  • svn://svn.openxpertya.org/openXpertya_v2

esta xa dispoñible adicionalmente a posibilidade de visualizar e descargar o código vía web a través das seguintes ligazóns web:

Actualmente xa se está a traballar na seguinte versión que se denominará openXpertya 2.1 e que será publicada xa con data fixa: 2 de Xullo do 2.007

Máis información na web de OpenXpertya

Ultrastar é un programa de Karaoke, clon do xogo SingStar de Sony, programado en Delphi. A semana pasada publicouse a versión 0.1.4 de UltraStar NG, unha adaptación de UltraStar a C++ que funciona sobre plataformas Linux.

O xogo xa está dispoñible para Debian e Ubuntu, e recomendado no Debian Package of the Day.

Unha característica do UltraStar é a capacidade de analizar e puntuar o teu xeito de cantar. Ademais tamén podes facer as túas propias cancións en formato mp3 e con un ficheiro de texto. Polo momento non é posible facelo no UltraStar-ng.

Fonte: http://ocio.barrapunto.com/ocio/07/05/23/1121228.shtml

 

Dell por fin puxo á venda computadores portátiles e de sobremesa a un prezo duns 600 euros que xa se poden comprar con Ubuntu preinstalado.

Os modelos son: Dell Inspirion E1505n, en portátil con procesador Intel Core Duo T2080 a 1,73GHz, pantalla 15,4 polgadas WXGA, 512MB de RAM, 80GB de disco duro, unidade de CD/DVD, WiFi e unha tarxeta gráfica integrada Intel GMA 950. Este computador constará cun Ubuntu preinstalado $599…

Tamén está o Dell Dimension E520n, un equipo de sobremesa ao mesmo prezo que dispón de Procesador Intel Core 2 Duo E4300, pantalla de 17 polgadas, 1GB de memoria RAM, disco duro de 250GB, tarxeta gráfica nVIDIA GeForce 7300 ademais dunha unidade de CD/DVD.

O feito de vender equipos con Ubuntu preinstalado está a ser unha nova forma de fomentar que proliferen máis os fabricantes que desenvolven drivers para linux ou abran as súas especificacións para permitir a construción de drivers libres.

Cada vez máis fabricantes están a dicir que os seus equipos están soportados en Gnu/Linux como sinal de calidade e como medio de mercadotecnia, pois a marca “Linux” cada vez vende máis. Segundo parece, esta iniciativa de Dell non está exenta de polémica, pois esta empresa aplicou unha personalización aos Ubuntus que veñen instalados de fábrica, ao máis puro estilo das personalizacións típicas que veñen cos computadores de marca, facendo que as páxinas descoñecidas resolvan contra o servidor de dell que incorpora un buscador de Google do que obteñen beneficios pola publicidade que, aínda que non é do agrado de todos, sempre é posible desactivalo.

 

Ligazóns con máis información:

http://gizmologia.com
http://www.elpais.com

http://www.ubuntu.com

http://blog.opendns.com

Os ISP (Internet Service Provider), ou “fornecedores de servizos de Internet”, son as empresas adicadas a conectar aos usuarios a Internet, e dar outras prestacións relacionadas coa rede (venda de dominios web, etc.).

ISPConfig é unha aplicación que permite a unha empresa configurar e administrar todos os servizos relacionados con este tipo de empresas. A última versión deste software é a 2.2.13 que foi publicada hai escasamente 4 días (21-05-2007).

Entre estes servizos destacan: Httpd (hosts virtuais, baseados en dominio e IP), [[FTP]], Bind, [[POP3]], [[MySQL]], Webalizer, cotas de disco, cotas de correo electrónico, límites de tráfico, enderezos IP,…

A listaxe completa de todas as características de ISPConfig pode consultarse na seguinte ligazón: Características completas de ISPConfig, así como os requirimentos de sistema e as distribucións soportadas.
 
Nova vista en:
Lista de Software Libre no ensino galego non universitario en listas.mancomun.org
 
O Centro de Iniciativas Profesionales de Vigo organiza un curso gratuíto de migración de software propietario a Software Libre segundo se nos informa na web do Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (GALPON). O curso de 40 horas comezará o 29 de maio e rematará o 29 de xuño celebrándose martes, xoves e venres. Esta acción formativa está dirixida a traballadores en activo. Máis información no teléfono 986 472 211 ou no correo da CIP.

O temario é o seguinte:

  • Problemas derivados do uso de software propietario
  • Beneficios para o Estado co uso de Software Libre
  • Marco legal
  • Aspectos importantes
  • Algúns detalles técnicos da migración
  • Consideracións finais
  • Migración completa de Windows a Linux

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal